- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 16 Decembro 2007 16 Decembro 2007
Onte sábado 15 de decembro, a nova corporación surxida das eleccións municipais de maio rematou a ronda de encontros cos veciños de todas as parroquias do concello cunha reunión celebrada na casa de pedra na que o alcalde Pichurri, acompañado por catro dos seus concelleiros, pudo coñecer de primeira man os problemas e necesidades reais dos veciños da parroquia de Camariñas que acudiron ao citado encontro. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver un vídeo do acto.
En dita reunión, a cal comezou ás 18:00 da tarde e que se extendeu por un prazo de dúas horas, o alcalde citou varios temas de interese coma o da subida das taxas do lixo como consecuencia da incorporación obrigatoria do Concello de Camariñas ao Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos que leva a cabo a empresa pública SOGAMA que provocou numerosas preguntas da xente que alí estaba congregada. Ao remate das exposicións de Pichurri, a xente tivo a súa oportunidade, e aproveitárona para recalcar varios temas dos cales destacou a actual situación do servizo médico en Camariñas. Remata desta maneira unha boa iniciativa que haberá que ver si ten continuidade en exercicios posteriores.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.