Volve o engano masivo ao que foi sometido o pobo de Camariñas

Dentro da tomadura de pelo constante que se infrinxe aos cidadáns e supoñendo un novo exemplo do vello adaxio que reza que un partido político mirará antes os seus intereses particulares que os da sociedade que di representar, esta semana, a un mes das eleccións autonómicas, retomáronse as obras de remodelación do Muelle Novo. Ahí volve a haber un movemento de terra, palas, unha draga e homes que non sabemos se desaparecerá misteriosamente o 22 de outubro, o día seguinte ás eleccións. Porque a nosa limitada mente non acaba de comprender como non se reanudaron antes ou xa postos por que si tiveron que interrumpir no seu momento. Ven a ser algo semellante o destas obras a aquel sábado de marzo de 2007 no que en sesión de mañán e tarde operarios da empresa López Cao se afanaban en rematar as obras do Paseo Marítimo ante a visita que rendía en plena campaña electoral o que daquela era Presidente da Xunta de Galicia.

Ante elo, os populares camariñáns correron alborozados a batir palmas alabando desenfrenadamente aos seus amos centrais e ao recibir a máis mínima crítica como se dun adolescente inseguro se tratara montaron en cólera, falaron demagóxica e impropiamente por boca de toda a cidadanía e pasaron a un ataque destemplado, típico neles, poñendo fatalmente de manifesto algún (ou case todos) dos rasgos que definen dende hai xa anos a unha agrupación local destrozada, dividida e descomposta como a do Partido Popular. Unha serie de rasgos idiosincráticos, únicos e intransferibles, absolutamente necesarios para tratar de manter a ficción da unidade popular en Camariñas, para explicar os seus fracasos perpetuos no concello e para manter sen traballar aos principais cráneos da agrupación, rasgos que serán obxecto no presente ensaio dunha completa vivisección pola sección política de Camarinas.eu.

O primeiro é o do victimismo. Un victimismo pertinaz, permanente, reiterativo, cansino e... falso. Así, un cidadán despistado que seguira ao pe da letra a primitiva e elemental teoría política desenrolada durante estos anos polos dous cráneos xefe dos populares camariñáns tería a impresión de que unha vez pasado Lexas o visitante entra nun miniestado soviético, rexido dende hai case trinta anos por unha tiranía socialista onde o único espacio de democracia e liberdade, un verxel económico e social no medio dun deserto, estaría constituido polas instalacións okupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas: o único ámbito en verdade conquistado polo PP en trinta anos de andaina democrática. Que elo se conseguira ignorando o resultado apabullante da votación dunha asamblea, vulnerando un contrato e incumprindo unha sentencia xudicial parecen ser pequenas minucias sobre as que se pasa por enriba, xa que o que en verdade se trataba era de impedir a toda costa "unha invasión socialista" no CNC: un mal de consecuencias apocalípticas que gracias a Deus se abortou perpetrando nembargantes outra invasión, esta popular, en toda regra, a sangue e fogo. Pero onde o victimismo chega a un extremo especialmente delirante e surrealista é alí onde sirve para explicar o fracaso empresarial  estrepitoso do así chamado Peito-Palomo-Blanco, un gigoló político con peito bastante para vivir a costa das mulleres (unha esposa e unha sogra) que alude a unha suposta persecución por parte do Concello de Camariñas. En efecto, resulta curioso comprobar a mentalidade de parásito dun vividor para o cal unha única administración pública constitúe todo o universo empresarial ao que ofrecer os seus servizos, e elo a pesares do sobrecosto do 40% ou 50% que conlevan os seus productos, os dun intermediador que únicamente encarece precios, él tan preocupado dende sempre polos destinos da economía municipal. Así pois, constátase con asombro como un partido de ideoloxía conservadora e ámbito nacional, que goberna actualmente en tódolos ámbitos administrativos, un partido normalmente gañador en definitiva, recurre en Camariñas a unha técnica que está nos fundamentos mesmos da ideoloxía nacionalista: a do victimismo, tratando de convertir recurrentemente todas as súas moitas derrotas en victorias a base de propaganda incesante, demagoxia burda e elemental e sobredosis sorpresivas de victimismo.

Xa en segundo lugar, resulta obvio que para poder manter a cohesión interna ante tanto batacazo sucesivo cae de libro que fai falla recurrir á existencia dun enemigo interno e outro externo: alguén ao que poder culpar de tódolos males así como tamén moi conveniente para desviar a a atención de outros expedientes xa non tan vendibles anta a cidadanía e o propio electorado se se da o caso. Séguese neste punto a liña marcada en tempos por célebres estados totalitarios como a Unión Soviética (dentro: enemigos do pobo, contrarrevolucionarios/fóra: nazis, despois americanos) e a Alemania nazi (xudíos/soviéticos). Respecto ao enemigo interno, suposto culpable de airear extramuros confidencias e secretos, negarse a votar ao candidato popular nas municipais e sobre todo, de opoñerse por pura decencia e dignidade persoal ás ambicións náuticas do mandamáis naviero, nun sumario calcado a aqueles procesos stalinistas que no Moscú dos anos 30 levaron a centos de miles de inocentes ao cadalso, inculpouse, xuzgouse sen dereito algún á replica e condeouse sumariamente en execución pública a tres integrantes dunha mesma familia (membros fundadores de Alianza Popular na Costa da Morte, ahí queda eso) a expulsión fulminante, deixando para outros casos esa "liberdade" da que tan cansina e ridículamente se proclaman únicos portadores. Respecto aos enemigos externos, éstos virían representados polo goberno municipal, un conxunto de xenocidas liberticidas que dende as tres ou catro competencias elementais que manexan (recollida de lixo, subministro de auga, alcantarillado, cementerio) convertiron durante estos 30 anos ao concello nun estado prisión, unha longa noite de pedra na que os cidadáns viven aherroxados e indefensos, e por unha web independente e apolítica que inesperadamente lles saío ao paso no proceso de golpe de estado no CNC. Unha redacción plural, na que as distintas opcións ideolóxicas sempre estiveron representadas, e que por elo preferío dende antigo manterse alonxada da política, o gran mal do noso tempo, e das súas hediondas e nauseabundas loitas de poder. Si tan só entrou en liza neste 2012 non foi para apoiar a opción ideolóxica algunha (ahí está a hemeroteca) senón para repeler o ataque brutal que se estaba a perpetrar contra a sociedade libre, contra a asociación máis importante do concello, intentando dominar e destruir dunha vez e para sempre o tecido asociativo camariñán, por unha mafia política, a cal non dubidaba en utilizar as estructuras e forza dun partido para defender os intereses privados dun político. Sen dúbidas estábamos (e estamos) ante o maior escándalo da historia da Costa da Morte.

Todos os rasgos anteriores para manter un partido destrozado, dividido, implosionado dende dentro a base de derrotas, negocios privados, ambicións sucesorias, escándalos, tolerías, borracherías, e un descontrol tan absoluto que tivo como exemplo paradigmático o feito de que en todo o verán non foran quen de enviar a un só dos seus representantes aos distintos actos oficiais, a maioría deles relixiosos, que tiveron lugar no concello e que cando alguén sí estivo representando moi dignamente ao seu partido fora obxecto dos peores insultos e dos ataques máis desproporcionados dende a páxina oficial do seu propio partido. Unha agrupación na que o seu máximo dirixente abomina en privado do secretario xeral sempre que ten ocasión, así os presentes lembrarán aquela derradeira Cea do Socio celebrada no Club Náutico, agosto de 2011, a infausta noite en que Viproga SL cavou a súa tumba, como o sheriff popular falaba animadamente na barra do bar cun dos redactores de Camarinas.eu e, ante a sorpresa deste, empezaba a dar unhas explicacións non pedidas: "Eu, no da denuncia a Pichurri non tuven nada que ver... coño, si é meu amigo...von tomar viños con el... Eso foron chocolatadas... ¡puenteáronme!... foron o Chiculate e todos estes a falar directamente con Alfonso Rueda, este chamoume e díxome: "coño, Daniel, ahí hai que ir a muerte"... eu non quería denuncialo... sonche éstes que son uns fanáticos". Unha conversación sospeitosamente calcada á que tiña lugar cuns socios do CNC este mes de marzo nun restaurante da Coruña tras ser sometido o xerifalte popular a un terceiro grado no edificio da Deputación Provincial por Diego Calvo, Carlos Negreira e Álvarez-Campana: "bah, eu díxenlles que no tema das expulsións non tuven nada que ver... eso foron chocolatadas... el fui o que levou todo o tema e instruío os expedientes". Unha técnica mental esta do "non tuven nada que ver" que se cambia segundo conveña pola de "vinme obrigado a": así en ocasións dependendo do lugar e interlocutor, sobre todo se o secretario do peito palomo anda cerca, soltará aquelo de "ante as denuncias anónimas dos cidadáns vinme obrigado a denunciar a Pichurri", ou tamén non hai moito, na terraza do bar de Casino en conversa cun directivo do CNC ("coño, tu y yo que somos casi parientes") cando larga aquelo de "y claro, una vez que yo ya no esté en el Náutico me voy a ver obligado a denunciar el tema de la situación de la cafetería". Non aclara cal é esa forza sobrehumana e insoslaiable que obrigará a este cidadán exemplar, modelo de tódalas virtudes, a interpoñer a citada denuncia, nen tampouco por que non a interpuxo antes, nos días de gloria de Viproga SL, nin agora, mentras os ex-concesionarios seguen a okupar ilegalmente as instalacións. Prefire deixalo misteriosamente para o futuro, para aquel día que xa non esté.

E así, querido accionariado apolítico e independente de Camarinas.eu, sirva este humilde e incompleto esbozo ensaístico para tratar de desgranar aqueles rasgos, tres ou catro, que explicarían as forzas que moven e animan a actuación da agrupación política máis incomprensible, contradictoria (falan de liberdade e okupan clubs náuticos, preocúpanse pola situación económica do concello e queren obrigalo a pagar un sobrecusto do 40% ou 50% en toda a súa papelería, prepáranse para unha kampaña elektoral e non acatan os resultados apabullantes dunha asamblea, e así poderíamos seguir ata o infinito), dañina e letal xa non da Costa da Morte senón posiblemente de Galicia. Unha realidade tan estrana e indescriptible que ningunha intelixencia medianamente normal pode explicarse e na que as saídas, decisións e ocurrencias máis disparatadas e surrealistas sempre acabarán abríndose paso, senón a ver ¿como se explica que o auxiliar administrativo máis deslumbrante e orondo que viron os tempos, pero auxiliar administrativo ao fin e ao cabo, acabe convertido por mor de tres ou catro expulsións fulminantes en todo un Maxistrado (do Río do Prado)?

Comentarios   

Neo82
+5 # RE: Obras a 1 mes das elecciónsNeo82 16/09/2012 20:30
O ideal seria ter eleccions cada dous meses, asi teriamos as dragas a diario (non digo o que poidan facer aparte da presencia).... e a autovia e o parador de Muxia..... e calqueira cousa que se poida inventar.... Somos parvos os Camariñans?
Responder | Denunciar ante o administrador
CAMACHO
+4 # RE: Obras a 1 mes das elecciónsCAMACHO 18/09/2012 08:23
ese secretario do pp da pena xa non sale nin a calle esta todo o dia enserrado no ordenador.esta como unha chota.que par de elementos son estes dous.
Responder | Denunciar ante o administrador
VAIA DOUS
+4 # menudo par de individuosVAIA DOUS 18/09/2012 10:06
Non me explico coma unha formación política da categoría do pp, e a que eu levo vontando dende hay uns anos, ten na cabeza visible do partido en Camariñas a estes dous individuos (por chamarlles de algunha maneira) dan vergonza allea, señores mandamases do pp, como votante pidolles encarecidamente que soluciones esta desfeita, en Camariñas hay xente moi válida para sustituir a estes cantamañanas.
Responder | Denunciar ante o administrador
¡¡¡VIPROGA PAGA¡¡¡
+1 # RE: Obras a 1 mes das eleccións¡¡¡VIPROGA PAGA¡¡¡ 19/09/2012 14:29
¡¡home¡¡ eses dous teñen que defender os seus jefes por riba de todo incluido por riba do seu pobo,dos seu votantes e por riba da sua propia familia por eso se manteñen no seu posto.Si estyuvera vivo Don Manuel Fraga esto non pasaba e esta mafia do pp de camrairñas tería que porse a traballar. xa me olvidaba dos traballadores de viproga que están esperando a cobrar os seus soldos que lles roubou un o jefe da mafia. e ahora Viproga SL ocupando ilegalmente o club nautico de Camariñas esto é a repanocha. jajaja xa me río por non chorar vaia pais máis cutre o noso no que non existe justisia
Responder | Denunciar ante o administrador