1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un dos soños de Mayte Castro Carril fíxose realidade este mércores 25 de xuño de 2014 ao promoter o cargo como concelleira por Camariñas do grupo municipal socialista en relevo de María del Carmen Linares Chica "A Malagueña de Buría" que, por mor de diversos motivos persoais, tivo que desprazarse con toda a súa familia cara a terras andaluzas. A nosa querida Maytiña pasa a ser, deste xeito, unha das concelleiras (e concelleiros) máis xóvenes que se sentaron nos sofas do salón de plenos do Concello de Camariñas. Persoa querida dentro da Vila das Palillieras, Maytiña, representa coma ninguén o amor polo pobo que a víu nacer e dende hai xa uns anos podemos vela en diferentes actividades sociais como a de levar moito do peso da Comisión de Festas do Carmen de Camariñas 2014.

Por outra banda, no pleno celebrado especialmente para a toma de posesión de Maytiña como concelleira por Camariñas volveron a rondar as amenazas (pantasmas) da denuncia contra o grupo de goberno por parte  do PP e que ahí se quedarán, en pantasmas. Unha estratexia que tantos e tantos resultados lle dou ao seu líder, Daniel Rego e a tropa de tres/catro ultradereitistas que o acompañaron nesa forma de facer política. O líder do PP de Camariñas, que ve como o seu tempo na política (xa totalmente finiquitado por mor dos ridículos resultados electorais das europeas 2014) se apaga convintemente cos soplos axigantados provintes dende as máis altas esferas provinciais do PP.

En fin, dende Camarinas.eu queremos felicitar á nosa querida amiga Mayte Castro Carril pola súa decisión e valentía para afrontar o reto de loitar por Camariñas e os seus veciños dende as mesmas butacas do remozado salón de plenos do Concello de Camariñas.

Engadir un comentario