- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 28 Decembro 2013 28 Decembro 2013
A bomba política deste xa cáseque fenecido 2013 saltaba esta mesma semana cando Camarinas.eu accedía en exclusiva a unha información subministrada por un ex-alto cargo da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, xefe territorial en Galicia que foi da Falanxe Española nos anos 90. O caso é que éste, militante do PP ata o momento no que foi lamentablemente defenestrado do seu cargo por aquelo dun informe xurídico non demasiado acertado, confirmaba a Camarinas.eu que Falange Española Tradicionalista de las JONS podería volver ao Salón de Plenos no que gobernou de xeito absoluto durante 39 anos (1936-1975) da man dunha candidatura propia no noso Concello para as Municipais de 2015. Unha vez tivemos acceso á lista de nomes que promoveron esta idea non cabía dúbida algunha: finalmente o proxecto político dos Cachalotes atopaba un camiño que daba saída natural as ansias e conductas ultradereitistas dos seus membros.
Os términos do acordo acadado entre o alto mando dos así popularmente coñecidos en Camariñas como Cachalotes Unidos e a Directiva Nacional da Falange Española non deixan lugar a dúbida e ambos saen beneficiados: os falangistas obteñen un reducto dende o que iniciar un agresivo proceso de expansión territorial na Costa da Morte, comarca na que non teñen presencia nos gobernos locais dende a morte do Xeneralísimo e os Cachalotes encauzan electoralmente o seu proxecto de renegados populares e ven solucionados moitos dos problemas loxísticos que impediron o nacemento do tan no seu momento cacareado partido do Unión e Forza no CU. Os términos do acordo contemplan que dada a nula adhesión de apoios nun primeiro momento a esta candidatura conformada por un puñado de dementes de Camariñas ata o punto de que nin siquera foron capaces de xuntar membros para conformar unha lista electoral, ésta finalmente formarase cos 7 ou 8 cachalotes máis exaltados da Vila das Palilleiras e o resto con afamados ultradereitistas nostálxicos do resto de Galicia, encantados ante a idea de brindar o seu nome para o proxecto definitivo que faga rexurdir a España das súas cinzas. Se todo vai ben e estas viejas glorias franquistas aínda siguen vivas alá por maio do 2015, se non ten lugar o tan fatal feito natural, presentaranse a concelleiros por Camariñas.
Por outra banda, outro dos sempiternos problemas do proxecto cachalotil, o económico, tamén sería solventado. Como ben é sabido os ultradereitistas camariñáns nunca foron xentes moi dadas ao traballo (ahí está o público e recoñecido caso do Hipopótamo da Carretera do Faro), así que a carencia dunha solvencia financieira ca que financiar os enormes gastos dunha campaña electoral, dado que en Camariñas ninguén con dous dedos na frente se atrevería a meter nin un par de céntimos en tal proxecto disparatado, tamén foi outro dos hándicaps que impediron o nacemento do Unión e Forza no CU. Deste xeito a Directiva Nacional da Falanxe, composta por reputados empresarios de prostíbulos e lupanares, correrá cos gastos de papelería e cartelería electoral, deixando a cargo do seu comité local camariñán o pago de chiquitos, pinchos e cubatería, asunto éste que pode ser asumido sen maiores problemas por éstes dada a súa práctica, total e absoluta carencia xa non de simpatizantes senón siquera de amigos ou coñecidos. Asemesmo, Falange Española doará aos CUs un emblema do seu partido en cartón pedra (o iugo e as flechas) de dous metros de altura ca que a sección camariñana deberá adornar os escenarios de todos e cada un dos seus multitudinarios mítines de campaña.
Tamén puido confirmar Camarinas.eu que o líder do movemento falanxista camariñán, o Cachalote xurídico do Río do Prado, encargou xa en datas recentes e con vistas ao 2015 un par de camisas azuis, debido á evidente dificultade técnica de confeccionar unha prenda semellante, capaz de contornear o abultado perímetro abdominal, esa masa de graxa oceánica, o peito palomo, que delimita a esbelta figura do Cachalote Supremo. Ésta da indumentaria foi unha das esixencias cas que non transixiron os mandos nacionais de Falange e que aceptou gustoso o Xeneral Cachalote que deste xeito recibe gratis un par de camisas cas que engrosar o seu menguado fondo de armario. Outras esixencias, que xa están abertas a negociación déixanse para un momento posterior, alá cando esta eminencia do Dereito e a Arquitectura se faga co tan apetecible posto de Alcalde e que pasarían pola substitución no despacho da alcaldía da imaxe do Rey por sendas fotos de Franco e José Antonio cas que rodear os anchos hombros do Xefe do Movimiento en Camariñas e inspirar as súas importantes reflexións xurídicas ou a obriga imposta a todos os funcionarios de recibir cada mañán ao futuro mandatario en formación brazo dereito en alto.
Pendientes de arranxar os derradeiros flecos desta interesante entente Falanxe-Cachalotes, deixaba o estercoleiro cibernético de Camariñas para o día de Ano Novo a publicación da exclusiva que constitúe a maior bomba política da década en Camariñas, pero, en esto como en todo, no que xa constitúe un clásico, Camarinas.eu usando os seus contactos privilexiados cos ex altos cargos da Administración Local rouboulle ao Cachalote Supremo a súa propia exclusiva, aquela que procedemos a publicar este sábado 28 de decembro de 2013. É por elo que aquí, xa por si acaso e vendo o que se nos ven enriba, rematamos o presente artigo cun: ¡ARRIBA ESPAÑA!.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.