3.4242424242424 1 1 1 1 1 Rating 3.42 (33 Votes)

Na casa de pedra todo foi ben e Mari Luz de Perrúa foi unha Presidenta exemplar

Este domingo 9 de marzo celebráronse en Camariñas as eleccións xerais ao Parlamento e ao Senado transcurrindo estas coa máxima normalidade. Se ben foron case idénticos, os resultados finais destas eleccións xerais no noso concello traen unhas conclusións ben marcadas con respecto ás anteriores: o PSOE perde case cen votos, o PP mantén íntegra a súa base de votantes e o BNG sube un puñado de votos. En España nuns comicios marcados pola intromisión dos asesinos, a cousa cambiou ben respecto ás anteriores eleccións e foi o PP o único partido dos principais que subío en votos ainda que o gañador indiscutible foi o PSOE, que a pesares de perder uns cantos votos gañou cinco deputados. Por outra parte resulta notable o descalabro casi unánime dos partidos nacionalistas onde o radical Esquerra Republicana de Catalunya perdeu 350.000 votos, cousa que non sería extraña nun país medianamente civilizado.

{slide= Resultados en Camariñas 2008}
Image
{/slide}
{slide= Resultados en Camariñas 2004}
Image
{/slide}
{slide= Resultados en España 2008}
Image
{/slide}


Engadir un comentario