1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Núñez Feijoo e Chuquiño nas épocas en que o PP de Camariñas aínda non okupara o CNCAquela antiga frase que reza que un partido político se ocupa antes dos seus intereses que dos da colectividade que di representar nunca estivo máis xustificada que na Camariñas dos nosos tempos e elo por partida dobre. En primeiro lugar ca constatación dos feitos así chamados autóctonos: agora, á luz da convocatoria de eleccións autonómicas para o 21 de outubro, un dase conta que se a Dirección Provincial do PP non puxo coto ao escándalo náutico sen precedentes que os dous cráneos navieros da agrupación local do seu partido estaban perpetrando en Camariñas era sinxelamente porque baraxaba, hai xa seis, sete meses, que finalmente habería que adiantar os comicios ao Parlamento galego a unha data próxima a outubro do 2012. Así, por mero interés partidista deixou que unha mafia política continuara destrozando un concello, despezando a súa principal asociación privada e perpetrando ante un pobo abraiado o maior escándalo da historia da Costa da Morte.

A segunda constatación da anterior aseveración remite xa ao mundo da gran política: despois de obrigar á sociedade a soportar o peso do maior axuste da historia de España se o PP galego adianta as eleccións é sinxelamente porque o peor aínda está por vir, un drama social de tal calibre que fará que as expectativas dos populares se desplomen sen remisión posible despois do 21 de outubro. Ante elo, óptase por retrasar os novos axustes a semellanza do xa acontecido co caso andaluz: seis meses de reformas perdidos por ver si Javier Arenas se facía por fin ca Junta de Andalucía. Da auténtico pavor pensar nas medidas que o Goberno nacional xa ten agora pensado acometer despois do 21-O para que elo forzase a Nuñez Feijoó a anticipar en 6 meses as eleccións. Así, non é desbotable que os empregados públicos vexan suprimidas as súas vacacións anuais a maiores das dúas pagas extras, os parados queden sin a a axuda dos 400 euros, os nosos maiores sufran un drástico recorte nas súas pensións, e por suposto novas subidas de impostos completen o cuadro. Uns sacrificios aos que a cidadanía podería acceder de mellor ou peor grado se non fora pola tomadura de pelo que se lle inflixe a diario en forma da escandalosa nómina de asesores ca que os partidos políticos inundan as diferentes administracións e que no caso galego ascende só na Xunta de Galicia a 141 persoaxes nomeadas a dedo polo goberno autonómico que costan ao contribuinte 7 millóns de euros ao ano. Non imos falar do caso dun iletrado que por non ter non posúe case nin o graduado escolar e que chupa 25.000 euros o ano por asesorar na Deputación Provincial a funcionarios do Subgrupo A1, a élite da función pública: ¿asesoralos a qué? ¿a delinquir? ¿a agredir físicamente aos seus traballadores? ¿a non pagarlles os seus lexítimos salarios? ¿eso a familias con fillos, que dependen do soldo dun pai, dunha nai?, entón ¿a ensinar como andar a patadas co Secretario e co Interventor da Deputación cando un informe sexa desfavorable? ¿a deixar un rastro de pufos sin fin? ¿a despreciar o resultado de eleccións no que eran ata entón respetables e exemplares asociacións privadas? ¿a okupar ilegalmente clubs náuticos?. Con estos antecedentes, os cidadáns (sinxelos contribuintes, parados, pensionistas, empregados públicos) non poden deixar de pensar que todos estos sacrificios recaen co seu peso de miles de toneladas nos seus doloridos e marchitados lombos tan só co fin de que toda esta ralea de políticos, asesores, amiguetes, amigoches e chupópteros, parásitos todos, sigan a vivir sen traballar.

Polo que atinxe á deriva camariñana das eleccións autonómicas o principal interese das mesmas ven constituido pola dúbida de si os dous principais cráneos navieros do PP local osarán acometer unha campaña electoral co seu carrusel de mítines, promesas, sorrisos e frases altisonantes cun Club Náutico okupado ilegalmente. ¿Atreveranse a falar de democracia, respeto ao resultado das urnas, cumprimento estricto da legalidade vixente e todas esas mandangas máis ou menos grandilocuentes cas que o verbo fluido dun político en campaña soe envolverse nas datas nas que se xoga literalmente a vida cando as expectativas privado-náutico-empresariais do mandamás popular en Camariñas foron desbaratadas en tres frentes: democrático (o resultado apabullante dunhas votacións no CNC que se pasa polos forros), legal (un contrato impecable xurídicamente que se ignora cun desprecio olímpico) e xudicial (unha devastadora sentencia do Xulgado nº2 de Corcubión que non se cumpre)? O anterior adquire tintes máis dramáticos se temos en conta que os destinos de ambos, constatado que o seu relevo ao frente da agrupación local producirase despois dos comicios autonómicos, dependerá do resultado que experimente o seu partido o 21-0 en Camariñas: un acomodo máis ou menos dourado para o día despois que depende en primeiro lugar da victoria autonómica e, nese caso, da contribución camariñana á mesma. Agora sí imos ver a dous tipos que se xogan literalmente os seus destinos, por eso dunha forma un tanto lacrimóxena e sensiblera (o estilo habitual, que se lle vai facer) deron xa este venres 31 de agosto o pistoletazo de saída á campaña electoral.

Con todo, nada pode predecirse da futura conducta dos dous principais ideólogos do proceso de golpe de estado no CNC. Sobre todo cando a experiencia demostra tras xa case oito meses de okupación ilegal que unha intelixencia medianamente normal non basta para aprehender, para intentar poñer un pouco de orde e raciocinio nuns comportamentos inaprensibles e incomprensibles. Ao final e despois de tódolos innumerables esforzos máis ou menos racionais por intentar explicarnos uns acontecementos sen parangón en lugar algún, un chega á conclusión de que tal vez todo se reduzca en definitiva aos vicios masivos, aquelas adiccións insuperables de un (que explicarían os seus reiterados intentos de agresión, a súa inestabilidade anímico-emocional, as súas delirantes declaracións, iniciativas e escritos varios) así como polo retardo mental do outro, o autodenominado Peito-Palomo-Blanco: un desventurado capaz de autohumillarse en público da forma máis patética exhibindo as súas miserias curriculares despois dun dos seus crecentes ataques de histeria, ira e frustración: ¿Acaso non hai ninguén do seu entorno máis cercano que por pura caridade cristiana sexa capaz de decirlle a este pobre memo que está perpetrando en público algúns dos ridículos máis espantosos e lamentables que se recorden? Un adicto e un retardado, tal vez todo o drama do CNC (e da política camariñana) se reduzca a eso.

En fin, que sexa o que Deus o Noso Señor, na súa inconmensurable e infalible omnipotencia celeste queira. En todo caso, aquí en Camarinas.eu estamos de luto, para nós ésta será unha campaña electoral tenebrosa e fúnebre marcada por unha masacre inxustificada e inxustificable: aqueles peliños de mostacho tan dicharacheros, tan xoguetóns, sufridores perpetuos dun pertinaz enchoupamiento alcoholeril, pasaron a mellor vida por mor dun rasuramiento xenocida. Un exterminio capilar sen xustificación posible que levou cara unha mellor vida aos que se convertiran por causa dos seus remollos etílicos masivos nun dos grandes iconos mediáticos da Costa da Morte. O que nos decimos, non hai previsión nin raciocinio posible na política camariñana: a ver ¿que daño lle facían os nosos queridos e enchoupados peliños navieros?

Comentarios   

un de eiquí
+3 # un afliiado ppun de eiquí 31/08/2012 22:32
lamentablemente no puedo estar mas dacuerdo, depues de quel gran ruperto mosquera estuvo a piques de ser alcalde mi partido a caido en manos de delincuentes.si n embargo la direccion provincial no ace caso de mis quejas reiteradas
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+3 # RE: ¿Veremos esta imaxe nun CNC okupado?kinos 01/09/2012 08:20
Creo ter entendido que non suprimiran o subsidio de 400 euros,aunque si o pensan limitar a persoas que vivindo con algun parente asalariado,si quedara suprimido pra estes.Pareceme unha tomadura de pelo que o goberno intente reducir o deficit recaendo todo peso da crisis sobre os flaqueados cidadans e sen apenas recursos economicos pra subsistir,e indecente e inmoral,mentras os promotores de ditas subidas de IVA viven de luxo,e incluso alguns dos seus señorias rindose destas medidas que sangran os mas desfavorecidos! !
Responder | Denunciar ante o administrador
AJAB
+3 # RE: ¿Veremos esta imaxe nun CNC okupado?AJAB 05/09/2012 17:21
Es increible que estos personajes puedan representar al Partido Popular al cual e votado estos todos uúltimos años.El presidente del pp de camariñas con 50 sentencias firmes por su gestión de la empresa viproga y no pagar a sus trabajadores, ocupando ilegalmente el nautico , denunciando a todo bicho viviente en Camariñas, insultos al alcalde en los plenos, debiendo dinero a todo el mundo. Y encima le dan trabajo de asesor en la dioutación ¡¡¡pero este que candidato es!?!?! el pp de galicia se ha vuelto loco
Responder | Denunciar ante o administrador