2.5 1 1 1 1 1 Rating 2.50 (32 Votes)
Segundo puido confirmar camarinas.eu da man de destacados dirixentes autonómicos do PSdeG-PSOE, este xoves 7 de febreiro o Polideportivo municipal de Camariñas acollerá as 20:00 un importante mitin no que participarán entre outros o candidato socialista pola Costa da Morte ao Congreso dos Diputados José Luis Acción Porto, o Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño, ademáis obviamente do Alcalde camariñán Manuel V. Alonso de León "Pichurri". Aínda que nun primer momento estaba prevista a súa asistencia, non estará presente por problemas de axenda o Ministro de Cultura César Antonio Molina. O mitin, que será organizado pola Agrupación Local do PSOE de Camariñas, debemos enmarcalo na precampaña das próximas eleccións xerais do 9 de marzo ás cales determinarán o partido que rexerá os destinos de España durante os vindeiros catro anos. Polo tanto este xoves camarinas.eu cubrirá o encontro do Presidente da Xunta co electorado do Concello de Camariñas e verá si o PSOE é capaz de movilizar a toda a súa masa electoral e logra encher o polideportivo. Sen dúbidas Touriño falará do plan acuícola da Xunta que tan polémico está a resultar. Camarinas.eu, como sempre que unha persoalidade política destacada visita o noso concello, estará alí para contárvolo.

Engadir un comentario