1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O mesmísimo Diego Calvo tivo que separar a dous púxiles acostumados a sacar os puños á menor ocasión

Sería o encontronazo definitivo e demoledor entre dous célebres persoaxes literarios extraídos do maxín creador de Camarinas.eu: o polémico e malvado asaltador de negocios particulares, os peliños enchoupados máis famosos da Costa da Morte, e a súa antiga man dereita, o tan noxento e repelente hipopótamo obeso da Carretera do Faro. Un combate final que por inevitable (como tantas e tantas veces anticipou esta redacción) non deixou de ser menos sorprendente e que tivo como escenario esperpéntico e indicativo as catacumbas dunha pizzería porteña. Os antigos líderes do Partido Popular, desesperados e finiquitados, acabaron por convertir en costume resolver as súas loitas de poder a puñetazo limpio en liortas de taberna.

En datas recentes, chegados a unha situación extrema de enfrontamentos públicos e notorios entre as distintas faccións en xogo, cun ex secretario á cabeza dunha minúscula secta ultrafanatizada situada á marxe de toda disciplina de partido, e vertindo ameazas e insultos a diario en estercoleiros cibernéticos contra o seu antigo presidente, a man que durante tantos anos lle dou de comer, a Dirección Provincial do PP decide finalmente tomar cartas no asunto e actuar como mediador das partes en conflicto. O que nun tempo se podería haber arranxado cunhas poucas expulsións e uns cantos escarmentos exemplarizantes requería agora complicados engranaxes a tres bandas, que finalmente se revelaron como inútiles e extemporáneos. O lugar da reunión, a planta baixa dunha céntrica pizzería da Ponte do Porto, agora rexentada por unha das máis firmes defensoras da así chamada liña oficial, aquela que defende os métodos e actuacións do presidente local e dos seus cinco concelleiros. Quedaba deste xeito convocado o que sería o combate puxilístico definitivo e final, categoría dos pesos pesados, heavyweight championship (un, polo posto que aínda ocupa no organigrama local, o outro, xa acabado hai tempo para a política e en xeral para todo, polo seu evidente sobrepeso alimenticio), que había de enfrontar a un presidente e a un ex secretario e cuios asaltos irían sendo desgranados a través de suxerentes anuncios a oubido e insulto limpio polas féminas do así autodenominado Comité Local.

Cando nos Estados Unidos Don King decide organizar un combate por todo o alto, un daqueles chamados a paralizar o orbe terráqueo e convocar ante a televisión a millóns de espectadores a altas horas da madrugada, soe elexir o impoñente Caesars Palace de Las Vegas. Aquí somos máis humildes e cando queremos que os principais representantes do PP resolvan as súas diferencias a mamporros eleximos unha sinxela pizzería da Ponte do Porto e listos. Tal vez eso foi o que deberon pensar os altos dirixentes provinciais cando convocaron a tan finalmente violenta reunión: a ver si estes se matan entre sí e, xa se sabe, morto o can (con todo a nosa máis sinceira disculpa para os cánidos pola comparativa) acabouse a rabia. En fin quen sabe, o certo é que baixo a presencia de importantes representantes da Dirección Provincial do partido, as partes en conflicto foron convocadas a unha reunión en datas recentes na planta baixa da citada pizzería porteña. A tensión era evidente e os agravios moitos, despois de cáseque dous anos de fortes enfrontamentos, iniciados a raíz do descalabro popular no proceso de golpe de estado no Club Náutico de Camariñas. Uns desencontros e rivalidades que chegaban ao seu culmen a finais de 2012 cando nunha reunión na sede local, o defenestrado ex secretario popular (alguén contra o que máis de 100 simpatizantes e afiliados da Ponte do Porto dirixían unha carta esixindo o seu cese fulminante) intentaba agredir a tortazo limpio ao concelleiro porteño, sendo separados ambos cando chegaran case as mans.

Precisamente esta violenta persoaxe, prestixioso xurista e afamado arquitecto de Plans Xerais, era o principal motivo da convocatoria da reunión. Os cariacontecidos xerarcas provinciais pronto comprobarían escandalizados ata onde chegaba o odio entre os seus cargos locais: baixo o coro femenino das súas seguidoras do Comité Local, o exaltado ex secretario empeza a vertir graves acusacións e insultos contra o seu presidente, agora devenido en exitoso concesionario de contratos administrativos. Este, seguramante ca promesa do escandaloso e indecente asunto das Torres do Allo e dos Batáns do Mosquetín no bolsillo, síntese forte, comproba que pisa firme e comenza a rebatir á súa antiga man dereita pasando incluso ao ataque cunha sucesión de golpes demoledores. Nun momento dado fará responsable ao seu ex de todas as derrotas electorais e espetará contra a súa cara flácida e deforme un gancho mortal: "por culpa da túa página de internet perdimos as eleccións en Camariñas", algo que por non ser menos certo non deixa de indicar a súa grave responsabilidade por ter ao seu carón ao que os principais responsables populares daquelas épocas lle indicaban como un arribista e un superviviente, dunha incapacidade e incompetencia infinitas, ademáis. Ante esto, presuntamente a resposta do antigo boxeador de rounds puxilísticos na sede local non se faría esperar e, segundo fontes presenciais, bótaselle ao peito ao seu antigo presidente chegando a enzarzarse e ter que ser separados polos militantes presentes. Todo elo baixo a música cadenciosa e melódica do coro femenino do autodenominado Comité Local. As deflagracións estaban desatadas e non había arranxo posible. Ante esto, os representantes da Dirección Provincial, entre eles esa mesmísima nulidade chamada Diego Calvo, deciden poñer fin á reunión e co susto e o medo no corpo, sin dar crédito ao que acaban de contemplar, deciden voltar cara os seus ben remunerados cargos oficiais ben pagados con cartos públicos.

Vistas así as cousas, comprobado o lamentable final que a limitada intelixencia dalgúns decidiron elexir, faise difícil non lembrar o film de Scorsese "Toro Salvaje" (neste caso, máis ben cabestro), a escena daquel acabado Jake La Motta, xa con certos principios de obesidade, sostido a duras penas no ring ás cordas entrelazadas, castigado de xeito inmisericorde por Sugar Ray, perdido o protector bucal, escupindo dentes en todas direccións e salpicando de sangue ás primeiras filas do público. E cando finalizado o combate, co rostro sanguinolento, machacado, unha masa infecta, La Motta corría, desquiciado, ido, tras o seu rival e repetíalle aquelo de "No me has tumbado Sugar Ray, no me has tumbado...". Faise tan difícil recoñecer un fracaso persoal tan estrepitoso... Tras dous combates puxilísticos fracasados, derrotado ampliamente en ambos por claros e demoledores KO's, queda por ver cal será a terceira xeración de trifulcas violentas a puñetazo limpio con que nos deleitará o exaltado ex secretario nos duros días que lle quedan por vivir.

Comentarios   

Vimianzo
+14 # RE: Boxeo Popular na Pizzería PorteñaVimianzo 15/07/2013 19:04
Donde vallaste señorito de coruña que parece un capuito se nos jode el invento, acabancon el partido en toda la costa,va de guapo de listo no es mas que un pobre con un buen sueldo,fue el elegido por el NEGRERO para dar ostias,elque queda zumbado es el,aqui en Vimianzo nos jodio vivos y demostro que no vale para nada.con estos jefes no ganamos ni al parchis,bien por el negrero y por el calvo,dos capuiosen flor
Denunciar ante o administrador
Non vale pra nada
+12 # RE: Boxeo Popular na Pizzería PorteñaNon vale pra nada 17/07/2013 16:49
O señorito de Diego Calvo e mais alguns mais debian deir rascar os pes,por ala por Ribadep ou por a Guardia ,canto mais lonxe canto mellor,a peste lonxe,e a malas persoas mais lonxe,este señorito de mal trapio e cornamenta fina,estalle a foder as gañas o partido en toda zona e un niñato mal criado,asi calquera meu ben comendo a conta de todos,nin siquera paga o que bebe,vaites anda que na costa nonche necesitamos e ti o que queres atopar son xentiña que che diga a si a todo ,a boa porta fostes petar meu rei,
Denunciar ante o administrador
Van de juapos
+12 # RE: Boxeo Popular na Pizzería PorteñaVan de juapos 17/07/2013 19:11
Van de juapos e non nos entenden,son rapaces da capital e o final o mellor can e o palleiro que se adata o terreo a estes ai que darde comer na voca pois non saven comer si non lle dan,por aco non volvas mais mal can,vaite pro lado do Carlos que foi quenche elixio,pra ti nin sardiñas podres,nin ververeches escachados,mal maljacho,non vas a oir na costa que che queira a gente del pueblola xente popular ti tes un enchufe trifasico pero iso pasou a istoria VAITE presi de puta acion,MAL CAN,CAN CATIVO
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+8 # A Zaira alcaldesa de CeeMoncho de Dios 18/07/2013 17:41
La voy a tratar de usted,pues no la quiero tener entre mis amistades ,pobre Fraga si vi3ra con quien esta usted gobernando.Hace dos años en el mes de mayo se celebraron elecciones municipales señora mia y se llego a un acuerdo en el cual usted iba a estar dos años de diputada provincial durante dos años y luego entraba Daniel Rego,por lo que veo usted no tiene palabra ninguna ni siquiera respeta lo que firma ,pobre cualidad la de una persona si no cumple ni con lo que firma ,¿que pretende Usted?¿a quien quieren ustedes engañar?¿tiene usted palabra como para estar militando en nuestro partido?yo creo que no,deje el puesto que ya no esa suyo y no se venda ,tenga un poco de sentido de la propiedad y de sentido COMUN.Esa es la unica salida que le queda ,cumplir con lo que FIRMO,que ya hay que ...tener que pedir que ahora se cumpla lo firmado,es una verguenza
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+10 # RE: Boxeo Popular na Pizzería PorteñaMoncho de Dios 18/07/2013 17:52
Creo en mi fuero interno la tremenda irresponasabili dad de algunos cargos y concejales del PP,es mas antes con darse la mano se llegaba a un acuerdo,pues bien ahora con estos concejales sumisos a los reyes de la boberia no acatan ni lo firmado por ellos mismos,ese es el caso de Zaira Señora del PP en Cee,por lo que veo ,mucha leria de los concejales en los bares ,pero ante quien hay que tenerla ,se les come la lengua el gatito.Defender lo justo,si veis que se puede firmar una nota con unos condicionantes y luego no cumplirlos ya casi es momento de pkantearse si esto debe de seguir asi o dar un salto cualificativo y poner a estas tropas n su lugar.Ser honrados con vuestros amigos de partido ,de lo contrario mañana hacen con vosotros lo que le hacen a vuestro amigo
Denunciar ante o administrador
bOA XENTIÑA
+9 # RE: Boxeo Popular na Pizzería PorteñabOA XENTIÑA 19/07/2013 13:46
Ese home non vale pa nada eu non sei quen o nominou presidente da deputacion ,tivo que ser alguen que non tiña moito conecemento das cousas ,alguen nacido no extranxeiro,poi s nton non se atopa a derradeira razon,seguide que ides de carallo
Denunciar ante o administrador
546456
+8 # ATEASRE546456 19/07/2013 19:12
MEU POVRE JORDO E CALVBO DA CAlle do medio,non te pases ''da raia'' porque eres tan tonto que cando tuvestes que faser un exame de orina estiveches a nuite de antes estudiano;tan tonto que quixestes inventar a ajua desidratada.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.