3.0816326530612 1 1 1 1 1 Rating 3.08 (49 Votes)

Máis de 2.000 personas maniféstanse en Merexo

Vista aérea da cadea humana de Merexo este domingo 16 de decembro de 2007
Vista aérea da cadea humana de Merexo este domingo 16 de decembro de 2007

Na mañá deste domingo 16 de decembro cerca de 2.000 persoas segundo a organización xuntáronse en Merexo para facer unha cadea humana e manifestarse contra o Plan Acuícola da Xunta de Galicia. A esta manifestación tamén acudiron algúns ex-líderes destacados do BNG como Xosé Manuel Beiras, moi desmellorado físicamente e xa aniquilado e devorado politicamente polos cachorros que él mesmo amamantou. Tamén se leu unha carta de apoio do escritor Manuel Rivas, o cal non estivo presente (non vaia ser que se cabreen os de arriba e se acabe o choio: a protesta nos seus xustos términos, sen pasarse). Pulsa na foto para ler o comunicado de prensa que nos manda a Plataforma Veciñal de Merexo.

Comunicado de prensa da Plataforma Veciñal de Merexo

Vista aérea da cadea humana de Merexo este domingo 16 de decembro de 2007
Vista aérea da cadea humana de Merexo este domingo 16 de decembro de 2007

Máis de 2.000 personas formaron unha cadea humana de 2 km contra o Plan Acuícola en Merexo como mostra de rexeitamento e defensa das terras.

A plataforma Vecinal de Merexo repartiu bolsas de cebolas entre os asistentes para que todos poidan degustar a gran calidade desde producto autóctono e promovido polo pobo como alternativa ós peixes planos.

Maís de 2.000 persoas retaron ó frío da mañana para darse cita en Merexo e participar na manifestación e cadea humana organizada pola Plataforma Veciñal de Merexo e pedir a retirada inmediata do Plan Acuícola que ameaza o corazón das Ría de Camariñas e Muxía por unha mounstruosa extensión de 270.000 metros cadrados.

Grandes e pequeños, todos xuntos, corearon consignas claras en contra dos Plan da Xunta mentras elaboraban a cadea humana que se extendeu por máis de 2 km pola estrada principal desde a zona coñecida como o Muiño Vello ata o lugar de Os Castros.

O acto estuvo protagonizado pola xente xoven, o que evidencia a implicación das xeneracións futuras nesta causa diga e xusta.

Nenos da localidade subiron ó escenario instalado para expresar a súa repulsa ós plans da Xunta de Galicia e reivindicar un futuro alternativo baseado na producción ecolóxica de cebola e no agroturismo. Alternativas que contan xa cun estudio de viabilidade profesional, que arroxa conclusións económicas contundentes de rendabilidade, e que os veciños están dispostos a poñer en marcha. O escritor, Manolo Rivas, que no puido asistir, tamén enviou un manifesto que foi leido no seu nome.

As aeronaves que sobrevoaron a zona víronse obligado a tomar altura para captar as imáxes da cadea humana, debido á gran dimensión da mesma.

Este emotivo acto pretendeu pacíficamente facer a enésima chamada de atención á Xunta de Galicia para que paralice esta desfeita á que se opoñe a sociedade cada día con máis forza. A loita continuará o día 28 de decembro en Camelle.


 

Comentarios   

p.daiga
-1 # \"a os sordos\"p.daiga 18/12/2007 19:20
Cando alguen queda sordo ou cego por causas naturales ou por calquer accidente hay que perdoarlle certas licencias,pero cando alguen se fai o sordo e cego o mismo tempo porque non quere nin oir nin ver ahi non hay nada que perdonar e pol-o que eu vexo os nosos politicos estan cegos e sordos.
Que Dios se apiade de nos con esta clase politica que se dedica a apropiarse dos bens que nos deixaron os nosos pais para facer o que a eles lles da a gana.
Responder | Denunciar ante o administrador