- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 06 Decembro 2013 06 Decembro 2013
Por segunda vez na mesma semana, o Concello de Camariñas volvío a descalabrar as acometidas furiosas, destrutoras, cas que foi machacado por terra, mar e aire e allanou xa de xeito prácticamente definitivo o camiño para a existencia do Tanatorio Municipal. Tantas palabras, tantas polémicas, tantas noticias enaxenadas, furibundas, babeantes de odio e desesperación, para esto. Tanto para nada. Desta volta, os que vían demolidas as súas pretensións obstruccionistas, saboteadoras dun proxecto refrendado pola cidadanía en elección democrática (Municipais de Maio de 2011) foi a Directiva da Cooperativa Funeraria de Camariñas, que ademáis de perder o caso en apelación sen dereito a recurso, ademáis de correr cos sustanciosos gastos de dirección xurídica en que incurrío deberá facerse cargo das costas dos avogados municipais. Algúns terán que render moi serias contas da súa xestión diante da súa masa social. Esto é o que soe suceder cando as que debían ser asociacións apolíticas se deixan seducir polos cantos de serea de supervivientes políticos que os levan pola man rectos cara un precipicio bastante predecible e a través dunha xestión nefasta causan un grave perxuicio aos intereses que decían desinteresadamente defender. O camiño directo á dimisión sería o máis decente nestes casos.
En impecable sentencia dictada en data de 7 de novembro de 2013, 96º aniversario que foi da revolución de outubro que polo que se ve foi en novembro, a Sección 2ª do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia (TSXG), órgano que culmina a organización xudicial na Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se resolvía o Recurso de Apelación 4322/2013 interposto polo avogado da Deputación Provincial en representación dos intereses xerais representados polo Concello de Camariñas revocaba a sentencia dictada polo ente inferior en data de 04/04/2013 e acababa por DESESTIMAR "el recurso contencioso administrativo interpuesto por Servicios Fúnebres de Camariñas Sociedad Cooperativa Galega contra la desestimación por silencio administrativo del recurso de reposición interpuesto contra la resolución 17-08-2013 de dicho ayuntamiento, por la que no se admitió a trámite la solicitud de inicio de de procedimiento de revisión de oficio". Deste xeito, novamente nun breve texto de non máis de cinco páxinas, o máximo organismo xudicial de Galicia legalizaba de xeito irremisible a doazón ao Concello dos terreos do Muiño do Vento e enterraba para sempre as ansias de intervir na política dos membros da Directiva da Cooperativa Funeraria e un novo ridículo, ese que acaban fatalmente por experimentar todos e cada un dos veciños que nunha mala hora se dexairon embarcar en calqueira dos delirios esquizofrénicos dos membos do Comité Local de Sabios Expertos (en materia xurídica e arquitectónica) do PP de Camariñas, por un tempo xa soterrado Comité Local do Partido dos Cachalotes Unidos, estaba servido.
Os fundamentos xurídicos da cuestión son claros, inapelables e están expostos máis abaixo, no texto completo do novo tormento que asolou por segunda vez na mesma semana as ansias golpistas de La Liga de Las Sombras, aquela que tiña como obxecto fundacional dos seus estatutos destruir Gotham ata os cimientos, desterrala para sempre da superficie do Planeta, así que tampouco imos entrar a expoñer o que é obvio e que non podía deixar de ser como foi, porque para eso nas democracias está lexislado que os órganos superiores poidan entrar a revisar o posible ou hipotético non correcto funcionar dos inferiores e restitúan a legalidade naqueles casos que así o precisen. O que non deixa de non ser tan entendible é como a estas alturas segue a haber tontos útiles que se deixan manipular en Camariñas. Curiosa plaga nacional camariñana esta da que aínda seguemos a ter uns cantos especímenes, non moitos, pero que exista neste momento un só, eso xa constitúe unha muchedumbre. Porque tontos do pueblo, soe habelos en todos os sitios: cada pequena poboación ten ao seu bobiño babeante que cumpre unha vital función social sendo o faimerreír da poboación e que cas súas ocurrencias, tonterías e saídas inesperadas alegra a vida aos demáis. ¡Que sería de Camariñas sen o noso querido estercoleiro cibernético habitual e as peripecias do seu director, o docto e sabio maxistrado xurídico do Río do Prado! ¡Que de nós sen as súas impecables e certeiras, nin un só fallo en toda a súa carreira legal, prediccións xurídicas! Pero o que pasa é que cando alguén, xa avisado de antemán, se deixa liar por un tonto, pois todo leva a concluir que aínda é máis parvo que o tonto primixenio e principal.
Mención aparte en todo este esperpento do Tanatorio merece o noso querido amigo Daniel Rego, xefe aínda do Oposición Municipal e home forte a día de hoxe do PP en Camariñas. Vello sabueso da política, sen dúbida husmeou hai tempo por onde irían os tiros e finalmente non deixou liar demasiado ao grupo municipal por el liderado nunha guerra fanática e exaltada, pelexada dende tribunas extremistas e radicais, mantendo á liña oficial do PP en Camariñas lonxe dos exabruptos desesperados dunha moi minoritaria liña rabiosa dentro do seu partido, aqueles renegados que finalmente na súa impotencia acabaron por traicioar ao PP e tentar fundar un partido propio. A liña seguida por Rego e os concelleiros foi a dunha oposición de baixa tensión, o mínimo imprescindible para contentar a uns pero sabendo no fondo que o do Tanatorio era unha cuestión xa resolta polas Municipais de 2011 e que non deixaba de ser unha brilante xestión administrativa (terreos donados graciosamente e inversión subvencionada ao 75% por unha Deputación en mans do PP) e que viña a resolver unha demanda histórica dentro do Concello de Camariñas. Esta intelixente opción política costoulle a rebelión aberta dos ultradereitistas emboscados dentro da súa formación. Experimentado estratega de mil batallas, non pode deixar de ignorar que unha vez fóra a morralla, sen dúbidas as opcións electorais do seu partido dispararanse expoñencialmente. Nestes os seus últimos días, deixar unha boa herencia pasa a ser unha opción racional (a única realmente) despois de tantos anos de disparate demente.
Polo que respecta a Pichurri, os seus dous grandes proxectos para a 1ª e 2ª lexislaturas logrou sacalos adiante no medio dun clima prácticamente bélico, facendo frente a oposición máis dura que un alcalde tivo que encarar en Camariñas en décadas. Esa será a súa gran herencia: o do triunfo da vontade, a dun home que practicamente en solitario, alleo a un ruido e unha furia inauditas provocadas artificialmente arredor, foi quen de facer realidade aqueles dous grandes proxectos polos que será lembrado: o PXOM e o Tanatorio Municipal.
E así, descalabrados uns e con serios problemas para explicarse ante a súa masa social, polo antedito, por andar facendo con tontos tonterías, dementes e exaltados os de sempre, vendo os touros dende a barreira outros e victoriosos os de case sempre, foi como rematou a enésima guerra política no moi conflictivo Concello de Camariñas. Haberá máis.
Comentarios
Todos necesitamos el ir añadiendo en nuestra vida una experiencia sin la cual no podemos avanzar ,lo que si sabemos es que tu vas perdiendo facultades Olveira y no le llegas a nadie ni a media respuesta ,ya no digo preguntas pues estas perdido total,estas en un caos total yo siendo tu me dedicaba a ser un buen papa y a hacer feliz a tu mujer,felicidae s y enhorabuena por ti futura paternidad,que tu hijo nazca rodeado de todos los bienes espirituales y terrenales ,suerte futura vida,seguro que cuando nazca tu hijo te daras de cuenta del tiempo necesario para educarlo hasta que llegan a ser unos aprendices de hombre
En todas las partes se cuecen habas ,esta es la leche ,tendremos que hacer un partido en Camariñas con mas futuro que el partido do CU
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.