O Ayatollah Popular posa cos seus novos entorchados de Embaixador na República AustriacaPois tal e como prometéramos, damos aquí inicio á Campaña Posnavideña da Comisión Extraordinaria de Camarinas.eu para a Loita contra o Bandidismo, a Especulación, a Sabotaxe, o Plaxio, o Roubo, a Okupación Ilegal, a Corrupción Política e o Pufo. Dado que o conxunto inacababable de andanzas, peripecias, desventuras e esperpentos varios da Agrupación Local do PP de Camariñas non nos dan tregua e parecen non ter fin, decidimos instituir un ente de carácter permanente e reglado co que combatir dende a legalidade as sete plagas populares de Exipto que están a asolar día sí e día tamén o noso maltratado e ninguneado concello. E facémolo cunha noticia aparecida días atrás na prensa provincial que nos deixaba literalmente anonadados e ao borde dun KO técnico mental severo, pero que dada a epidemia desencadeada de desvergonza absoluta, de impunidade descarada e delictiva e de latrocinio cínico e masivo  da práctica totalidade da clase política que nos tocou en sorte, dende todos uns señores ministros ata sinxelos concelleiros, podería ter algúns visos de realidade.

Recentemente, os nosos colegas do Diario de Bergantiños adicaban unha noticia aos xaleos, expolios e altercados cos que o PP de Camariñas está a asombrar ao mundillo político da Costa da Morte dende o día en que Camarinas.eu publicaba a bomba informativa que reventaba definitivamente a débil e endeble "pax popular": a do escrito no que a práctica totalidade dos afiliados da Ponte do Porto esixían o cese fulminante e radical do Secretario da Agrupación Local. Na mesma, xusto ao remate, como apetitosa e exhuberante guinda final, aparecía que como premio a toda unha vida de comportamentos exemplares, como xusto recoñecemento aos seus esforzos e desvelos a prol dos necesitados e os desamparados, o futuro do Ayatollah popular de Camariñas podería estar definido por unha suxerente e importante oferta diplomática. Ahí quedaba eso. Digamos que un está desaiunando, non en locais recentemente desahuciados claro está, un non quere morrer envenenado, está tomando un café, acompañado dun pequeno piscolabis matutino, le semellante misil informativo, vénselle toda a comida á boca, o café sae disparado en cascadas a presión, empézase a toser, os ollos énchense de bágoas e despois, xa atemperado, recoñece solemnemente que gracias a Deus, por fin a Patria premiou ao mellor dos seus fillos.

En verdade que non podería haber mellor representante dos intereses xerais de España en calqueira país do extranxeiro, mellor imaxe para o noso antigo e histórico país. Unha persoa equilibrada, seria, nada dada a escándalos nin a agresións físicas, no que tan só pensar que puidera insultar a alguén ou andar metido en lamentables borracherías resulta sinxelamente inimaxinable; político de vasta cultura e elevada formación, de maneiras exquisitas e refinadas; infatigable campeón do legalismo e do Dereito, os seus esforzos a prol dos dereitos dos seus traballadores quedarán para a historia; experto coñecedor do sistema legal e xudicial español, a súa amplísima experiencia de anos e anos en xulgados e tribunais permitíronlle adquirir unha enorme sabiduría xurídica e un gran coñecemento dos diversos sistemas legais comparados; pagador intachable das súas débedas e cumpridor a raxa tabla das súas promesas e obrigas, gana España con este novo cargo diplomático a persoa ideal para recomenzar o lavado de imaxe da nosa Patria polas diversas legacións internacionais ao longo do mundo.

Tan pronto saltou a noticia, polas diversas embaixadas e legacións consulares espallouse o rumor, porque xentes malintencionadas hainas en todas partes, seguramente avaros funcionarios de carreira que despois de superar as esixentes e durísimas oposicións da carreira diplomática ven chegar un novo cargo representativo provinte do mundo da política, de que todo se limitaba a unha botaratada máis, outro disparate dunhas mentes seriamente aqueixadas polo mentirosismo compulsivo, que obrigadas a exiliarse a perpetuidade das instalacións do Club Náutico por orde xudicial, rexeitados gracias á súa ben merecida fama de todos os locais hosteleiros dende Buría ata Vladivostok, non quedaría outra que coller a maleta e largarse con vento fresco cara ás montañas bávaras e alí cun pantalonciño corto, medias ata as rodillas, un sombreiriño cunha pluma,  e un mandiliño de tradición alpina, servir birras, viños, tentenpiés e piscolabis variados aos Superhomes de Raza Aria. A elo habería que sumar o globo sonda (por aquelo de a ver si colaba e ía calando a idea como aquela chuvia fina da que falaba outro famoso mostacho popular, se ben este non enchoupado que se saiba) do nomeamento para o cargo de deputado provincial en detrimento da Alcaldesa ceense Zaira Rodríguez. Ante esto, os críticos do nomeamento diplomático decían nos seus corrillos consulares: a ver, ou unha cousa ou outra ¡ou vaise de Embaixador a Austria ou de Deputado Provincial á Coruña! Agora que as dúas cousas non, están os mundos mui apurados e onde antes chupaba un, agora teñen que chupar dous. ¡Ao que se chegou nesta España empobrecida destes tempos! Vivir para ver...

E unha das primeiras misións representativas desta nova fiebre diplomática que invade a Camariñas dos nosos días víose esta mesma semana cando o futuro Embaixador plenipotenciario na República dos Alpes Austríacos visitaba Cee por aquelo de intercambiar amigablemente impresións ca alcaldesa ceense e ver de chegar a un acordo no tan escabroso e peliagudo tema do fenecido e enterrado pacto de compartición (dous anos ti, dous anos eu) do disputado e mullido escano de Deputado Provincial. Unha charla imposible a decir dos presentes e na que finalmente se acabaría falando a grandes voces da flora e fauna nacional, sobre todo de dúas especies tan queridas e recurrentes para o folklore galego como a do xénero femenino do zorro e do porco. Ao final nada se logrou e a escalada bélica entre as armadas populares de Camariñas e Cee sumou un novo desaire diplomático que engadir ás súas abertas e fratricidas conflagracións intermunicipais. Unha guerra na que non hai cuartel e na que non se fan prisioneiros: non en van o pan dunha familia está en xogo.

Dun tempo a esta parte, certamente envellecido e melancólico, algo ido por momentos e cas facultades intelectivas enturbiadas parcialmente (só así se explicarían algunhas das súas últimas iniciativas), un anciano cidadán de tupida e frondosa cabeleira cana, "con el pelo alborotado como el de un animal", percorre Camariñas. Cabizbaixo pola pesada carga das monstruosas responsabilidades diplomáticas que lle tocou encarar nun tempo estrano e despiadado, deambula polas rúas, máis ben polos bares, e de vez en cando sacude aos catro ventos a pelambrera revolta e desordeada aos sons dunha perfecta simetría musical, non puidendo evitar os seus conveciños a sensación de atoparse ante o Goya crepuscular das Pinturas Negras, ante o Beethoven arruinado dos últimos días. E entón en verdade dase un conta que non pode haber máis sabio e ecuánime embaixador, máis exquisito e documentado melómano, para visitar os salóns de Salzburgo onde descollou o xoven Mozart, os teatros imperiais de Viena onde os Strauss presentaron valses que asombraron ao mundo, alí onde as composicións clásicas de Schubert‎ e Mahler pasaron á posteridade por primeira vez. Cando paseando polo Prater, se escuite furtivamente, entre a vexetación, unha voz ronca e ebria, que emprende de forma un tanto descompasada e desafinadade os compases iniciais de "O pasar por Camariñas", que ninguén o dubide: o máis laureado Embaixador do Reino de España, o titán que recibío a heroica carga de sacar á diplomacia española da medianía na que languidecía, reflexiona sobre as desventuras de toda unha vida e planea novos asaltos navieros.

Nota diplomática aparecida recentemente no Diario de Bergantiños

Comentarios   

Chapoo
+5 # A FranciscaChapoo 27/01/2013 22:18
Te hablo a ti francisca. Querias q esto no se supiera verdad? Pero mira como te descubres tu misma. Tu lo sabias, sabias q daniel iba a hacer esto.pues denuncia francisca denuncia. Sabias q daniel queia cerrar el nautico.a ver si te lleva a ti de consul de austria porq ya sobras en camariñas
Responder | Denunciar ante o administrador
DIPLOMACIA
+5 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalDIPLOMACIA 28/01/2013 09:04
Vamos a ver,este home desde logo merece unha embaixada, pero non a do pais alpino, debido os seus merecementos e curriculum, millor sería destinalo de embaixador a república de PENAMOA, e un sitio donde se encontraria con xente mais afín a sua personalidade.
Responder | Denunciar ante o administrador
Francisca
+3 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalFrancisca 28/01/2013 09:32
Daniel tes que levar contigo de secretaria plenipotenciari a a Francisca a PENAMOA, e como e unha república pequena, no tempo libre podes mandala como consul a antiga fábrica Celta, que si alguén non o sabe está debaixo da Ponte do Paxaxe. Asi dun plumaso desfacemonos de dous que non merecen estar no noso pobo.
Responder | Denunciar ante o administrador
PORTADA
+2 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalPORTADA 28/01/2013 11:04
Noraboa Camariñas.eu pola foto da portada, solo dos peros,o primeiro e que noto que faltan duas medallas (supoño que ca modestia que caracteriza a este sujeto) non as quixo poñer, ademais son de ouro a saber, BARRA FIJA e LAVATAMIENTO DE VIDRIO, e en segundo lugar o lugar en onde están colgadas, para a miña idea había que coljarllas nos... en outro sitio vaia.
Responder | Denunciar ante o administrador
MEDALLERO
+2 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalMEDALLERO 28/01/2013 14:04
Non estón dacordo co comentario num.4, no retrato da portada vese un home orondo (case non abrocha a chaqueta)debeu ser feita hay algún tempo, debían ser tempos de fartura económica, claro que sin pagarlle os empleados, así calquera ten fartura na casa, agora si o vedes pola calle da puta pena, parece un automáta, solo se entona co terceiro ou cuarto chiquito, e con quinto picha arriba. Si ahora lle colgan as medallas cae redondo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+8 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalMoncho de Dios 28/01/2013 14:46
primero contestarle al sr "dondestalegali dade" ademas ese era el tema del reportaje,ESTOY COMPLETAMENTE DE ACUERDO CON USTED.al arre arre yo no soy pontes soy PORTEÑO y no tengo amores con nadie venga o sea ARRE ARRE Y NO PARES,A el que faltaba,decirle "me echabas de menos capullito de aleli"mira que guapo es y que bueniño,Si estoy con los concejales,unas veces estarán mas acertados que otras pero están allí dando la carita amor mio y tu no la das,MIRA EL QUE SIMPATIQUIÑO ES,ya te dije una vez que yo recuerde que tu no falta tu sobras Y NO TIENES CARITA PARA HABLAR EN TU NOMBRE VERDAD QUE NO MI POBRECITO,ME DAS UNA LASTIMA,sal del armario que no pasa nada
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+6 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalMoncho de Dios 28/01/2013 14:57
Mirar todos algo,yo soy responsable de lo que escribo yo .de lo que hacen o dicen los demás no,yo aquí estoy de acuerdo en algunas cosas y en otras no,pero yo no soy ni el dueño del diario ni le sugiero nada ni el a mi me impone nada,pero no soy tonto y se hasta donde llegan mis limites,lo malo es que el PP no tenga un diario para anunciar los productos buenos que tenemos,NUESTRO S CONCEJALES,y los múltiples militantes que tendríamos que poner al conocimiento de nuestros votantes,no como es ahora que solo salen un comité, también decir que no busco discusión con nadie,solo la unión,para marcar cuanto antes un camino,y en alto NO QUIERO NADA PARA MI
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+6 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalMoncho de Dios 28/01/2013 16:15
la foto es de Paco Vazquez ,menos la cara,
Responder | Denunciar ante o administrador
jajajajajajaj
+4 # plagiojajajajajajaj 28/01/2013 16:18
plagiadores jajajaja,me callo no digo nada.
Responder | Denunciar ante o administrador
Heroe de la URSS
+2 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalHeroe de la URSS 28/01/2013 16:38
y las medallas las de un General y/o Mariscal Soviético. Si os fijais en las deos de arriba de todo son dos estrellas doradas: la medalla de Héroe de la Unión Soviética, el más alto galardón instaurado en ese extinto país. Osease que el tipo que las lucía en la pechera no era ningún mindundi. La diferencia con el susodicho de la portada no puede ser, por lo tanto, más obvia.
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+9 # a Marisol SoneiraMoncho de Dios 28/01/2013 17:42
Esta usted ocupando un alto cargo en nuestro parlamento y en su partido socialista de Galicia,no me parece mal que alguien nos quiera aconsejar,al contrario bienvenida sea usted a darnos en consejos sus experiencias politicas,el problema que tenemos en Camariñas es un juego de niños comparado con el problema tan GRANDE que mantiene España en Cataluña donde los srs del PSC no mantuvieron el voto en algo que si debia existir,como no puede ser de otra manera que la UNIDAD DE ESPAÑA,sra diputada ruego mil disculpas ,pero hay problemas y juegos de niños,con todo el respeto que merece su cargo, le saluda un gallego-español
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+5 # capulloMoncho de Dios 28/01/2013 19:17
No quiero discusiones políticas en lo posible.Pero hacer alguna aclaracion si.CAPULLO-1ºen voltura de forma oval dentro de la cual se encierra ,HILANDO SU BABA,el gusano de seda para transformarse en crisalida.2ºobr a analoga de las larvas de otros insectos,3ºboto n de las flores,especial mente de las rosas.4ºcascabi llo de la bellota .5ºmanojo de linococido,cuya s hebras se anudan por las puntas de las cabezas.6º etc etyc...coloquia lmente es un capullo,es un novato .LO SIENTO YO NO ME ATREVERIA A LLAMARTE ESO,PERO PIENSA EN LO QUE PONES Y NO ME TRATES DE LO QUE ERES TU,no crees que tu tienes una ventaja que yo no uso y que tu tendrías que contestarle a los sin nombre
Responder | Denunciar ante o administrador
Manuel Romero
+2 # a MonchoManuel Romero 28/01/2013 20:05
Quien te diera con unos cuantos años menos para bailar esa linda cancion CAPULLITO DE ALELI una de las mejores canciones que yo oi para bailar,lindo capullo de aleli si tu supieras mi dolor correspondieras a mi amor y calmarias mi sufrir,...CAETA NO VELOSO,un cantante de lo mejor que nos dio el siglo pasado,
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+5 # a Manuel RomeroMoncho de Dios 28/01/2013 22:19
Una de las canciones que mas me gusta bailar ahora y te diré que puedo tranquilamente con ella y me entusiasma y encanta es LAGRIMAS NEGRAS cantada por Cigala y al piano el Bebo Valdes,te diré que ademas me gusta bailarla con los ojos cerrados y con un sentimiento interno fuera de serie,la vivo en su totalidad,por supuesto bailándola con mi mujer,con otras mujeres me falta la intimidad y la entrega,gracias Manolo que bonito es el baile,escuchala si puedes y cierra los ojos
Responder | Denunciar ante o administrador
ENVIDIA SANA
+1 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalENVIDIA SANA 29/01/2013 11:40
Si me mandasen a mi para una embajada como la del Vaticano,con lo bonita que es Roma y lo que hay que ver, tendría para varios años viendo sus pinturas ,sus obras,AHORA MISMO.Pichurri porque no me mandas a mi de representante del ayuntamiento por el mundo entero,ahora mismo estaria en la Patagonia ,despues iria a Peru y en mayo en andalucia y en julio en el Carmen,para el año que viene ya hariamos la ruta,ah y no cobraria nada ,solamente los gastos,fijate que barato,te diria como hacen en otras partes de la tierra ,te mandaria fotos,videos ,o sea que en cuatro años estariamos en la cabeza mundial,no te olvides A GASTOS PAGOS NADA MAS
Responder | Denunciar ante o administrador
UN GENERAL RUSO
+1 # RE: Cargo diplomático para o Presidente LocalUN GENERAL RUSO 29/01/2013 11:44
En el vaticano,dormir ia tranquilo el PAPA,alguno ya murio de muerte no muy natural,pero creo que ahora ya hasta los PAPAS saben que los comunistas no tienen rabo,tuvimos una temporada en que si se nos decia que tenian,pobres rusos ,uno de los pueblos mas buenos para mi gusto estan alli,LOS COSACOS,seria bueno conocer cuales eran las costumbres de este pueblo antes de la revolucion rusa
Responder | Denunciar ante o administrador
sejimosijual
+1 # RE: Cargo diplomático para o Presidente Localsejimosijual 11/02/2013 20:13
Xa seria o colmo este home representando o Goberno cas debedas que ten con todo o mundo.
Vexo que ten moito apoyo de Moncho de Dios, tendra escondidos os cartos dos traballadores.
Desde logo si e asi, podo decir co escandalo esta a volta da esquina porque xa se sabe algo do que fixo cos cartos. Estase a espera do Xuizo co Socio logo farax todo público.
Responder | Denunciar ante o administrador