1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Todo listo para que empece a primeira campaña electoral okupa da historia de CamariñasFalar nestes tempos que corren da credibilidade dun político pode chegar a resultar ata unha broma macabra pero é o caso de que en Camariñas chegouse a uns extremos non imaxinados nin pola mente máis delirante. Unha situación de putrefacción en estado puro. Deixando por un día á marxe okupacións ilegais, procesos de golpe de estado contra asociacións da vila perfiladas ao milímetro por formacións políticas, escándalos alcohólicos e campañas de acoso de esos mesmos partidos contra os cidadáns que pagan os seus impostos, imos hoxe a falar da credibilidade que pode ter un político camariñán enxuizando dous episodios do pasado máis ou menos recente que remiten por un lado ao valor da palabra dada, do compromiso, ante os propios familiares e por outro ante os propios votantes, aqueles que confían en ti e dos que ao final dependes.

O primeiro dos dous casos anteriores remite a unha sentencia dictada o pasado 3 de outubro de 2011 no Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión, no marco do proceso ordinario nº 108/2011. A sentencia 00116/2011, condeaba a un político camariñán habitual perdedor de todo tipo de procedementos xudiciais a pagar a unha persoa do seu entorno familiar máis inmediato, máis concretamente a unha das súas irmáns, a cantidade de 88.438,10 € + intereses e costas xudiciais, un importe en definitiva superior ao de 100.000 euros. Os sucesos que deron lugar a un pronunciamento xudicial tan contundente foron máis ou menos tal que así: con motivo do reparto da herencia materna os beneficiarios chegaron a un acordo polo cal un deles renuncia á súa parte, a lexítima, a cambio dunha cantidade que cada un dos irmáns deberá abonarlle. Con motivo deste acordo, o político camariñán e a súa irmán deciden rubricar por escrito o mesmo comprometéndose este a pagar nunha determinada data a cantidade acordada e ofrece como aval do pago da mesma unha das propiedades que lle tocaron en sorte no reparto da herencia: unha casa unifamiliar situada nun céntrico cantón de Camariñas.

Neste punto cómpre lembrar que estamos a falar dunha persoaxe que vira como o seu negocio empresarial se derrumbara con estrépito no medio dun escándalo de débedas deixadas de pagar, pufos cos seus traballadores, agresións constatadas pola Inspección de Traballo contra os mesmos e que contaba con sentencias unánimemente adversas na súa contra xa naquela época por centos. A gran maioría delas pronunciamentos xudiciais favorables aos seus traballadores polos que era condeado a pagarlle as cantidades adeudadas, sempre por miles de euros, nembargantes debido a situación de quiebra absoluta e radical que consecuencia dunha xestión empresarial calamitosa e dunha vida a todo tren de luxos e excesos, a súa estrataxema pasaba por declararse insolvente e que finalmente o FOGASA, Fondo de Garantía Salarial, é decir todos nós cos nosos impostos, acabara pagando os pufos. Precisamente por elo presúmese que cando chegou ao acordo hereditario antedito xa tiña en mente acudir a súa vella estratexia de sempre, a da insolvencia, para adquirir unhas propiedades hereditarias sen ter que pagar un só peso. Para elo optaría por transmitir a propiedade ca que avalara o acordo hereditario a unha persoa do seu entorno máis inmediato. Todo elo nas mesmas datas nas que se rubricaba cunha persoa da súa mesma sangue o citado acordo. Unha actuación, a de transmitir unhas propiedades cas que se avala un acordo, que tanto se achegaría ao delito de alzamento de bens ("cualquier acción de un deudor dirigida a la sustracción u ocultación, de todo o parte de su patrimonio, dirigida a que el acreedor encuentre dificultades para hallar elementos patrimoniales con el que poder cubrir su deuda") regulada no artigo 257 do Código Penal e castigada con penas de prisión de un a catro anos e multa de doce a veinticatro meses. Unha vez recaída na xurisdicción civil a sentencia antes descrita, era vontade nun primeiro momento da víctima deste político camariñán a de interpoñer denuncia penal por delito de alzamento de bens (algo, que con estes antecedentes presumiblemente acabaría con pena de cárcere para éste), non podendo Camarinas.eu acreditar si finalmente se interpuxo a citada denuncia ou polo contrario as bágoas de cocodrilo lle ablandaron o corazón. Se polo que respecta á actuación dun político cos seus propios familiares sucede o que acabamos narrar, ¿que tal sería xestionando unha administración pública, poñamos por caso un concello, cos seus apetitosos millóns de euros de orzamento?

Pero si esto pasa na política camariñana polo que respecta aos deudos máis cercanos, imos como segunda derivada da tesis que agora expoñemos co trato que reciben os votantes, aqueles que en mala hora cruzan o perigoso umbral da coincidencia ideolóxica e pasan a facer negocios con políticos desta calaña. Foi o caso que con motivo das eleccións municipais de maio de 2011 o candidato polo PP á alcaldía dun concello do entorno de Santiago de Compostela (digamos a título de exemplo que Boqueixón) decide ante a crucial cita que se aveciñaba e sen dúbidas pensando que un electorado co bandullo cheo vota mellor, animar as paixóns municipais celebrando unha xigantesca sardiñada. Coñecedor un político camariñán destas intencións gastronómico-electorais decide intervir no asunto asegurando que a compra do producto será cousa súa, para elo acude a unha empresaria de peixe residente no norte do noso concello, simpatizante habitual da fomación política que comanda este intermediario naviero, e adquire sardiñas por un importe próximo aos 3.000 euros. Nembargantes o escándalo salta en toda a súa magnitude cando pasados uns meses empeza a filtrarse polos mentideiros camariñáns rumores cada vez máis insistentes de varios episodios nos que esta empresaria conta a todo aquel que queira escoitala que aínda non vío un peso. O asunto adquire tintes nauseabundos cando se constata que aquel candidato do entorno santiagués, agora convertido en alcalde, pagou relixiosamente ao pouco tempo de celebrada a sardiñada o encargo recibido ao político que dunha maneira tan misteriosamente solícita se ofreceu a intermediar na compra. Esto polo que respecto ao valor da palabra dada ante o teu propio electorado... que lle poderá esperar ao alleo.

Con estos antecedentes resulta comprensible o descrédito absoluto e radical ao que caío a política en España: unha profesión da que todo o que ten outras saídas abomina e fuxe espantado e na que acaba recalando o peor que hai na nosa sociedade: refúxiase na política o que parece que non vale para outra cousa. Especialmente sintomático o caso camariñán, digno de estudio: un partido de oposición reconvertido en mafia política, en arma arroxadiza da que vivir os seus dous principais cráneos navales, o okupanáuticos pendenciero e borrachín e o o bufón do peito palomo blanco, aquel pobre retardado histérico e chorón, que non ten o máis mínimo recato en, a semellanza das andanzas do seu amo, mentir desvergonzada e repetidamente aos seus propios lectores. A política, querido accionariado de Camarinas.eu, o gran mal do noso tempo. En realidade de tódolos tempos.

Comentarios   

Jose Antonio Amen
-4 # DemagogiaJose Antonio Amen 10/09/2012 10:45
Las mentes grandes hablan de ideas
Las mentes medianas hablan de hechos
Las mentes pequeñas hablan de sucessos
Las mentes pobres hablan de los demás
Responder | Denunciar ante o administrador
AJAB
+6 # RE: A historia dun pufo familiarAJAB 10/09/2012 16:57
las mentes peligrosas y corruptas ocupan club nauticos, engañan a su familia,asaltan n egocios, denuncian a medio pueblo,no pagan a sus trabajadores, agreden a sus trabajadores, etc. Señor Jose antonio le hago una pregunta ¿usted cree que más de 50 sentencias judiciales en contra son demagogia? ¿respeta usted la justicia española?
Responder | Denunciar ante o administrador
un de eiquí
+3 # pufos fueraun de eiquí 10/09/2012 20:53
mui buena noticia, que la gente d emi partido sepa a qien tenemos, ya solo los apoyan contrabandistas portugeses y enfermeras que entraron por enchufe en los hospitales. van buenos de chupar en el nautico¡¡
Responder | Denunciar ante o administrador
Filósofo
0 # filósofo de silveiraFilósofo 11/09/2012 07:59
lo que nos faltaba sras. y sres. a los corruptos les sale un abogado defensor, estudiado na "UNIVERSIDAD DA SILVEIRA" vaya filósofo, claro que no es de extrañar por quien financia sus vacaciones en Camariñas de la manera que muchos sabemos. Con semejantes elementos Dios nos coja confesados. Amen
Responder | Denunciar ante o administrador
pufistas
0 # demagogiapufistas 12/09/2012 07:37
Sr. José Antonio Amen, con todo o respeto que vostede merece (ningún), permitame decirlle que se equivocou de páxina, vostede habitual colaborador da esterqueira cibernética, o comentario que fixo eiqui vaille como anillo o dedo a o seu diario de cabeceira donde defenden e axudan A PUFISTAS E OKUPAS, fágame caso e volte a cloaca e siga filosofando nela.
Responder | Denunciar ante o administrador
Maria RRD
+4 # RE: A historia dun pufo familiarMaria RRD 12/09/2012 17:42
¡LO QUE ME FALTABA POR VER EN EL PP DE CAMARIÑAS! Q sinverguezas
Responder | Denunciar ante o administrador
Reimundo
+3 # RE: A historia dun pufo familiarReimundo 13/09/2012 20:05
Dios nos coya con fesados si estes delincuentes colle o poder na ayuntyamento. e este e un desatre de home
Responder | Denunciar ante o administrador
troitamullo
+1 # RE: A historia dun pufo familiartroitamullo 13/09/2012 20:08
OS PUFISTAS DEFENDENSE UNOS A OUTROS E SI SON CON BIGOTE MAS SE DEFEDEN jijijiji
Responder | Denunciar ante o administrador
luso
-8 # respeto ante todoluso 13/09/2012 20:47
disiento con tu criterio del respeto,cada uno sea de donde sea,se merece el respeto de todos los demás.El hecho de no comulgar con las ideas politicas propias no significa que no merezca respeto de persona a persona.Eso no quiere decir que los calificativos hacia los medios de comunicacion de tendencias partidarias distintas no puedan verterse en el libre juego de la libertad de expresión.Es de buena persona disculparse ante una falta de respeto.


Cito a pufistas:
Sr. José Antonio Amen, con todo o respeto que vostede merece (ningún), permitame decirlle que se equivocou de páxina, vostede habitual colaborador da esterqueira cibernética, o comentario que fixo eiqui vaille como anillo o dedo a o seu diario de cabeceira donde defenden e axudan A PUFISTAS E OKUPAS, fágame caso e volte a cloaca e siga filosofando nela.
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
-2 # RE: A historia dun pufo familiarreira 13/09/2012 21:50
Hola eu bou a dar a miña opinion o respeto e espero non ofender a nadie ou eso non e a miña intencion:Respe to o PP a verdad que non me gusta a politica pero en toda a miña vida botei unha vez e ese boto non foi pa eles unha que teño moi boa relacion co Director de esta paxina e outra que o PP e un partido que non me gusta polas miñas razons,o que si quero decir deixando a politica a parte e que Jose Antonio Amen e unha gran persona e falo porque o conozco e lebome moi ben con el de fai anos,estubemos varias veces tomando algo xuntos e que eu sepa nin debe nada a nadie e non ten problemas en pagar unha volta como o que mais,independie ntemente da politica para min Joseamen e unha gran persona e un gran amigo como o e Diego e moitas personas dos que lebamos moitos anos anos en esta paxina,inda que no solamos escribir moito como o faciamos antes penso que somos moitos os que segimos leendo e entrando aqui,saludos a to2 e a miña opinion e espero non ofender a nadie.
Responder | Denunciar ante o administrador
unmais
0 # RE: A historia dun pufo familiarunmais 13/09/2012 23:01
Eu non digo que José Antonio sexa mala persoa, pero o indefendible e indefendible. Cantos problemas trajo de Santiago Danielito e cantos ten aqui en Camariñas. (De tal palo tal astilla)
Responder | Denunciar ante o administrador
Maria RRD
+1 # RE: A historia dun pufo familiarMaria RRD 14/09/2012 08:53
yo creo que el tal José Antonio Amén -q no tengo el gusto de conocer- tendría que decir claramente por que defiende a personas que están implicadas en tantos casos judiciales y con tantas sentencias en contra.además me parece estupendo que se publiquen este tipo de noticias para que los electores sepan realmente a que clase de persona votan. Muxas gracias
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
-4 # ante todo repecto o proximokinos 14/09/2012 16:35
Quero unirme e elogiar os comentarios de Reira como tamen o de luso.Eu creo que todos teremos o dereito de expresarnos libremente en calqueira paxina,e poi iso naide merece ser descalificado con invectivas hacia unha persoa que o seu delito so e expresarse nun medio de comunicacion.Po r iso o meu apoio a JoseAntonioAmen ,porque ninguen merece ser obxetivo de hostilidades,ta n so por ter criterios firmes e distantes a outros comentaristas.U n pouquiño de por favor!!saudos a todos
Responder | Denunciar ante o administrador
troitamunso
+2 # RE: A historia dun pufo familiartroitamunso 14/09/2012 17:10
totalmente dacordo co comentarios de Maria rrd.Si una persoa defende a outra con tantas sentencias en contra pois que o explique pq eu de verdad non entendo por que defende tanto a pufistas.E tamen eston dacordo con que camarinas.ei siga publicando estas noticiad q nos ensenan a verdadeira cara destes artistas.

Cito a Maria RRD:
yo creo que el tal José Antonio Amén -q no tengo el gusto de conocer- tendría que decir claramente por que defiende a personas que están implicadas en tantos casos judiciales y con tantas sentencias en contra.además me parece estupendo que se publiquen este tipo de noticias para que los electores sepan realmente a que clase de persona votan. Muxas gracias
Responder | Denunciar ante o administrador
un de eiquí
+3 # RE: A historia dun pufo familiarun de eiquí 14/09/2012 17:27
yo le preguntaria a joseantonio amen si tamien defenderia a mi presidente local si le dejara de pagar unas cantas nominas, si lo intentara agredir como le hizo al secretario del nautico o si lo agrediera como hacia con sus trabajadores y tamien si le okupara la casa y no le saliera de endentro... pero que es eso de que hay que respetar todas las opiniones? se puede defender que breton matara a los hijos??? pero esto que es señores? basta ya de demagogia y tonterias¡¡¡
Responder | Denunciar ante o administrador
sosio
0 # RE: A historia dun pufo familiarsosio 14/09/2012 20:17
eu qisera saber que pasou co camariñas de balomano que diso que iva ir sunta danielito e despos marchou po faro non teñen verjuensa como socialista sa non volbo ser sosio que vaia pa sunta os pufistas do ppe o andresito o seu amijo o ladron
Responder | Denunciar ante o administrador
DON ANDRES
-1 # RE: A historia dun pufo familiarDON ANDRES 15/09/2012 00:50
AY ANDRES, QUIEN TE HA VISTO Y QUIEN TE VE, DE ESTA VEZ TE HAS PASADO DE VUELTA DE TUERCA, SI TE VE DON ANDRES, AQUEL QUE JUNTO A JOSE LUIS EDIFICÓ EL CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS, ALIADO JUNTO A PUFISTAS, LADRONES Y OKUPAS DE LO QUE DON ANDRÉS CREÓ. QUE VERGUENZA PARA TU ESTIRPE QUE DIOS TE COJA CONFESADO.
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
-5 # Unha penakinos 16/09/2012 07:39
Visto o visto queda comprobado que non todos comparten o respeto que merece toda persoa, onde intentei emanar no meu comentario precedente e rechazado por algun Sr ou SRa.Unha verdadeira pena que non todos estean dacordo que se deba tratar con respeto os demais por cima de convicions politicas ou outras.Ante tales feitos, e a base de reflexion,decid o non ser participe comentarista en ninguha cronica futura,o que por outro lado non significa que seguirei as noticias como lector habitual,xa que o desagrado que suscito hacia algunha persoa e latente,o cal eu si os respeto pero me e imposible de entender que tales pretensions residan na mente humana.Saudos e Grazas pola vosa atencion!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Maria RRD
-4 # RE: A historia dun pufo familiarMaria RRD 17/09/2012 14:17
Tampoco es para tanto kinos hombre relajate yo lo q digo es q si una persona defiende a un delincuiente pos q lo explique si es q tiene explicación.yo no se la encuentro la explicacion pero supongo q el la sabra.esta interesante el debate
Responder | Denunciar ante o administrador
CAMACHO
0 # RE: A historia dun pufo familiarCAMACHO 18/09/2012 08:14
Un politico que deixa pufo a su herman increible señores.Este pp de aqui esta desfeito de todo si estuvera Fraga non pasaba esto qe esta pasando por favor que marchen xa.esto non ten perdon de dios
Responder | Denunciar ante o administrador
socio do nautico
+2 # RE: A historia dun pufo familiarsocio do nautico 20/09/2012 10:14
mima qe manda de ladrons.espero que o xues dicte pronto a lanzamiento do desahucio de viproga do nautico de camariñas para q lles caiga a cara de vergonsa a todos o s seus jefes e amigotes extranxeiros.
Responder | Denunciar ante o administrador
opina en liberta
0 # RE: A historia dun pufo familiaropina en liberta 30/10/2012 15:41
Mimadriña ¿esto que eeee? Esta xente non ten a donde ir cuidadevos destes en camariñas.que pufistas son mimadiña
Responder | Denunciar ante o administrador
otro que alucina¡¡¡¡
-2 # No los hay peores en camariñasotro que alucina¡¡¡¡ 30/10/2012 21:47
Era de esperas,como delincuentes se llevan la palma¡¡¡¡¡quier en robar el nautico,colocar on palillos y silicona en la cerradura de la puerta de la oficina,levanta ron calumnias a gente decente,ya solo les falta atracar.A estas alturas ya me creo todo,puesto que la justicia pasan de ella,como si fueran ellos los justicieros del mundo.¡¡ a lo que llegamos¡¡¡
Responder | Denunciar ante o administrador