1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Consecuencia das ridículas guerras que provocan para finalmente acabar perdendo sempre todas, os dous grandes cráneos privilexiados dos populares camariñáns deben andar botando fume estes días a conta da recente adxudicación da construcción do que será o futuro Tanatorio Municipal. Por desgracia para esta dupla destructora a partires de agora tan só un terremoto, un maremoto, un asteroide interplanetario ou un volcán (pouco probable) poderán impedir que finalmente se construia o edificio chamado a albergar os velorios que están por chegar nas vindeiras décadas. Este venres a Xunta de Goberno local do Concello de Camariñas, recollendo o fallo da Mesa da Contratación constituida ao efecto, adxudicaba a citada obra á constructora de Dumbría "Lires Cons SL" por un importe final de 380.000,00 €, o que resultou ser o mellor dos vintaedous orzamentos presentados na que foi a poxa máis importante da historia municipal do noso concello.

Partíase dun orzamento de licitación que ascendía a medio millón de euros, polo que a oferta realizada polo adxudicatario supoñe uns 120.000 € de baixa, quedando agora a dúbida de a quen corresponderá a mesma: se ao Concello ou á Deputación, a cal financia a obra con 390.000 €. En todo caso, nunca debe desbotarse a posibilidade de que circunstancias sobrevenidas e imprevistas obriguen a calqueira modificación do proxecto de obra orixinal que altere o precio adxudicado e restaure deste xeito o equilibrio financieiro da operación: Concello, 110.000 €/Deputación, 390.000 €.

E así, querido accionariado apolítico e independente de Camarinas.eu, o que foi unha das polémicas políticas máis descarnadas dos últimos tempos queima etapas ata a súa resolución final, aquela que si un terremoto, un maremoto, un asteroide interplanetario ou un volcán (pouco probable) non o impiden rematará cun Tanatorio Municipal construido no que actualmente é un muladar no Muiño do Vento. Tamén pode suceder, no caso de que o Concello opte por unha xestión indirecta do servizo de tanatorio a través dunha empresa adxudicataria que o okupanáuticos malvado e bebedor e o can de ajuas (nosas desculpas para os cadelos pola comparativa) do peito palomo okupen o edificio e ahí se boten no mesmo 300 días co pleno e total apoio do aparato provincial do seu partido. Despois virá algún alto cargo descerebrado popular a rasgarse as vestiduras e tildar a todo un Poder Xudicial de "pijos ácratas" cando éste certifique nun auto o que xa está hai tempo ao cabo da calle: "la convenida decadencia de la denominada clase política". Todo un proceso que comenzaba en marzo de 2011 cunha reunión (prolegómeno do que estaba por vir) do sheriff popular de Camariñas nas instalacións do CNC e da que Camarinas.eu, conforme ao seu apoliticismo histórico, se mantivo á marxe ao longo de todo este tempo e no que non quixo influir de ningún modo deixando que foran as urnas as que finalmente decidiran sabiamente a procedencia ou non dunha obra colocada baixo os focos por dous supervivientes sen escrúpulos: un empresario arrepentido e un pufista sin arrepentir. O respeto aos procesos democráticos posteriormente demostrado pola dupla destructora popular no Club Náutico xa tivo un indicativo antecedente co tema este do Tanatorio, algo que todos naquel momento pasamos por alto.

En todo caso, algo que a nos aquí en Camarinas.eu sempre nos dou igual e que algún dos seus redactores nunca acabou de ver claro, ao final verá como as súas obras arrancarán en breve consumando o enésimo fracaso estrepitoso de dous perdedores natos. E tal vez, quen sabe, esto sexa o mellor visto o lamentable ritmo de decesos que inunda a vida diaria da Camariñas dos nosos tempos. Que axilicen a construcción do futuro Tanatorio non vaia ser que para cando esté rematado aquí xa non queden nin os restos.

Engadir un comentario