1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un dos soños de María Teresa Castro Carril, Maytiña, está a piques de cumprirse. Se nada o impide (e nada parece que o vaia impedir) nos vindeiros días convertirase en concelleira por Camariñas polo Partido Socialista. A esta situación chegouse pola renuncia da que fora durante tantos anos responsable da área de asuntos sociais, María del Carmen Linares Chica, máis coñecida como a Malagueña, que por motivos persoais decidía trasladarse end atas recentes ata a súa terra natal. A seguinte na lista que debía substituila, Ángeles Santos Cibrán, asemesmo por cuestións persoais non podía facerse cargo da concellería e pasaba o seu turno ao seguinte na lista, éste resultaba ser unha persoa tristemente falecida, Roberto, e así chegábase ata unha muller que sempre respirou socialista por todos os seus poros: Maytiña. Implicada dende sempre cos destinos do seu pobo e concello, non dubidou en formar parte de diversas comisión de festas do Carme para que Camariñas tivera as mellores festividades da Costa da Morte, e agora da sun salto de calidade e pasa a formar parte por dereito propio do Salón de Plenos municipal. Os seguintes pasos na súa carreira como concelleira serán a posta en coñecemento do Pleno e a remisión da acta á Xunta Electoral Central, a cal remitirá posteriormente a credencial como concelleira da Corporación. A esto seguiralle a declaración de bens e a posterior toma de posesión en pleno a tódolos efectos. Deste xeito outrra redactora en tempos de Camarinas.eu da o salto á política para a mellor defensa do seu pobo e convertirase, posiblemente, na máis fermosa concelleira (e concelleiro) que endexamáis tivo asento no Salón de Plenos municipal. Noraboa e a traballar: ¡¡Camariñas, Todo Por Camariñas!!

Engadir un comentario