- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 26 Decembro 2012 26 Decembro 2012
Día histórico para o Concello de Camariñas, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras aprobou definitivamente o PXOM de Camariñas. Por primeira vez en toda a nosa historia municipal unha regulación pormenorizada e axustada á legalidade vixente fixará as normas urbanísticas do noso concello. Estamos a falar sen dúbidas da resolución administrativa máis importante que afectou a Camariñas en toda a súa historia, cáseque dende o mesmo momento en que se creou o concello. Día grande tamén, de éxito pleno e indiscutible, en canto premio á tenacidade e ao tesón, para aquel home que ve cumprido así o seu gran sono político, a súa maior aposta persoal, aquel que pasará á historia como o máis importante dos alcaldes camariñáns: Manuel Valeriano Alonso de León, Pichurri, o gran valedor (tal vez o único) do PXOM camariñán.
Era pouco antes das dez da mañán, cando o rudimentario fax que nunha esquiniña, xusto detrás da mesa dende a que durante máis de 35 anos Don Ramón Canosa Canosa ven firmando os mandamentos de pago municipais, vomitaba o papel máis importante que endexamáis rubricarán os seus asiáticos toners: a Orde asinada polo Concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras pola que aprobaba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Camariñas. A súa data de hoxe mesmo, dun mércores 26 de decembro de 2012 chamado a quedar enmarcado en letras douradas para o municipalismo camariñán. Como sempre, os primeiros en ofrecer aos seus lectores esta nova exclusiva, en publicar información veraz e contrastada, Camarinas.eu que se adiantaba unha vez máis e captaba as primeiras imaxes do histórico documento. Unha resolución que pola súa importancia histórica pasamos a reproducir na súa integridade e que aproba de xeito absoluto, sen condicionantes nin reduccións, de forma plena e total, o PXOM do Concello de Camariñas.
Foron necesarias ata tres aprobacións provisionais, superar unha oposición vandálica de plenos tumultuosos e vociferantes, tan só atemperada responsablemente en datas moi recentes, ríos de tinta mentirosa e envenenada que se mantiveron incluso cando xa todo apuntaba a que o PXOM se aprobaría, apartándose o responsable da disciplina de partido e atacando en público a liña política do seu propio partido, constatándose de xeito definitivo a intelixencia sub-normalizada desta fiera rabiosa, agora tan patética e escandalosamente desautorizada polos seus propios superiores na Xunta de Galicia. Pero sobre todo si algo significa esta aprobación a maiores obviamente da importante, vital de necesidade, seguridade xurídica que otorgará á ordenación dun territorio onde o caos, a devastación e o "ti fai" veñen facendo estragos dende hai máis de corenta anos, é o triunfo definitivo da vontade dun home, que no medio do ruido e da furia máis estentóreo e apocalíptico que ningún alcalde en Camariñas tivo que encarar xamáis, mantívose firme e tranquilo nas súas conviccións e plantexamentos: o seu obxectivo era ineludible e ningún escollo vandálico e interesado o ía a apartar del, un Pichurri que esta mañán vivía tranquilo, como si se tratase doutro día calqueira, o que será o seu maior éxito, o gran legado que deixará para todas as xeracións vindeiras. Sacada adiante a construcción do Tanatorio Municipal, aprobado definitivamente o PXOM, deixados nun ridículo lamentable e patético por dúas veces unha oposición municipal que só no último momento se sumou ao proxecto e o seu agora defenestrado fanático de extrema dereita, ¿cal será o vindeiro proxecto de altos vuelos a acometer polo alcalde camariñán?
Comentarios
esto es el comentario del Sr Galolveira en el libro de visitas del DIARIO CAMARIÑAN O DE OTRA FORMA
GALICIA EN LIBERTAD por favor leanlo todo
Que dirá o CHOCULA, e as suas palmeras (LAS CHICAS DE ORO) a súa dona (a que traballa)e mailas outras duas que solo salen en exclusiva no diario "DA LIBERTADE" aplaundindo as gracias do sr.FEIJOO. Había que escallalos de concellar a estos personaxes fora do concello, canto mais lexos mellor.
donde ta a proa e a popa os barcos a motor teñen motor ou son como as visicletas
por no estar en casa a la hora que tenia que estar a Agustin y a Encarna aun no lo tienen claro pero todo puede encontrase,pobr e Feijoo que aun acaba de ganar las elecciones total por nada por media hora que fue el hombre a pasear el perrito,estamos locos ojala los mayas tuviesen acertado asi no pasabamos por estos bochornos
Como seas mas tonto te presentamos al NOBEL,la pregunta ponle huevos dinos¿QUIEN?
y pone para consuelo INFORMACIONS MANIPULADAS,o sease que le estan pasando informacion manipulada a PICHURRI,inform acion retocada,mala que no vale pobre Pichurri tiene malos espias,vai cajar choco e non jastes papel pa limpialo CU dalle con un pedra can cativo
Cuenta conmigo para fundar un partido independiente sería PI CHO-CHO,y por favor no pensar mal PI(partido independiente y CHO-CHO, por que Olveira vale por dos, por lo menos en volumen), cuenta aparte de conmigo con las CHICAS DE ORO, el capitán plagiador, y la enfermera que hizo ricos a varios fabricantes de enchufes. Por favor chocula, hazame caso ya tenemos seguros 7 votos. VAMOS CHOCOLATE QUE TU LO VALES, Camariñas VOTAR PI CHO-CHO.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.