Por si a alguén lle quedaba a estas alturas algunha dúbida, Camarinas.eu procede a publicar en exclusiva o documento que proba de xeito definitivo a implicación directa, criminal e principal do PP de Camariñas no proceso de asalto e aniquilación do Club Náutico. Un escrito ruin, vil e infame que constata dun xeito nítido e absoluto o xa anticipado dende hai meses por esta redacción respecto á utilización maquiavélica das siglas dun partido político que actualmente ostenta o poder en todas as administracións públicas que nos gobernan para defender intereses privados e que deixa ao eu asinante, aos concelleiros que o secundan e aos socios que o defenderon durante todo o proceso de Golpe de Estado no CNC ao borde dun precipicio ético e moral e completamente desprestixiados xa non como políticos ou socios dunha institución náutica senón xa como persoas. Un dos maiores escándalos da historia da política galega sumaba, xusto ao final da escapada, o seu episodio máis revelador.

Este pasado 10 de xaneiro de 2013, día que seguía ao do desahucio xudicial definitivo dos okupas de VIPROGA SL que tiveron secuestradas pola forza durante un ano as instalacións do CNC, entraba polo Rexistro de Entrada do Concello de Camariñas a proba definitiva que abrirá os ollos de xeito demoledor a aqueles que os preferían manter nunha media luz e escapar da realidade ata universos paralelos. Dirixida ao Señor Alcalde do Concello de Camariñas e baseada no articulado da lexislación da Administración Local que habilita tan só aos membros electos de formacións políticas, facéndose así uso dun privilexio que a Lei outorga tan só a uns poucos elexidos, O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR solicitaba (así, en plural) "que se poña a nosa disposición o expedida (sic, os lamentables efectos das inxestas tamén marcan o seu selo nos documentos oficiais) relativo a solicitude de Licenza Municipal de apertura para bar-cafetería-restaurante do náutico (será do Club Náutico, en maiúsculas) de Camariñas a situar en Peirao Novo, s/n de Camariñas, a cal foi presentada por Don Aberto de Artaza Varasa, en representación do Club Náutico de Camariñas". Asinado por Daniel Rego González. Toda unha bomba informativa que supera en gravidade todo o visto ata o de agora, un abuso de posición privilexiada que supoñe o salto de calidade definitivo en canto a maldade, ruindade e bellaquería no proceso de persecución contra o CNC instaurado polo PP de Camariñas dende o momento en que os intereses hosteleiros da empresa dirixida por Ursula Rego Sternat, filla do Presidente da Agrupación Local do PP de Camariñas, foron desbaratados masivamente polos socios na Asamblea Extraordinaria do 17 de decembro de 2011.

Un escrito que confirma o xa anticipado por Camarinas.eu en noticia publicada en data tan lonxana como o 16 de setembro de 2012 ("Obras a 1 mes das eleccións") cando nos facíamos eco dunha conversa mantida na terraza do bar do Casino co actual Comodoro do CNC ("coño, tu y yo que somos casi parientes") e na que se ameazaba con que en caso de verse expulsada VIPROGA SL da concesión do Bar-Restaurante do CNC por orde xudicial non quedaría outra alternativa que a de "claro, una vez que yo ya no esté en el Náutico me voy a ver obligado a denunciar el tema de la situación de la cafetería". Tempo tivo o Presidente Local do PP de denunciar a situación da cafetería se esta non lle parecía arranxada a Dereito: tivo os dous anos que a empresa supostamente participada de forma maioritaria por VIPROGA SA, se mantivo na xestión da mesma, un ano de concesión legal, outro de okupación ilegal escandalosa e desvergonzada, sancionada reiteradamente de xeito demoledor e avasallante polos tribunais de xusticia. Tivo que ser agora ("una vez que yo ya no esté") cando o cráneo preclaro, visionario e legalista do máis honrado, honesto, pagador e cumpridor político que viron os séculos na Costa da Morte se dera conta da suposta irregularidade que a súa mente legalista non podía tolerar. Non antes, durante os seus dous tormentosos anos de andanzas navieras, senón agora que o foi botado para fora a patadas da concesión ata por catro veces por unha asamblea de socios, unha Xunta Directiva, un Xulgado de 1ª Instancia e ata toda unha Audiencia Provincial. Un acto de devergonza, de pérdida de decencia e cordura, que desprestixia aínda máis se elo fora posible a imaxe dos políticos ata niveis insondables.

Unha solicitude que coloca ao borde do precipicio ademáis a unhas cantas persoas. En primeiro lugar os seis concelleiros restantes do PP en Camariñas: cómpre sen falta unha manifestación dos mesmos ao respecto e deben aclarar ao electorado camariñán as dúbidas que surxen derivadas deste escándalo sen precedentes. ¿Coñecían a presentación do mencionado escrito no Rexistro do Concello? ¿Apoian a persecución da principal asociación de Camariñas que supoñe este escrito que mezcla escandalosamente intereses públicos e privados? ¿Defenden a utilización da posición privilexiada no seo dunha formación política como plataforma para defender intereses empresariais privados? ¿Seguen negando a evidencia xa incontrovertible da implicación directa do PP de Camariñas durante todo o proceso de Golpe de Estado no CNC? Que non saian á palestra e aclaren aos veciños que os elexiron directamente e a aqueles que non, pero que sufren en carne propia os desmanes e tropelías do seu xefe, todas estas dúbidas suporía constatar a súa mera presencia decorativa e simbólica no Salón de Plenos e a súa nulidade política e persoal a todos os efectos.

Outros que quedan en moi mal lugar son aqueles mui minoritarios nostálxicos da okupación ilegal que durante este tempo aciago e vergonzoso no CNC apoiaron as andanzas navieras do Presidente do PP municipal contra toda evidencia legal, xurídica, xudicial, ética e ata de mero sentido común. ¿Secundan os membros do así chamado Comité Local do Club Náutico que se pretenda agora pechar o seu Bar Cafetería? ¿Eran estes os proxectos e iniciativas que tiña preparada a candidatura que pretendía promover Daniel Rego, unha vez expulsado ignominiosamente a perpetuidade da súa condición de socio? ¿Era este todo o amor e cariño que tiñan pola institución náutica decana da Costa da Morte, aquela que con tanto esforzo e adicación levantaron uns cantos visionarios? ¿O mía o de nadie? ¿Todo se reducía a esto, finalmente? Por apoiar o indefendible agora vense nesta apurada situación: ao borde do precipicio da esixente e tan difícil de recuperar unha vez perdida credibilidade social. Quen se acosta con nenos...

Camarinas.eu esta en condicións de acreditar que dende hai unha semana o Presidente do Club Náutico de Camariñas está ao tanto da siniestras e maquiavélicas tentativas do PP local. Urxe como insoslaiable e urxente unha reunión co Presidente Provincial do PP Carlos Negreira e que éste lle aclare a posición do seu partido a nivel provincial respecto aos desvaríos do seu máximo representante no Concello. Que aclare se o PP apoia esta persecución contra o CNC e refrenda as actuacións de Daniel Rego no ámbito naviero.  Se os intereses que están detrás desta denuncia son os do partido que nos goberna actualmente a nivel nacional, autonómico e provincial. En caso contrario, deberá proceder a tomar as inevitables medidas quirúrxicas e sanitarias para restaurar o pouco que poida quedar de honorabilidade do seu partido nas terras de Camariñas.

Aquí en Camarinas.eu dábamos por finiquitado o tema do proceso de asalto político ao CNC e prometéramos emprender novas singladuras, nembargantes ante este escándalo ruin, canalla e mesfistofélico non dubidamos en retomar as armas e voltar a carga dun xeito tan demoledor e devastador que o visto ao longo de 2012 quedará nun sinxelo xogo de nenos, nun idílico e bucólico xardín de infancia. Os documentos e as probas que estaban arquivadas, visto o signo dos novos tempos sairán á luz e farán temblar algúns que outros peliños enchoupados mostacheriles, indixestarán masivas inxestas alcoholeriles. En verdade que aquí ninguén esperaba esta nova saída sorpresiva, tan maléfica, tan destructora do pouco que hai, tan negativa para os intereses xerais do Concello de Camariñas e para o seu tecido asociativo e cidadán, tan inocua e inofensiva a estas alturas. Tal é o desprestixio e a decrepitude do suxeto que este mesmo venres 25 de xaneiro de 2013 no Pleno ordinario do Concello, unha vez finalizado o turno de rogos e preguntas, e en presencia das Chicas de Oro do así autodenominado Comité Local do PP (que humillación), o Alcalde Pichurri hai tempo perdido o respeto e a máis mínima consideración a tan lamentable guiñapo político, unha piltrafa humana, ríase abertamente del e con un papel na man (o escrito da petición sobre o CNC) pregúntaballe a carcaxada limpia: "¿e esto que, Daniel? ¿Esto non é unha pregunta? ¿Eu pensei que era unha pregunta, jajaja....?. Ao que un balbuceante líder da oposición ante a sorpresa, piedade e conmiseracióon dos presentes empezábase a poñer dun tono bermello cárdeno e nervioso, impotente, limitadas hai tempo as súas facultades intelectivas, tan só acertaba a tartamudear: "e... e... e ¿¡eu pregúntoche a ti polo teu divorcio!?".

Escrito asinado polo concelleiro popular e xerente da empresa propietaria de VIPROGA SL Daniel Rego

Comentarios   

Rosa Fernadez
-2 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCRosa Fernadez 26/01/2013 13:58
Lei varias veces la noticia y sinceramente aun no la entiendo en todo su contenido,¿que hay de malo? se solicita algo que fue presentado por Alberto en representacion del Club Nautico y luego despues decir que el PP de Camariñas esta contra el Nautico,ruego mas comentarios para conocer mas detalles
Responder | Denunciar ante o administrador
Soledad de tu amor
-1 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCSoledad de tu amor 26/01/2013 14:05
No decia el choco que iba a empezar a grabar en los plenos,seria interesante ver el debate de ayer por lo que comentas Diego,pero mi comentario va para la gravacion por tele de los plenos,otra cosa que quieren los del PP del Nautico ,no creo que los del PP quieran hacerle daño al nautico,no lo entiendo
Responder | Denunciar ante o administrador
Manolo Rocha
+1 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCManolo Rocha 26/01/2013 14:09
Aqui tiene que existir un malentendido,la inmensa mayoria de Camariñas yapor no decir la totalidad esta a favor del nautico,no se lo que puede esconderse detras de esto,pero ira saliendo ya lo veremos
Responder | Denunciar ante o administrador
estais a decir
-4 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCestais a decir 26/01/2013 14:15
Que Daniel era conocedor de unos hechos y mientras el estuvo en el Nautico los tuvo callados y ahora los saca a la luz,o sea algo que por lo que se trasluce no es legal y sale ayer en el pleno del ayuntamiento,
Responder | Denunciar ante o administrador
DESPRESTIGIADO
+3 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCDESPRESTIGIADO 26/01/2013 22:12
No se puede ser más CANALLA, estoy seguro que nínguno de sus concejales sabía nada de este documento, como estarán ahora después de esta noticia, alucinando en colores. Como este come-mierda puede desprestigiar al partido día tras día y no lo manden a tomar por el ojete.
Responder | Denunciar ante o administrador
yo no soy socio
+2 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCyo no soy socio 27/01/2013 00:34
Fíjate a que hora se pusieron los comentarios y mira a la hora que los sacas,el PP de Camariñas no puede estar contra el Náutico,ni debe de estarlo ,al contrario debe favorecer en todo cuanto pueda como una sociedad importante que es para Camariñas,el PP esta para ayudar a todo el ayuntamiento,su s asociaciones,su s sociedades,sus empresas,todo pensando en el progreso de todos nuestros vecinos,el Náutico pertenece a sus socios,que ellos lo gestionen y si hay algo ilegal,cosa que ahora esta de moda en España,que se le diga a los socios,y ellos bajo su criterio obren o actúen y si cualquier español hace algo ilegal tenemos jueces
Responder | Denunciar ante o administrador
un de eiquí
+3 # ivan como brebasun de eiquí 27/01/2013 10:23
como lo hiso tan ben en el pleno del vernes aller del arnela a las 2 de la tarde salia de selebrar el exito como un serollo el pufista al lado de un chapusero, un palanganero del comite local del nautico y una vieja gloria del pp que el pufista engano con llebarlo en las listas unas cuantas beses,despos en el medio de la calle borrachos como brebas armaron un escandalo de gritos y risas.la imajen de mi partido cada bes mejor
Responder | Denunciar ante o administrador
Que Dios nos coja confesados
+5 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCQue Dios nos coja confesados 27/01/2013 10:28
Esta es la corrupción política que ha arruinado España: políticos que se aprovechan de sus cargos para defender sus intereses y robar a diestro y siniestro. Que el jefe de la oposición municipal tenga alquilado un local dos años (uno okupado ilegalmente) y despues de que la Justicia lo desahucie aproveche su condición privilegiada de concejal y su puesto de presidente de un partido y denuncie ese mismo local para cerrarlo es la el mayor escándalo y canallada que se ha visto en toda España. ¡Y dicen que van a nombrar a este sujeto Diputado Provincial! Que Dios nos coja confesados.
Responder | Denunciar ante o administrador
AFILIADO
+4 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCAFILIADO 27/01/2013 11:26
¿Ahora quieres cerrar el Nautico, Daniel? ¿Justo ahora que te han echado fuera del mismo? Si hubieses ganado el contencioso en los tribunales ¿Presentarías esta solicitud, Daniel? NO TIENES VERGUENZA. Mejor que dejes en paz al Club Náutico y te ocupes de los asuntos de nuestro partido, QUE PUSIERAS ORDEN en el mismo, que lo has destrozado completamente con tus desastrosas aventuras empresariales, dejando a tu Ex Secretario campando a sus anchas y asumiendo una REPRESENTACION QUE NO LE CORRESPONDE junto a su coro de chicas de oro. Ocúpate del partido Daniel, no mezcles tus asuntos privados con los públicos y deja de dejarnos a todos en ridículo con tus estupideces, por Dios
Responder | Denunciar ante o administrador
AY MIMA
+5 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCAY MIMA 27/01/2013 11:33
¿ASI QUE O PRINSIPAL PROBLEMA QUE TEN A DIA DE HOSE O PP EN CAMARIÑAS RESULTA QUE E O CLU NAUTICO NON?JAJAJAJAJ
Responder | Denunciar ante o administrador
AFILIADO
+3 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCAFILIADO 27/01/2013 11:54
Ah, me olvidaba ¡y esos concejales!. Si no salen ya a la palestra y reniegan en público de esta solicitud bochornosa y asquerosa de cierre del Club Náutico dmostrarán que no son más que unas momias, unos zombies, unas nulidades, NO MEJORES QUE LAS DEL COMITÉ LOCAL DE OLVEIRA. Figuras decorativas solo aptas para levantar la mano y votar a la búlgara. Bonito panorama el de el PP de Camariñas: ceros a la izquierda y ceros a la derecha.
Responder | Denunciar ante o administrador
oUTRO MAS
+4 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCoUTRO MAS 27/01/2013 12:02
pero que clase de delincuente é este home que utiliza o partido para o seu interes personal? ¿Sabe a dirección provincial a clase de mafia que este partido ten montada en camariñas? ¿sabe que uns e outros dentro do partido están casi a chegar ás maos?¿permítell e esta direccion provincial este escándalo contra unha sociedade como o club nautico que xa vai para dous anos? Eu creo que a dirección provincial foi a que permitío que o delincuente presentara este documento contra o clu nautico. Señor Carlos Negreira, vostede é cómplice deste atropelo. Usted y solo usted es responsable de todo lo que se está a sufrir en camariñas.
Responder | Denunciar ante o administrador
camariñas 21
+2 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCcamariñas 21 27/01/2013 12:06
Estoy totalmente de acuerdo con el comentario anterior. El responsable de todo este atropello al Nautico y a otras personas de este pueblo es Carlos Negreira así como Zaira la alcaldesa de Cee por ser la que debería de informar hace ya mucho tiempo a sus superiores de los atropellos y de las barbaridades que esta gentuza del PP de Camariñas están haciendo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Sebas
+3 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCSebas 27/01/2013 12:10
eu xa dixen muitas veses que esto non iba acabar ben.solo falta que haxa un golpe de estado estilo tejero e que esta chusma do PP de Camariñas entre dando tiros contra o tellado do Nautico. mirade ben como é esta xente e como eran os seus antergos. Estes do PP de Camariñas ainda teñen os xenes da ditadura franquista correndo polas súas venas.Pensan que son unha élite e a xente do pobo son os borregos e palanganeros que os deben de seguir. Ese é o seu pensamento.Deus nos libre de que estiveramos nesa epoca porque nos levaban a todos o paredon.
Responder | Denunciar ante o administrador
REVENGE
+4 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCREVENGE 27/01/2013 12:13
¿PARA ESTO ERES CONCEJAL DANIEL? ¿PARA VENGARTE DE LOS DEL CLUB NAUTICO?
Responder | Denunciar ante o administrador
recis ten
+4 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCrecis ten 27/01/2013 12:16
Por favor que los concejales espliquen cuanto antes si firmaron este documento y cuales eran sus intenciones porque ya sabemos cuales eran las intenciones del Daniel:aprovech ar su posición de concejal para intentar cerrar el nautico.
Responder | Denunciar ante o administrador
Un socio de Coruña
+3 # Carlos NegreiraUn socio de Coruña 27/01/2013 23:18
Carlos Negreira los q te votamos estamos esperando q pongas patas en la calle a toda esta gentuza. Yo soy de la Coruña y soy socio. Te conozco personalmente y te pido que de una vez por todas recuperes el buen nombre de nuestro PP en Camariñas.Te lo he pedido personalmente y ahora te lo pido publicamente .No me hagas ir otra vez al ayuntamiento de La Coruña por favor.Arreglalo Carlos.
Responder | Denunciar ante o administrador
Juasjuas
+4 # RE: O PP de Camariñas contra o CNCJuasjuas 27/01/2013 23:19
Trata de arrancarlo Carlos! Por dios trata de arrancarlo!
Responder | Denunciar ante o administrador
el solitario
+3 # escandaloel solitario 28/01/2013 19:16
Yo creo que este hombre por donde pasa no crece la hierva..
Responder | Denunciar ante o administrador
MARIPOSO
+2 # ¡¡¡¡¡pobre diablo¡¡¡¡MARIPOSO 29/01/2013 00:27
deixade de poñervos con este `pobre diablo oh¡¡¡¡.Non vedes que solo está manipulado por unhas bruxas que o rodean,él no fondo non é tan malo,solo que é un pobre borrachiño.E non hay que preocuparse,por que este pobre diablo non é capaz de conseguir nada,porqque todo que toca,todo o destruie,pero sigo diciendo que anda con muy mala xente e aparte hay mezcla de sangues cativas.En fin,polo nautico,non creo haxa problemas,esta semana abrira o publico como andan dicindo e todo vau quedar en augas de borraxa,.Esta xentiña,inda non pode ca xente de este pobo,inda que o bigotiño pensara que si,a ver si creia que inda viviamos dos tempos do pai,cando facian aquelas historias das propiedades,que FRANCO XA MORREU SEÑORIÑO DO BIGOTE,NON SE OLVIDE
Responder | Denunciar ante o administrador
sejimosijual
+3 # verjonsasejimosijual 29/01/2013 19:40
Daniel vai sendo hora que te larjes, non tes verjonsa nin ti nin os que te apoyan e menos Carlos Negreira que sabe todo de ti e sijes ai, non sera que el e ijual que ti.
Responder | Denunciar ante o administrador