1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Daniel Rego González, o fin da carreira política do gran líder popular en CamariñasConta o gran dandy da literatura norteamericana Tom Wolfe na súa obra "Ponche de Ácido Lisérgico" que cando Ken Kesey e os seus discípulos Los Alegres Bromistas ("The Merry Pranksters")  se embarcaron a lomos dun autobús escolar de 1939 debidamente acondicionado a percorrer os Estados Unidos nunha viaxe psicodélica, tiñan a bordo unha nevera na que sempre estaba puntualmente preparada unha botella de zume de laranxa. Éste estaba mezclado con diversos ácidos e así as visitas á nevera por parte dos viaxeiros eran constantes para degustar uns cantos grolos do zume máxico. Ao pouco de iniciada a viaxe, á altura de Houston (Texas), unha  xove e fermosa rapaza morena provinte de San Francisco era xa abandoada polos Alegres Bromistas ás portas mesmas dun manicomio cas facultades mentais idas para sempre. Do mesmo xeito, parece que un zume semellante estivera circulando dentro do Partido Popular de Camariñas durante os últimos anos e de man e man entre os seus principais dirixentes traera como consecuencia os maiores escándalos e as decisións máis incomprensibles, odios asiáticos e liortas persoais a puñetazos, suicidios políticos insólitos e declaracións públicas delirantes. Todo elo ata que os dirixentes da Dirección Provincial nunha decisión inaudita polo inesperado, o fulminante e o brutal da mesma baixaron para sempre do autobús popular ao que foi o seu líder en Camariñas durante os derradeiros dez anos. Daniel Rego: Fin da Viaxe.

Continuamos aquí en Camarinas.eu a nosa programación intensiva adicada á destitución de Daniel Rego como asesor provincial, sobre todo agora que outras webs (estercoleiros) que se decían adicados á información política como principal ocupación calan como tumbas ante a maior bomba política da última década en Camariñas. Igual foi algún dereitazo recente que esnaquizou uns miolos que xa en verdade ían bastante mal. Cando na mañán do xa histórico martes 23 de xullo de 2013 moitos camariñáns abriron La Voz de Galicia, El País ou incluso o Boletín Oficial da Provincia, non deron crédito ao que lían os seus ollos: Diego Calvo, a quen todos tiñan por pouco menos que un niñato posto a dedo por algunha das familias populares na presidencia da Deputación Provincial, alguén dunha mediocre formación e nula experiencia xestora, acababa de cargarse nun xesto dunha rapidez e brutalidade inusitada ao que fora o candidato en Camariñas durante tres eleccións consecutivas. Unha decisión adoptada por decreto presidencial de 19/07/2013 dunha profundidade e dimensión impactantes, desas que segundo se len vanse agrandando paulatinamente as súas consecuencias, para acabar concluindo que estábamos ante algo máis que a destitución dun dos seus asesores de confianza, ou o non nomeamento para o tan ansiado posto de deputado provincial. Aquí estábamos ante a morte política definitiva dunha persoa que o foi todo para un sector importante do electorado camariñán durante unha década. Estábamos ante a caída do que para tantos foi un ídolo, un líder, o tótem político ao que agarrarse, a última esperanza blanca da dereita municipal. Foi entón cando decidimos  aquí en Camarinas.eu rubricar unha sinceira e esperemos que xusta nota necrolóxica, posiblemente a única vista a deserción de tantos e tantos, ao candidato político falecido Daniel Rego González.

Moitos foron os golpes, debacles e batacazos sufridos por Daniel ao longo da súa vida. Un sino fatal que parecío perseguilo sempre durante os seus moitos intentos empresariais ou políticos e que tivo como exemplo paradigmático a perda por só 70 votos (bastaba que 36 persoas cambiaran de opinión) das eleccións municipais de 2013. Neste senso sempre foi difícil non concluir que estábamos ante un perdedor nato, alguén influido por unha especie de mal fario, que xa fose de motu propio ou por influencias externas ao final o botaría todo a perder, incluso nas condicións máis favorables, cando existía un bo traballo previo e certa xusticia poética no seu intento. Así, pódense cifrar a existencia de dous danieles no seu devernir exclusivamente político en Camariñas: aquel anterior ao fracaso empresarial de Viproga SA, antes de que a Xunta de Galicia caera nas mans do bipartito, época durante a que posiblemente se cimentou a súa lenda persoal no concello e durante a cal, xa fora de xeito sinceiro xa fora por interés, axudou a tantos e tantos camariñáns nas súas diversas xestións administrativas ante uns organismos oficiais da Xunta de Galicia nos que certamente Daniel tiña un ascendente privilexiado. Foi despois, co afundimento absoluto nun mar de débedas impagadas da que fora a súa empresa, cando se vío ao Daniel máis errático: acorralado, desesperado, empezou unha brutal e implacable campaña de acoso e derribo contra o goberno socialista municipal, que finalmente se rebelou estéril, poñendo todo o seu proxecto nas mans de arribistas sen escrúpulos, supervivientes sin oficio nen beneficio, vagos profesionales que tantos cartos lle sacaron, que fixeron fuxir espantado a gran parte do electorado e incluso lograron que moitos dos seus se apartaran asqueados. En efecto, persoa de trato fácil e certo encanto persoal, ideal nas distancias cortas, a elección das súas amistades sempre foi un dos seus hándicaps, algo que polo demáis o acabaría levando de derrota en derrota ata a presente hecatombe final.

Precisamente neste punto, respecto á influencia nefanda das amistades perigosas é difícil substraerse á comparación co caso do Ken Kesey mencionado no párrafo primeiro. Escritor prometedor, alguén que con só 29 anos rubricara dúas obras da calidade e influencia literaria de "Alguien voló sobre el nido del Cuco" e "A veces un gran impulso" (posteriormente levada ao cine como "Casta Invencible", dirixida e protagonizada por Paul Newman xunto a Henry Fonda e Lee Remick), foi tras coñecer na Universidade de Stanford a Vic Lovell cando comenzou a experimentar con LSD e despois cando cos Alegres Bromistas se embarcou nunha serie de viaxes psicotrópicas e alucinóxenas que finalmente malbarataron o seu talento e botaron a perder unha máis que prometedora carreira literaria. Algo semellante aconteceu cun Daniel que convenientemente rodeado, tal vez puidera haber chegado a cotas máis altas. Agora só pasará a historia como o gran derrotado da política en Camariñas, o perpetuo aspirante, o Raymond Poulidor camariñán: un eterno segundo.

A estos efectos resulta xa irrelevante determinar si a súa expulsión se debe en verdade a unha ocultación ao Presidente da Deputación das súas ansias empresariais ou si polo contrario foi enganado por éste, convidándoo a participar nun concurso no que previamente se poderían haber redactado uns pliegos de contratación al dente e despois, en vista do escándalo público, quen sabe si convenientemente filtrada a noticia, se lle servira en bandexa a súa destitución ("no me queda más remedio", "hay que pensar en el bien del partido", "ya sabes como funciona esto"). Aquí en verdade o relevante era a vontade firme dos xerarcas populares de impedir por todos os medios que Daniel, a quen hai moito consideraban un cadáver político, alguén que coa súa conducta persoal e empresarial dos últimos dous anos certamente quebrantara a imaxe do partido en Camariñas ata niveis insondables, se convertise en deputado provincial e para evitar que esto fose así quen máis puxo da súa parte foi o propio interesado ca súa participación nunha epopeia náutica que quedará para os anales da historia e que polo demáis xa foi ampliamente glosada...

Polo que respecta ás súas declaracións de emprender accións xudiciais contra a Deputación Provincial, con fotos a pe de carretera despois de sesudas e prolíficas reunións xurídicas en Santiago de Compostela, pois deben entenderse como unha broma, outra boutade máis, unha desas declaracións impredecibles e certamente ridículas ás que Daniel nos ten tan acostumados ("Mi hija ya no quiere saber nada de esto", e despois de evacuar o recinto en sesión dominical, o luns tras unha lixeira brisa xudicial favorable, voltar cos pertrechos para dentro). Neste punto, e créanos, aquí en Camarinas.eu de Dereito de réxime local aínda sabemos algo, non ten Daniel a máis mínima oportunidade, igual pretendía que o fixeran asesor indefinido por decreto, ou funcionario de carreira, vaian vostedes a saber. Todo serán fogos de artificio, unha mascarada para o gran público ou para incautos xornalistas ou un farol dirixido aos que foron os seus dirixentes durante tantos anos.

E así é como acaba esta nota necrolóxica adicada ao que foi o gran animador da política municipal durante a derradeira década: impredecible, errático, a veces xenial, outras inconsecuente, moitas descentrado e co punto de equilibrio perdido, desleal e maquiavélico, sempre perigoso, este martes 23 de xullo asistimos á morte política final de quen puido selo todo na política en Camariñas e que nunha ocasión chegou a poñer ao todopoderoso PSOE ao borde do KO. Aquí en Camarinas.eu desexámoslle sinceiramente o mellor para o difícil futuro que lle agarda: a pesar dos fortes desencontros pasados, cando había unha guerra en marcha, nunca deixamos de gardar unha certa simpatía e peculiar admiración por alguen tan inclasificable e especial, distinto, como Daniel. Para os días que están por vir, tan só desexamos que non perpetre novos ridículos (¿partido independente financiado con cartos porteños? ¿outra broma?), que non se humille demasiado, que non desprestixie aínda máis o seu nome ante a historia. E para o PP, que comence unha refundación seria en Camariñas, cunha limpeza profunda e radical, capaz de poñer en marcha un proxecto ilusionante que teña por obxectivo os intereses colectivos e non os persoais e particulares como ata o de agora e que faga despertarse aos socialistas da súa lánguida sesta. Elo deberano decidir os dirixentes provinciais, aqueles que están aos mandos do autobús popular. Neste sentido naquel outro autobús, psicotrópico e delirante de nome Furthur ("Máis Alá", así, con dúas úes) manexado por Ken Kesey polas carreteras americanas dos convulsos 60, éste tiña un lema para centrar aos seus discípulos: "o estás dentro del autobús o estás fuera del autobús". O 23 de xullo de 2013 Daniel Rego foi descabalgado para sempre do autobús popular. Pode decirse que cáseque a patadas.

Comentarios   

Lunallenaa
+5 # Que caigan todosLunallenaa 26/07/2013 14:42
Esperemos que tamen pronto sea a hora do que patronea o ayuntamiento e os seus compinches,que si non son peores millores tampouco,dios facera xusticia cos que comen sin traballar e encima se rien dos camariñans.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.