1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Imaxe dos asistentes á reunión da Agrupación Comarcal do PSOE

Ahí retumbaron os tambores electorales das autonómicas 2012 e os partidos puxeron en marcha a súa maquinaria. Así os primeiros os socialistas que reuniron a semana pasada á súa agrupación comarcal na Casa do Pobo de Camariñas. Polo antigo Bar London, en pleno Distrito de Corea, pasaron Marisol Soneira (como coordinadora), Pichurri, Encarna Liñeiro, Juan Carlos, Rosa Mouzo e Luis Rodríguez Tajes, formando parte da executiva camariñana; por parte de Vimianzo acudía un Javier Miñones que susbtituía aos concelleiros que ese mesmo día asistían a un Pleno; tamén Felix Porto (Muxía); Lamela (Cee); Mucha (Corcubión); Suso Campos (Carnota), dous representantes da Agrupación de Zas e finalmente por parte de Fisterra asistiron o candidato das derradeiras municipais, José Marcote, xunto a dous afliliados máis. A única ausencia de certa envergadura foi a de José Manuel Pequeño, por mor das súas vacacións anuais.

E mentras os socialistas se reunían en Camariñas, os populares do entorno da Costa da Morte acudían, comandados polo ex ministro Romay Beccaría, a Carballo, no Hotel Punta del Este, para deseñar a estratexia da campaña. Aparte, polo visto, de aplaudir e calar deixando aquelo de falar claro para máis adiante, obviamente para despois do día das eleccións: si falan antes non vaia ser que espanten ao electorado. Unha auténtica pena a reunión ésta do Hotel Punta del Este xa que aquí en Camarinas.eu esperábamos que xa que os socialistas camariñáns se reunían na súa sede, os populares locais fixesen o mesmo na súa e celebrasen unha reunión cos delegados da zona nas instalacións que veñen okupando ilegalmente dende hai xa 10 meses, os 300 días que pasaran aos anales da historia da política da Costa da Morte. Unha verdadeira mágoa, alí ao lado do mar, sentindo a brisa nos fuciños, nunha terraza conquistada a sangue e fogo e cas copas e os chupitos correndo da conta do noso querido e tembloroso cociñeiro naviero e os chistiños e as bufonadas a conta do tonto do pueblo, esto é, o auxiliar administrativo do peito palomo, aquel que segundo conta o seu xefe foi o único responsable de tódalas maldades perpetradas nestos dez anos pola dupla destructora popular.

Pero non parece estar o patio dos populares camariñáns para máis aventuras náuticas, unha agrupación dividida, destrozada, implosionada dende dentro hai tempo e na que os escándalos e desencontros persoais entre os seus principais membros xa non se esconden e saltan á luz, entre ximoteos e balbuceos, en internet. Un espectáculo certamente patético. Por favor, que alguén poña fin a esta agonía e unha rexeneración política en condicións, aire fresco, comence no mundo político camariñán. Nembargantes, haberá que esperar ao 21-O, unha data crucial para comprobar a que extremos chega o fartazgo da cidadanía co actual sistema de partidos. Unha cita clave para constatar ata que punto fixo crack o modelo de estado saído da Transición.

Comentarios   

un de eiquí
0 # el trabajadorun de eiquí 02/10/2012 16:24
yo le diria a mi querido compañero chocolata que no le haga caso a los redatores de camariñas.eu ¡¡jose tu si que sabes vvir bien sin nunca trabajar y teniendo dos criadas que trabajan por ti¡¡ mira que gordo te tenen
Responder | Denunciar ante o administrador