- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 16 Outubro 2012 16 Outubro 2012
No mitin celebrado este domingo 14 de outubro na Casa de Pedra o PSOE reclamou o seu trono en Camariñas e reclamouno con forza: un cheo masivo e multitudinario que se extendío ata o último dos rincóns do edificio multiusos camariñán, que obrigou a ducias de veciños a quedarse nos pasillos e a varias ducias máis a seguir de pe as evolucións dun evento que permitío entrever que algo pode estar cambiando na política do noso concello, que unha nova maioría social para moito tempo e non só para as municipais pode estar tomando forma sobre a firme base das políticas antisociais e destructoras do PP nacional e sobre os escándalos, desafueros e inmoralidades da súa agrupación en Camariñas.
Foi como se por un día voltáramos ao pasado, a aqueles anos oitenta e noventa nos que o socialismo era en Camariñas un movemento hexemónico e unánime, un forza indiscutida e aplastante, que non admitía dúbidas nen contrapesos, triunfante sempre polo puro peso do voto. Como os movementos das masas tectónicas, sen saber moi por que ou en base a que, algo primixenio, pero convencido e impredecible, parecío estarse formando sobre a ira, indignación e fartazgo acumulados ante as políticas de Madrid e a impunidade, atrevemento e okupacións ilegais autóctonas. Rostros de esperanza e ilusión pero tamén de rabia e indefensión ante o brutal dobre ataque de que están sendo obxecto.
As cento cincuenta sillas que a sección camariñana do PSdeG-PSOE tiña dispostas axiña se demostraban como insuficientes ante a avalancha de veciños que sobre as oito da tarde empezaban a inundar a Casa de Pedra, xusto como nos mellores tempos dos socialistas locais. O cartel incluía ao primeiro espada das autonómicas, Pachi Vázquez, á un deputada autonómica, Marisol Soneira, ao Alcalde que por dous veces fixo dobrar os xeonllos aos que despois da segunda das derrotas tan só lles quedou por emprender o radiante camiño da okupación ilegal, e a Secretaria Xeral do PSOE en Camariñas, Encarna Liñeiro. Tal vez deberían explicar os cráneos navales do PP camariñán porque o primeiro espada popular, Núñez Feijoó, non foi quen de visitar estas apartadas terras atlánticas desta vez. Sobre todo se temos en conta que cando son outros os candidatos (Feijoó, Rajoy, quen fose que se presentara aos derradeiros comicios europeos) o PP soe gañar en Camariñas, amosando de xeito dramático para a dupla diabólica local que ata o de agora tal vez o noso concello había tempo que estaba listo para un goberno municipal popular, pero con outros candidatos.
A maiores das clásicas consignas sobre o escándalo das preferentes, a demolición do Estado Social e de Dereito, ou pola denuncia daqueles machos que animan a violar ás mulleres, se por algo pasará á historia o presente mitin foi polas palabras cas que o Alcalde de Camariñas se solidarizou en público cos socios do Club Náutico ante a okupación ilegal perpetrada dende o PP de Camariñas. Ante o aplauso e aprobación dun público enfervorizado Pichurri de forma valente e sinxela decía o que xa está hai tempo ao cabo da calle: "o estilo dos populares ahí o tedes, ahí enfrente, cos okupas que están no Club Náutico". Os documentos firmados por Daniel Rego e publicados en rigurosa exclusiva por Camarinas.eu nos cales, éste, todo un suposto presidente do PP nun concello, facía unha clara e encendida apoloxía da ocupación ilegal; así como a utilización desvergonzada, descarada e impúdica das instalacións náuticas como base loxística de campaña por parte da dirección popular foron os desencadeantes: a súa agrupación local quedaba deste xeito desnuda ante todo un concello e xa non había con que seguir enganando ao pobo. O nunca antes visto (nun réxime democrático, claro está) pasou en Camariñas e foi perfectamente documentado por unha web amateur, Camarinas.eu, mentras os profesionais por puro medo miraban para outro lado.
Todo está dito e aquí xa non cabe engano ningún: que a vostede lle parece ben que grupos políticos okupen ilegalmente asociacións privadas, xa sabe a quen votar; que tamén ve con bos ollos que novos ricos dilapidaran unha fortuna en vivir a Dolce Vita mentras deixan sen pagar a centos de traballadores, moitos deles provintes do propio concello, pois o mesmo; que unha muller foránea un tanto pasada de voltas agrede en pleno mitin do PP a unha veciña de Camariñas de toda a vida, pois adiante e sen medo. Agora ben, atéñanse ás consecuencias: despois non veña chorando e laiándose de que os políticos non o respetan, terá vostede exactamente o que merece despois do que só pode calificarse como unha utilización irresponsable do seu voto. Tamén nese caso teríamos que decir que vostede moi posiblemente teña un pequeno problema de percepción, de distinción entre o Ben e o Mal. Porque aquí ante todo, o que se impoñe é un voto de castigo, aos perpetradores directos dos delitos e aos que sabéndoo, non puxeron coto aos escándalos. Ahí están as sentencias, a centos.
Polo que respecta a nivel de Camariñas, entre outras cousas, o que fundamentalmente se decide é o destino de dous tipos, os grandes cráneos navales da Costa da Morte, que se xogan literalmente a vida. Eles son conscientes e así levan 15 días esforzándose como nunca antes nas súas vidas. Sen oficio, sen beneficio, sen traballo e sen gañas de telo, do resultado das autonómicas dependerá o seu futuro: primeiro do desenlace a nivel rexional, despois a nivel local. Se perde o PP o goberno autonómico, entón xa están todos listos, estes dous máis o resto. Caso de victoria: se o PP gaña en Camariñas, ante os votos, o único que ralmente parece contar no mundo da política, a Dirección Provincial licuarase e non terá en conta o histórico escándalo perpetrado, o maior dos anales desta Franxa Atlántica ("Bah, estes dous xa sabían como é Camariñas, un pueblo de palanganeros, sabían de sobra que non ía pasar nada"). Se perden e aínda por enriba é por goleada, entón que se vaian preparando, faranllas pagar todas xuntas ("Pois os de Camariñas non eran ningúns palanganeros, e ante os escándalos, okupacións ilegais, expulsións sumarias protagonizadas por destes dous, mira como llo fixeron pagar. E vaite ti a saber se non perdemos Camariñas para outros trinta anos"). Nin máis nin menos, esto, a grandes rasgos, é o que hai. Así son las cosas y así se las hemos contado.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.