Ao final parece que o conseguiron: o que non se gañou no terreo de xogo, gañouse nos despachos. Segundo informacións de última hora ás que tivo acceso en exclusiva Camarinas.eu o Alcalde de Camariñas refrendado con tres maiorías absolutas dende 2007, Manuel Valeriano Alonso de León "Pichurri", comunicará aos veciños do noso concello a decisión de dimitir do seu cargo no pleno que se celebrará este venres ás 10:00 da mañán deste histórico 24 de agosto de 2018. Obxecto dunha caza salvaxe por parte dunha xauría política fracasada nas urnas unha e outra vez, tivo que ser o recurso aos xulgados o que conseguira que o Partido Popular de Camariñas conseguise os seus obxectivos. Deste xeito, pouco a pouco, golpe a golpe, pretenden ir facéndose os populares camariñáns con institucións clave do noso concello (primeiro a cofrafía, despois o Club Náutico, agora, esperan que o Concello) nunha estratexia perfectamente diseñada de toma do poder.

Os veciños de Camariñas están convocados este venres ás 10:00 horas da mañá na Praza do Concello para despedir ao seu alcalde

Irase Pichurri como un home invicto, invencible nas urnas, co apoio e cariño dos seus electores, ao que só as malas artes e golpes baixos dunha oposición sedenta de poder tras 40 anos de fracasos, nunca refrendada democráticamente en elección algunha polos nosos veciños, puido agora nun golpe de despacho apartar do seu posto de rexidor camariñán.

Irase Pichurri e deixará un legado difícilmente esquencible: un PXOM aprobado, un Tanatorio Municipal que acabou co exilio daqueles que tiñan que saír ata outros concellos para velar aos seus seres queridos, récords en inversións de obra pública que modernizaron como nunca o noso concello, unha Casa Consistorial aberta dende o primeiro día as preocupacións dos veciños... e cunha morea de proxectos que o seu equipo de goberno, xunto o alcalde, teñen preparado para sacar á luz e dos cales daremos conta aquí en Camarinas.eu

Pero sobre todo irase alguén que sometido a maior cacería política e persoal da historia de Camariñas, nunca perdeu as boas formas, a educación, a compostura e nin por un por momento deixou que esta tensión constante provocada por unha oposición ávida de poder (e de acceso aos orzamentos municipais) afectase ao correcto exercicio do seu cargo.

Irase Pichurri, o Alcalde que gañaba sempre nas urnas e perdeu un día en un despacho.

Comentarios   

Maria jesus
+7 # DespedidaMaria jesus 24/08/2018 08:39
Un dia dixen no facebook que as eleccions gananse nas urnas
E o Concello de Camariñas leva anos decidindo por quen quere ser gobernado
Non.me parece xusto esto que esta pasando
Eu,ainda que fai tempo non son votante do PSOE,
Pareceme vergonzoso que a oposicion,que non e capaz de ganar nas urnas,queira ganar en un juzgado
Solo me queda decir..A ver que fan.os demais si algun dia ganan nas urnas..
Animo Alcalde,4 anos pasan en un.plis..
Responder | Denunciar ante o administrador