4.2352941176471 1 1 1 1 1 Rating 4.24 (85 Votes)

Fraga visita Camariñas e Camelle

Don Manuel nunca poderá olvidar a súa querida Camelle
Don Manuel nunca poderá olvidar a súa querida Camelle

Camariñas comeza este mes de marzo cunha visita do Ex-presidente da Xunta de Galicia Don Manuel Fraga Iribarne. Hoxe sobre as 13:30 chegaba o veterano político nun todoterreno, un Volkswagen Toureg negro, á sede do PP de Camariñas na Avenida da Coruña. De alí marcharon para Camelle onde, no seu querido restaurante "Rotterdam" tivo lugar unha comida homenaxe ao ex-presidente. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver uns videos do acto.

Fraga visita Camariñas e Camelle

A xuventude e a veteranía do PP víronse as caras en Camariñas este sábado
A xuventude e a veteranía do PP víronse as caras en Camariñas este sábado

Si hai uns días era o actual Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño o que visitaba Camariñas para dar un mitin no pavillón municipal, nesta ocasión foi a persoa que dirixío con pulso firme a Xunta de Galicia durante máis de 16 anos o que visitaba o noso concello con motivo dunha charla na sede do PP camariñán e unha comida homenaxe. Esta tivo lugar no restaurante Rotterdam de Camelle, onde un dos máis veteranos políticos europeos adicou unha foto a camarinas.eu que fixo temblar a mesmísima cámara de Diego Alonso cando éste se postrou ante semellante monstruo político.

Dedicada a camarinas.eu
Dedicada a camarinas.eu

Era moi esperada a visita do ex-Presidente a Camariñas e cando chegou sobre as 13:30 horas unhas cincuenta persoas esperábano ás portas do local do PP, alí Don Manuel puido fotografiarse con rapaces e maiores e departir amigablemente cos camariñáns que alí acudiron para rendirlle homenaxe. Xa dentro do local Don Manuel dirixíose aos asistentes cunhas palabras nas que incidío na importancia do Encaixe de Camariñas ("o mellor do mundo") e animou ás xentes do concello a que non abandonen esta tradición secular. Logo, recordando o periodo electoral no que nos atopamos, animou aos presentes a votar a Mariano Rajoy para desta forma ter por primeira vez a un galego na Moncloa ("algo que se vai a notar en Galicia") e lembrou como xa o pai de Mariano Rajoy participara na elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia no 1936. Así mesmo Don Manuel despois dedicou fotos a todo o que llo solicitou.

Unha vez esgotado o acto no local do PP, toda a comitiva desprazouse ata un restaurante fondamente querido e apreciado por Manuel Fraga: O Rotterdam. Todos recordan as asiduas visitas que Don Manuel sempre realizou a Camelle e unha vez alí nunca se esqueceu ao histórico restaurante situado no porto da vila camellana. E é que unha gran amizade une a Don Manuel cos donos do restaurante tal e como poidemos apreciar no día de hoxe. Xa no Rotterdam, Fraga recibíu dous fermosos regalos: Unha vista aérea da vila de Camelle que lle entregaron os donos do local e unha bandexa de encaixe regalo do PP camariñán, ambas elaboradas polo mestre da enmarcación e usuario fiel de camarinas.eu Albito Diéguez Junior, dono xunta a súa muller Magdalena da tenda de artesanía "A Xoiería do Encaixe". Don Manuel quedou encantado cos dous regalos e emocionouse especialmente. Despois de recordar antigas anécdotas das súas visitas a Camelle e Arou tivo lugar a comida-homenaxe nun clima de gran amizade e complicidade entre todos os presentes. Unha vez rematada a comida estaba previsto que o agora senador en Madrid Manuel Fraga Iribarne retornara a súa vivenda de Santiago de Compostela e o resto do PP camariñán regresará a nosa vila a rematar os preparativos do mitin que se celebrará hoxe sábado a partir das 8 da tarde na casa de Pedra.

Comentarios   

Mikel
0 # RE: Camelle, sempre no corazon de Don Manuel FragaMikel 01/03/2008 19:11
E increible a capacidade intelectual de Don Manuel,,,un home cos seus anos e cunha veterania que o fan todo poderoso en Galicia e España no seu momento.Está claro que Manuel Fraga sempre será recordado por ser un simbolo politico a un nivel moi dificil de superar.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.