- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 19 Xaneiro 2008 19 Xaneiro 2008
Charla na sede do PP camariñán

Este venres 18 de xaneiro ás 19:00 horas tivo lugar unha charla coloquio na sede do PP camariñán sita na Avenida da Coruña impartida polo líder dos populares de Camariñas Daniel Rego, o ex-alcalde de Carballo Manuel Varela e José Manuel Romay Beccaría ante unhas 50 persoas que non se quixeron perder o encontro e encheron o local do PP. Pulsa na foto para ler a noticia completa.
Charla na sede do PP camariñán

Na citada charla que discorreu de modo moi ameno, destacou a presenza de José Manuel Romay Beccaría, un home en verdade cun currículum impresionante: Vicepresidente do primeiro goberno da Xunta de Galicia, Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Conselleiro de Sanidade nos gobernos de Manuel Fraga, Ministro de Sanidade e Consumo no primeiro goberno de José María Aznar e tamén Presidente do Consello de Estado ata a victoria socialista no ano 2004 e actualmente é o coordinador provincial de campaña do PP para as vindeiras eleccións xerais. Así neste acto, Romay Beccaría, lembrou as numerosas viaxes que facía con Manuel Fraga ata a nosa querida vila de Camelle a donde Don Manuel acudía asiduamente, Tamén felicitou aos populares camariñáns pola sede "tan bonita e arreglada" que atopou e ata dixo que "ten que vir Alberto (por Alberto Nuñez Feijóo) a visitala", finalmente pronosticou unha victoria do PP nas próximas eleccións de marzo, que ao ano seguinte se convertirá noutra victoria do PP nas autonómicas e elo traerá outra victoria de Daniel Rego nas eleccións municipais. Romay Beccaría estivo secundado nas súas intervencións polo gran amigo de camarinas.eu Daniel Rego e o ex-alcalde de Carballo e tamén ex-futbolista, Manuel Varela, que lembrou as ocasións en que visitaba Camariñas con motivo dos seus partidos de fútbol. Actualmente, Manuel Varela é o Coordinador do PP na Costa da Morte. Unha vez rematada a charla os dous conferenciantes marcharon para continuar coa serie de visitas que estaban a realizar polas sedes da comarca.
Comentarios
estadeslle facendo a vida inposible o alcalde pero bos non tendes altima palabra que a temos nos os cidadans de camariñas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.