1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Finito. A polémica máis absurda e artificial da última década en Camariñas chegaba ao seu inapelable final este mércores 12 de febreiro de 2014 cando a Xunta de Galicia concedía a autorizacion sanitaria para o funcionamento do Tanatorio Municipal de Camariñas. A encargada de rubricar este histórico documento que elimina a derradeira traba burocrática para o normal desenrolo do servizo máis longamente demandado polos veciños de Camariñas era a Xefa Territorial da Consellería de Sanidade na Coruña que "á vista do informe favorable emitido polo persoal técnico do Servizo de Control de Riscos Ambientais e logo de realizar a preceptiva visita de inspección" autorizaba sanitariamente a solicitude presentada polo Concello de Camariñas. Unha solicitude municipal que, como tantas veces se indicou dende o concello, durmío nun caixón da Xunta máis tempo do legalmente establecido e do moralmente aceptable: un retraso inxustificado ao que tan só se podería atopar unha resposta política como causante do mesmo.  Despois da avalancha unánime de sentencias e pronunciamentos xudiciais diversos favorables ao Concello recaídos nestes últimos tempos, era esta autorización administrativa o derradeiro cravo ardendo ao que se agarraban os opositores ao Tanatorio Municipal.

Era este un conglomerado variopinto, unha estrana conxura dos necios, que agrupaba aos cráneos máis exangues de Camariñas, dende políticos ultradereitistas expulsados do Partido Popular ata directivos dunha cooperativa que en 25 anos mostraron a maior incompetencia e parálisis cerebral da historia do asociacionismo mundial. Agora, á vista da resolución recaída, xa non poderán ir atemorizando a veciños con familiares nun estado máis ou menos moribundo con terribles demandas e mortíferas denuncias (en efecto, eliminadas as derradeiras trabas morais, a eso se chegou en Camariñas) no caso de que deran en utilizar o Tanatorio Municipal nin solicitar no Cuartel da Guardia Civil o peche inmediato do Tanatorio ao mesmo tempo que se estaba a velar no mesmo a un anciana de 93 anos. Tamén quedará o caso do célebre e prestixioso hipopótamo que agora dou en aspirar a alcalde do concello que pretendía arruinar. Porque esa demolición tan urxente, tan inapelable, tan imperiosa e tan necesaria insistentemente demandada no seu estercoleiro cibérnético habitual suporía eso, a ruina da Tesorería do Concello polo baixo para unha década (devolución dunha subvención de 300.000 euros, custes de demolición doutros 300.000, etc...) e todo para que finalmente a súa patrocinada demandante se embolsase a fabulosa suma de 1.600 eurazos.

E así rematou tal que soen rematar dende tempos inmemoriais as polémicas políticas en Camariñas: ca victoria dos mesmos de case sempre e ca derrota consecuente dos mesmos tamén de case sempre e cunha noticia de impacto que é dada en exclusiva por Camarinas.eu. o medio de comunicación líder en público e rigor da Costa da Morte. Ca novidade nesta ocasión de que á derrota lle engadiron estos pobres merluzos un desprestixio, unha inmoralidade e unha indecencia que serán lembradas durante o resto das súas vidas.

Comentarios   

romao
+8 # RE: Exclusiva: A Xunta autoriza o Tanatorio Municipalromao 12/02/2014 16:07
noraboa o alcalde si señor ben feito chaval.. a ver con que salen ajora os dous prejeseiros do pueblo dos cachalotes unidos. mimmaaaa mira q son prejeseiros eses dous jaja si traballaaaarade s caaaaansss
Responder | Denunciar ante o administrador
PARDIÑAS
+9 # RE: Exclusiva: A Xunta autoriza o Tanatorio Municipal de CamariñasPARDIÑAS 12/02/2014 17:10
Esta noticia moi ben argumentada ,é para darnos de conta de quen son aqueles buscadores dunha cadeira de brazos,para o cal non están preparados ,si estano para romper con todo canto hai ,pero nunca para o dialogo,leste é un tema con cola ,o da independencia e facer como queiran os militantes dunha posible formación ,nin o mesmo llo cre,o primeiro é entender o distinto de conducir un coche ,levándoo o teu e outra moi distinta é comentar como o leva outro desde un diario apestoso e maloliente,mal comunicador de noticias ,aí queda para sempre os seus comentarios nesa ridiculez de artigos,ojala léache alguén para poder gañar un duro,pois até aí non chega a miña maldade.
Responder | Denunciar ante o administrador
esto se acabou
+10 # RE: Exclusiva: A Xunta autoriza o Tanatorio Municipal de Camariñasesto se acabou 12/02/2014 17:33
esto se acabou ,ojala nunca mais tencamos que volve con esta discuciones,xa ta ,pasade pagina ,e deisar de tocar o carallo,ajora que se presente o choco e que quite catorse consellales
Responder | Denunciar ante o administrador
juaquin
+11 # RE: Exclusiva: A Xunta autoriza o Tanatorio Municipal de Camariñasjuaquin 12/02/2014 18:18
Ahora los cachalotes le pondrán la culpa a la xunta como hizo esa enfermera que le ponía la culpa ala diputacion
Responder | Denunciar ante o administrador
vai calando anda
+10 # RE: Exclusiva: A Xunta autoriza o Tanatorio Municipal de Camariñasvai calando anda 12/02/2014 23:24
Agora pódelle poñer a culpa á xunta ,total o non debe de estar digo eu ,esta circustancia aínda non a temos clara,os do pp non falan para nada deste personaxe historico ,a verdade é que é un personaxe e tambien historico ,pero dos malos
Responder | Denunciar ante o administrador