- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 30 Outubro 2017 30 Outubro 2017
Esta pasada fin de semana celebraron os socialistas de Galicia o seu XIII Congreso, e os socialistas de Camariñas acadaron niveis de presencia e representación na dirección desta formación nunca antes vistos. En toda a historia do PSdeG-PSOE, os socialistas de Camariñas sempre tiveron unha destacada presencia que os levou a acadar niveis de representación moi superiores ao que cabería esperar dun pequeno municipio, pero nesta ocasión superaron tódalas expectativas ao colocar a dúas persoas na máxima dirección do partido a nivel galego.
Unha delas é sobradamente coñecida pola súa traxectoria ao longo de moitos anos. Encarna Liñeiro, secretaria xeral dos socialistas en Camariñas, ocupa dende o pasado domingo unha secretaría executiva na dirección do PSdeG-PSOE. A traxectoria de Liñeiro está marcada por unha traxectoria moi sólida políticamente xa que foi a encargada de dirixir a agrupación socialista de Camariñas dende que Bautista Santos cedeu o liderato municipal a Manuel V. Alonso “Pichurri”. E non solo timoneu esa transición difícil, se non que consolidou os éxitos electorais do PSOE camariñán e acrecentou a influencia na provincia e na dirección galega. Non hai que esquecer que os socialistas de Camariñas lideraron, e aínda lideran por medio de Juan Carlos Canosa, a comarca, e consolidaron posicións de moito peso político na dirección provincial e galega a través de Marisol Soneira.

A outra representante do socialismo camariñán é María José Gerpe a quen Gonzalo Caballero encomendou a importantísima área da política pesqueira do PSdeG. “Sesé” Gerpe leva pouco tempo en política activa, é concelleira dende as pasadas eleccións municipais e responsable de comercio no gobernó municipal, pero seguramente o seu perfil profesional tivo moito que ver na elección. Economista de formación, criada nunha familia mariñeira (o seu pai foi patrón maior da confraría), ten o seu posto de traballo nunha das empresas punteiras do sector conxelafor do polbo.
Este protagonismo dos socialistas de Camariñas é unha proba inequívoca do seu peso político no conxunto do seu partido a tódolos niveis e a proba de que, tamén dende o mais pequeno, pódese influír no mais alto. Independentemente da ideoloxía de cada quen, ter capacidade de influír onde se toman decisións que afectan as nosas vidas, é moi importante. A ver si hai sorte é o resto de formacións políticas de Camariñas seguen o exemplo.
