3.8837209302326 1 1 1 1 1 Rating 3.88 (43 Votes)
Este venres 25 de xaneiro as 20:00 n Casa do Concello tivo lugar un pleno bastante relaxado, o cal viña marcado pola ausencia do Alcalde Pichurri que ata o mércores 30 de Xaneiro non voltará da súa viaxe pola Arxentina xunto a Félix Porto, Alcalde de Muxía. Así, o punto máis interesante dos incluidos na orde do día era a aprobación dos prezos públicos que rexirán na XVIII Mostra do Encaixe que como é habitual se celebrará en Semana Santa no pobo de Camariñas.
Pulsa na foto para ler a noticia completa.

O pleno, que non chegou á unha hora de duración e que foi presidido pola 1ª Teniente de Alcalde Sandra Insua Rial, discorreu de modo tranquilo producíndose só algun rifi-rafe nos rogos e preguntas. Falando do principal punto da orde do día, o dos prezos públicos que rexirán na Mostra do Encaixe, éstos foron aprobados cos sete votos a favor do partido socialista e con cinco abstencións do grupo popular. Así aprobáronse os prezos dos diferentes stands que se ubicarán dentro do recinto, establécese en catro euros a entrada á mostra e por primeira vez os desfiles serán gratuitos. Ao entender da redacción de camarinas.eu a principal novidade ven marcada polo cobro de dous euros por unha viaxe guiada pola costa de Reira no tan maltratado e ninguneado "Chiquitrén". camarinas.eu non tolerará en absoluto ningún insulto nin menosprecio polo noso querido Chiquitrén que tan bos momentos nos fixo pasar. Así, o Chiquitrén xunto a Taller é un dos emblemas do noso pobo, e os redactores comprométense en público e en firme a levar a nosa querida papeleira Taller a un viaxiño no Chiquitrén para que lle dean os airiños de Reira e siga a recuperarse da brutal mutilación que sofreu estas navidades.

Comentarios   

DAPO DICE
0 # ASTA CAMEYE N CHIQUITENDAPO DICE 29/01/2008 15:55
ESTE AÑO VAMS A DISFRUTR MUCHO CON EL CHIQUITREN.. TENÍA QUE IR TAMBIÉN POR EL FARO ASTA CAMELLE... A VER EL MAUSOLEO DEL ALEMAN Q ESTA MU BIEN.
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
+2 # MOI BEN MOI BONITO MONTAXE...hombre lobo 09/02/2008 12:09
ISTE DEVERIA SER A MONTAXE DOS CARTEIS DESTA EDICION DA MOSTRA.ERES UN ARTISTA E.
Responder | Denunciar ante o administrador