O máis granado do mundillo político e social douse cita na inauguración de Pesca de Rías

Esta pasada semana tiña lugar en Camariñas un evento desos que permiten coñecer o estado actual da situación política dun lugar nun determinado momento. Tratábase da presentación en sociedade do derradeiro proxecto empresarial de Industrias Cerdeimar, "Pesca de Rías", idea cofinanciada polo Grupo de Acción Costeira 3 e que contou ca presencia da Conselleira de Mar, Rosa Quintana. Foi por elo que puidemos comprobar como o Presidente local do seu partido recuperou presencia na estela olvidadiza do serio quebranto causado á imaxe do PP en Camariñas polas súas andanzas náuticas e afanábase servicial tras a Conselleira, feliz e sonreínte, unha vez ben amarrado o escandaloso e indecente contrato das Torres do Allo e dos Batáns do Mosquetín. Pois xa sabe o Presidente do Club Náutico de onde cobrar o pufo. Algo polo demáis que xa non só sirve para asombrarse de como é posible que un tío cunha sinxela carreira de Dereito, con cero bagaxe profesional á marxe de toda unha vida ligada a cargos públicos gracias a ser fillo do seu pai, chegue con 37 anos á Presidencia dunha Deputación, senón que tamén confirma definitivamente o carácter inútil e prescindible de éstas, cementerio de elefantes cas que os partidos pagan servicios prestados aos seus afiliados e cargos a conta do tan sufrido erario público.

Pero un evento como o descrito tamén servío para comprobar por enésima vez o illamento lamentable e absoluto, o exilio político forzado, de quen fui a súa man dereita durante tantos anos de fracasos electorais perpetuos. Nin como secretario, nin ex-secretario, nin xa como pseudoxornalista delator fomos quen de ver a carón da Conselleira ao noso querido e tan desprestixiado xurisconsulto do Río do Prado. Acreditada a súa inacabable e lastimeira agonía como nulidade política, será interesante ver cales serán os vindeiros pasos deste superviviente aprejeseirado, cales serán os seus novos e denodados esforzos para seguir vivindo sin traballar (que así se vive mellor).

Traballada sin embargo si que tivo a xornada pola que Industrias Cerdeimar presentaba a súa nova liña de negocio, que conseguía movilizar a toda unha conselleira e ao máis granado do mundillo político local. Asemesmo, non faltaron ao acto moitos dos seus traballadores que non quixeron perderse os suculentos pinchos preparados para todos os participantes deste acto no Restaurante La Marina, onde foi a resultar que unha das inquilinas da antiga hostería colindante foi nos seus anos de iniciación a propia Rosa Quintana, quen nun abrazo emotivo se reencontraba ca que fora a súa patroa. Interesante xornada que por servir ata servío para descubrir como toda unha señora conselleira, unhas mans nas que na España dos nosos días sen que se saiba moi ben como nin en base a qué tantas bocas resultan estar, foi durante un tempo ata veciña do noso concello.

Comentarios   

Nuestras empresas
+1 # Nuestros obrerosNuestras empresas 11/07/2013 17:36
No hay posibilidad de conseguir el buen fin y el crecimiento sin la unión entre empresa y obreros ,los dos llegan a ser una entidad unida por el bien común,si la empresa crece ,tendrá mas obreros y estos harán mas fuerte a la empresa ,es una cadena que llevada por buenas personas conseguirá los objetivos.Buena suerte a toda la familia Cerdeiras incluyendo como familia a todos los obreros
Responder | Denunciar ante o administrador
Eu...Kiños
+1 # RE: Inauguración de Pesca de RíasEu...Kiños 11/07/2013 18:21
So esperase que a ansiada oferta de emprego dea lugar nesta iniciativa,xa que as inversions con erario publico deben servir mais que pra privilixiar a unha empresa ,que iso si e todo debese dicir,deixa un bo numero de empregados aunque non os suficientes pra pugnar esta lastimeira crise.
Oxala algun dia a industria exponencial xogue un papel mais importante dentro da economia do municipio!
Pra despedirme remito o meu desexo de exito neste proxecto pra compensar toda inversion reflexada con numero de empregos.
Responder | Denunciar ante o administrador