3.7391304347826 1 1 1 1 1 Rating 3.74 (46 Votes)

O pleno acorda por unanimidade solicitar á Xunta a devolución das licencias de pesca.

María José Pasantes debatindo co Alcalde ante a atenta mirada de Daniel Rego
María José Pasantes debatindo co Alcalde ante a atenta mirada de Daniel Rego

Onte mércores 26 de decembro a pesar das datas navideñas nas que nos atopamos esperábase un pleno bastante tenso e problemático debido aos dous temas a tratar no mesmo: a devolución das licencias de pesca á familia Lin e o espinoso tema da granxa acuícola de Camelle. Finalmente e a pesares de algún que outro enfrontamento verbal entre concelleiros, o pleno foi menos tenso do esperado acadando a unanimidade de todos os concelleiros presentes no primeiro dos puntos incluidos na orde do día. Para ler a noticia completa pulsa na foto ou en "Ler máis.."

Este pleno extraordinario, último do ano, tiña lugar debido á solicitude formulada a semana pasada polo grupo político popular do Concello de Camariñas, ao reunir este a porcentaxe mínima de concelleiros que esixe a lei para solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario. Os dous temas a tratar no pleno fixeron que este estivera concurrido como fai moitos anos non se vía no noso Concello: gran cantidade de mariñeiros pertencentes á flota de Camariñas, incluíndo unha importante delegación da familia Lin e algúns veciños de Camelle presentes para protestar contra a ubicación da granxa acuícola da Xandriña.

No primeiro dos puntos incluidos na orde do día, a devolución das licencias de pesca á familia Lin, PSOE e PP votaron a favor de instar á Consellería de Pesca da Xunta de Galicia a suspensión das medidas cautelares adoptadas e a devolución das licencias, despois de incluir unha clausula presentada polo grupo político socialista para a inclusión na mesma solicitude da devolución da licencia do barco "Gallego José"

Facía moito tempo que non se vía un pleno tan concurrido na Casa do Concello
Facía moito tempo que non se vía un pleno tan concurrido na Casa do Concello

Máis problemático foi o segundo dos puntos na orde do día, o do cambio de ubicación da piscifactoría da Xandriña, na que o PP votou a favor de instar á Xunta dito cambio e o PSOE votou en contra xa que, en palabras do alcalde "no momento en que cheguen as cartas de compra aos propietarios dos terreos reunireime outra vez con eles e si a maioría están en contra de vender o Alcalde estará en contra da expropiación e da ubicación da granxa acuícola de Stolt Sea Farm en Camelle" Debe destacarse neste punto un agrio debate entre o concelleiro socialista por Arou, Germán Mouzo, e o voceiro do grupo popular Daniel Rego a propósito da granxa acuícola de Arou pola que, según Germán, ninguén agás él se reunira cos veciños para tratar este tema.

Para rematar, considerando a repercusión económica que a non devolución das licencias ten para o noso pobo, con máis de 20 familias paradas, e desexando unha feliz solución canto antes, camarinas.eu alégrase polo consenso acadado neste tema (de importancia vital para a supervivencia de Camariñas) e da por rematado o exercicio 2007 en canto a política se trata. Feliz Nadal aos nosos políticos e que o ano que ven non se alporicen tanto!

Imaxe dos exteriores da Casa do Concello unha vez rematado o pleno
Imaxe dos exteriores da Casa do Concello unha vez rematado o pleno

Comentarios   

estudiante
-1 # Devolución das licenciasestudiante 27/12/2007 14:24
Quro manifestar a miña ledicia por ver que os dous grupos políticos de Camariñas están dacordo por unha causa, que lle devolvan os permisos para que os seus veciños podan traballar.
Quero aproveitar para dicir, que esta xente non está a apoiar o uso da dinamita, está a aopiar a unha xente, veciña do pobo que non ten traballo, por unha decisión da administración.

E por último decir que naturalmente que ai que erradicar o uso de explosivos na pesca,e toda clase de ilegalidade e nos estamos totalmente dacordo. Non sei donde está o delito. Estase xulgando xudicialemnte a estos tres barcos, deixemos que sala o veredicto, e non os xulguemos antes.

NIN A XENTE, NIN OS POLITICOS, NIN NIGUEN APOIA O USO DE EXPLOSIVOS NA PESCA, E AHI E DONDE POÑEN A METEDURA DE PATA OS MEDIOS DE COMUNICACION, E QS QUE PERSOAS QUE ASI OPINEN.
MOITAS GRACIAS.

FELIZ ANINOVO A TODOS
Responder | Denunciar ante o administrador