5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Poucas veces se verá un texto xudicial máis humillante, demoledor e vergonzoso para unha demandante, o seu avogado e a xauría de ultradereitistas rabiosos que os xaleaban de forma fanática. Todo o alboroto provocado artificialmente por uns poucos a conta do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín chegou ao seu inapelable punto e final cun auto demoledor e contundente. Un ano de radicais exabruptos exaltados arribaba ao seu lamentable término cun texto xudicial que non deixa lugar a dúbidas e arruina algunha que outra reputación profesional e non falamos do maxistrado do peito palomo, porque ese, a verdade xa nunca a tuvo. Descubre da man de Camarinas.eu o auto que xunto ao da Cooperativa Fúnebre, da carpetazo final ao tan cansino asunto do Tanatorio Municipal.

Aquí en Camarinas.eu fixéramos unha recomendación a esta Liga de las Sombras do Tanatorio Municipal: que se aforrasen un novo ridículo e que visen polo menos de conservar a honra, visto que a cuestión non admite xa máis trámites e a normalidade, a legalidade máis exquisita e o mero sentido común aconsellan discurrir pola senda do tanatos camariñán, un servizo que a non moito tardar veremos como algo absolutamente normal e beneficioso, que da saída a unha necesidade ancestral dos nosos veciños  de Camariñas. Non o fixeron e así foron fustigados sin piedade e dun xeito especialmente cruel polo auto xudicial do Xulgado Contencioso/administrativo nº3 da Coruña de data 13 de xaneiro de 2014, perpetrando un ridículo que quedará para os anales das cachalotadas camariñanas. Dentro de dez anos, cando a súa presencia nas nosas vidas (as de aqueles que non se vexan na situación de ter que verse obrigados a utilizar os seus servizos, se entende) sexa algo normal, costará entender que na súa xénesis unha minúscula secta ultrafanatizada vise na oposición intransixente, exaltada e intolerante a súa única razón de vivir, a excusa ca que pretendían construir o seu futuro político. Se Deus quere, e o Tanatorio non dou en acoller os nosos allados osos, aquí estaremos nos para lembrar este disparate demente que vío o seu xusto final nas mediadas datas do primeiro mes do ano entrante do 2014.

Algo por outra parte que non constitúe nada novo. É difícil para aqueles que vivimos en primeira liña de combate todo o longo asunto da okupación ilegal do Club Náutico de Camariñas polo PP local non atopar neste auto (tan claro, tan avasallador, demoledor como un bulldozer de 300 toneladas) unha clara analoxía ca retahila de humillantes sentencias recaídas no esperpento do CNC. Entre outras cousas porque á fronte de ámbolos litixios, finalmente tan catastróficos en canto aos seus resultados para aqueles que os xaleaban, andaba metido o mesmo Comandante Cachalote (no CNC polo menos ata que, xa se sabe o que pasa cas ratas, dou en ser o primeiro en abandoar a nave que empezaba a zozobrar, deixando tirado ao seu antigo capitán naviero). Certamente temos que admitir que aquí en Camarinas.eu xa nos da pereza publicar e comentar uns textos xurídicos tan obvios, tan elementais, tan de mero sentido común e certamente non deixamos de apiadarnos dos pobres memos que son descalabrados cada pouco de xeito tan inmisericorde, dada todo o oceánico esforzo, toda a enaxenación, todo o veneno e malignidade, toda a reiteración cansina que poñen no empeño. Debe terse e conta que mentras vostede ou nos andamos en esto metidos a medio gas, dado que a mente anda en outros menesteres de máis enxundia para os intereses propios, eso que soen dar en chamar traballo, estas peripecias dementes constitúen o único xeito de vivir, todo o escenario vital, destes pobres enaxenados. E aínda así, sendo esto claro e indudable, público e notorio, esta secta ultrafanática de carácter perdedor ata o delirio non deixa de sumar novas víctimas que dan en asociarse sorprendentemente aos seus desvelos traxicómicos, sexan directivas fúnebres inútiles e incapaces, incompetencia en estado puro,  ou avogados cunha reputación profesional agora seriamente posta en entredito.

O do avogado de marras, en especial, non deixa de abraiarnos. ¿Que leva a un profesional do Dereito, este sí cuns estudios rematados e cun certo bagaxe profesional, a asociarse cos membros do extinto Comité Local de sabios expertos do PP camariñán, agora defenestrados polos seus antigos camaradas? ¿Que estrano proceso mental o leva a publicar nun estercoleiro cibernético o texto completo dun recurso, 25 follas de inacabable balbuceo legal, sometendo o que se entende que constituía a súa gran obra xurídica ao escrutinio despiadado e mortífero de todos os que algo de Dereito sí entendemos, xa non só colegas profesionais? ¡Eso no mesmo urinario ultradereitista de internet no que se insultara de xeito soez e vil, golpista e antidemocrático, ao xuiz do propio caso! ¿Acaso pensaba sobre unha hipotética influencia planetaria, muchimillonaria, o diario El País pero multiplicado por 20 millóns de lectores, da citada letrina pseudoxornalística sobre o xuiz do caso? ¿Unha presión insuperable do gran Pullitzer camariñán que levara ao señor xuiz a cagarse polos pantalóns e pedir clemencia ante esta eminencia do xornalismo patrio?

E entón claro, todo aconteceu punto por punto tal que nos indicaran os servizos xurídicos consultados por Camarinas.eu. Que se trataba de un recurso lamentable dende un punto de vista técnico, que estaba a causar hilaridade e chacota entre os profesionais do oficio xurídico, alelados e obnubilados polas andanzas do profesional en cuestión. Que despois de 25 follas de palabrería vana e insustancial non era quen de argumentar e xustificar as súas pretensións de 24.000 euros por danos morais (xa postos: ¿por que non pedir 24 millóns ou incluso 24.000 millóns?). Que seguramente, dado o lamentable e inxustificado do recurso, á demandante lle ían a saír a pagar as costas. Pero aínda así, o resultado superou todas as nosas expectativas. Nun auto de non máis de dúas follas (non lle fixo falta máis ao xuiz, vese que aprobar unha oposición otorga certa formación) foi quen de desbaratar todos os razoamentos xurídicos esgrimidos profusa e inacabablemente polo avogado e poñer seriamente en entredito o seu prestixio profesional. Así, o primeiro sopapo xudicial cae xa na primeira folla cando indica que "y es que para decidir si la sentencia puede ejecutarse o no carecen de relevancia todas las cuestiones jurídicas que alega el letrado de la actora". Despois deste inicio tan pouco prometedor, o resto xa se vía vir, incidindo dolorosamente na incompetencia propia: "es relevante recordar que el letrado de la actora no solicitó en su momento la suspensión del acto administrativo impugnado".

Sen embargo, o máis risible e (humillante) está por chegar. Ao parecerlle pouco os 1.600 euros de valor do terreo e pedir sorpresivamente os 24.000 de danos morais (a pagar polos veciños do concello, co visto bo e alborozo da ultradereita local), o xuiz xa o toma a cachondeo: "si bien es razonable que la utilidad y el valor de la franja supere los 1.633,36 en que se fijó la indemnización, no debe olvidarse que ese fue esa valoración la que le dio el letrado de la actora, de modo que no puede pretender aplicar la técnica del espigueo para recoger lo que en cada caso le favorezca y despreciar lo que no le resulte de interés". Aquí sen dúbidas apréciase a influencia do seu gran amigo o Comandante Cachalote, para o cal o xuiz era un héroe, un moderno Salomón, na primeira instancia do xuizo, alá cando lle era favorable, e un corrupto, un ladrón, un vendido aos billetes cremosos do oligarca muchimillonario Manuel Valeriano Alonso de León, capaces de corromper ao poder xudicial ata as cachas, cando a cousa se revirou. Non queda a gusto aínda o xuiz con toda esta sucesión de sorprendentes sopapos e prosigue co espinoso, e finalmente tan desastroso, asunto dos danos morais (24.000, 24 millóns ou 24.000 millóns de euros dos veciños de Camariñas): "pero es que el letrado de la actora no ha acreditado tal daño, ni su valoración, en el escrito de alegaciones, frente al incidente de inejecución planteado por la adversa, como tampoco lo hace ahora con el rigor debido en su recurso, pues el informe médico que adjunta es sumamente genérico, al describir que la actora, de 83 años de edad, sufre problemas de ansiedad y depresión crónica que se han agravado por un "problema administrativo", sin que lo describa...". E para esto fixeron falta 25 cansinas, reiterativas e inacabables follas: cando un se mete a escribir sexa un artigo en Camarinas.eu ou un texto xurídico o primeiro que se debe ter en conta é aquelo que xa hai centos de anos acreditara o sabio refraneiro español "lo bueno, si breve, dos veces bueno", ir ao grano e non aburrir ao electorado con palabrerías vacuas, e así non deixa de ser normal que un xuiz ande exercendo nos seus autos de mestre de escola que chama a atención a un alumno mal aplicado e lle largue un par de trompadas. E finalmente, tal como se nos prometera, calcáronlle á nosa querida Lupe 150 eurazos de costas por pura pesadez e reiteración, perfectamente evitables. ¿E si se houbera contratado aos servizos xurídicos, visionarios e premonitorios, de Camarinas.eu?

Esta pamema do recurso doulle ao prestixioso e insigne maxistrado do Río Prado para tirar para diante e enganar aos seus lectores (en realidade, tratar de enganar, xa non é o mesmo) durante un mes. Despois xa atoparía outra mandanga para sobrevivir sen traballar, que resultou ser a broma do recurso ao Tribunal Constitucional: este caso chegará tan cerca do TC como o noso sabio maxistrado dun traballo, así que imaxinen. Pero ¡ah como xaleou a ultradereita local o recurso! Parecía a Batalla das Termópilas pero en legal. Un Lepanto xurídico que xa estaba gañado pola mera interposición do recurso e que levaría aos nosos difuntos a ser visitantes eternos de Vimianzo. Sin embargo, outra vez máis, rematou o caso como soen finiquitar todas as peripecias destes intransixentes fanáticos: cunha derrota demoledora pero ademáis cun ridículo lamentable. Cada vez máis cansados de perder o noso valioso tempo con estas cachalotadas aquí seguimos. E seguiremos. A loita contra as forzas do Mal nunca acaba.

Comentarios   

no nos representan
+6 # esos tontosno nos representan 19/01/2014 12:21
cuando aljen se mobe por istintos biscerales e no piensa con cabesa pasa todo esto un mal perodista contando metiras a su letores y le asen caso tres nada mais el una santiajo y otra coruña asin no vamo nijun lado temos que ter sentido e non tolear as cosas a modo si corres caes
Responder | Denunciar ante o administrador
uno de buria
+6 # RE: Texto Completo do Humillante Auto Xudicial do Tanatoriouno de buria 19/01/2014 12:54
Te seria bueno pasar pajina de una vez ,dar a la señora Lupe su justo precio y vivir mirando para delante no haciendo caso a esta jente que nos ronpe la cabeza un dia si y otro tambien
Responder | Denunciar ante o administrador
La voz de Galicia
+8 # de acuerdo conLa voz de Galicia 19/01/2014 13:02
Están en su derecho. Incluso acudir al juzgado, como así han hecho. Ahora bien, la historia vivida en Camariñas con el tanatorio quedará para el recuerdo futuro como un hito, como la obra más demandada, denunciada, querellada y recurrida. Hasta el punto de dividir al pueblo y alimentar la inquina entre un bando y otro. Una vez construido, terminado y puesto en servicio no parece tener mucho objeto persistir con las armas en alto y continuar disparando contra un bien público. El velador ya está más que juzgado y sentenciado. El juez ha dicho que no se tira. Si las instalaciones sirven, y parece que sí, han de ser usadas. Es una infraestructura pública en la que se ha invertido una importante cantidad de dinero pagado por todos. Los que pleitean deberían darse por vencidos y convencerse de que el regidor logró salirse con la suya. Y si algo tiene que pagar, habrá elecciones dentro de poco más de un año y será el momento de cobrárselo. Lo razonable ahora es rentabilizarlo y que los muertos puedan ser velados en paz. Lo demás son ganas de lío.
Responder | Denunciar ante o administrador
Colorin colorado
+7 # RE: Texto Completo do Humillante Auto Xudicial do TanatorioColorin colorado 19/01/2014 16:07
Colorin coloreado este conto acabouse,o do tanatorio non dá mais de si ,agora a ilustre cabeza ten que inventar novas mentiras para darlle de comer á súa porqueria de diario ,é coñecedor de que no pp non vai ver nin a hora e entón llas ingenia para fundar un partido,asi tendra as noticias que o queira darnos e veña compromisos ao poder prometer o que lle da gana e non ter o deber de cumprilos ao non presentarse,his torias de peliculas de terceira categoria,o primeiro compromiso xa é amoral en politica e o o sabe,o nunca sacara a mayoria e para iso non fai falta ler nas estrelas
Responder | Denunciar ante o administrador