Dende decembro de 2008 había un anaco do Imperio do Sol nacente transplantado a Camariñas. Asentada sobre unha firme estructura de aceiro unha acristalada ponte colgante unía as dúas ribeiras do Poso do Muelle. Proxectada a obra na época do despilfarro (orzamento de máis de 120.000 €), unha vez rematada a súa instalación e obnubilados todos pola forte impresión estética que dela se desprendía dentro do conxunto non menos apabullante do novo Paseo Marítimo, a ninguén se lle ocurrío calibrar os custos que se desprenderían do mantemento da súa barandilla de cristal ou da reposición do seu chan de madeira.

Nembargantes, as administracións implicadas (Portos de Galicia e o Concello de Camariñas), para reglar o que podía convertirse nunha fonte de hipotéticos conflictos futuros asinaron un convenio que deixaba claros os deberes das partes. Con todo, pasados tres anos dende a súa inauguración o peor escenario posible fíxose realidade: a ponte convertíase en medio dunha deixadez e abandono alarmantes nun remedo de pequena poboación mineira abandoada na máis intrincada xungla boliviana: malas herbas elevábanse ata por medio metro dende as xunturas das táboas, éstas rompían por doquier, os detritos de gaivota conferían ao conxunto unha paisaxe lunar e as cristaleiras prácticamente estalaran todas, ata o extremo de que finalmente Portos de Galicia optou por pechar o tránsito por ambas márxenes da ponte con sendas cintas de "Prohibido el paso". Estando a cuestión da competencia para proceder ao arranxo diáfana e sen discusión posible, o cuestión remitía á situación financieira do ente autonómico: sinxelamente, non había un peso.

E nestas, como non podía ser de outra maneira, a política fixo a súa entrada en escea ca súa lexión de mentiras, embustes e infamias. O problema de fondo estaba constituido, en esta como en outras polémicas, pola situación persoal da dirección do PP de Camariñas, presidente e secretario, os cales por mor dos seus reiterados fracasos profesionais acabaron convertíndose na clase de ser máis letal e dañino existente na España dos nosos días: o profesional da política, aquel especímen humano, lamentablemente tan prolífico neste país arruinado, que acaba agarrado ao seu cargo nun partido político como única posibilidade de supervivencia. O seu modus operandi habitual por reiterado non o podemos deixar de sinalar: cóllese calquer asunto público da orde do día (Tanatorio, Montes, Ponte xaponesa, etc...) búscase un posible resquicio e a base de moita demagoxia, algunha que outra media verdade, mentiras por ducias, manipulación do entorno máis inflamado (neste punto debe recoñecérselles certa maestría), así como apelación aos peores instintos deste, e contando cas clásicas meteduras de pata/inoperancia do rival xa temos servida a polémica política do momento, a cal lles permitirá xustificarse ante ámbitos superiores da súa organización por un tempo e ante os seus sectores máis ultras. Doutra maneira resultaría increíble que persoas con semellantes traxectorias políticas, persoais e profesionais (especialmente impactante a do último ano) se manteñan a estas alturas nos seus respectivos cargos.

O caso que nos ocupa foi outra das cuestións elexidas polos dous cráneos navieros para crear un certo alboroto mediático. Entendían estes dous profesionais de política local que os gastos de mantemento da Ponte do Poso do Muelle, cas súas roturas de cristais e posibles defectos estructurais, correspondían sen dúbida algunha ao Concello de Camariñas. É decir, aparte da deixación de reponsabilidades dun concelleiro (seguramente non leron nin o convenio e no caso de que o leran agora se explica o respeto amosado por algunha empresa de vixiancia e protección galega cara outro tipo de convenios, os colectivos, asinados cos seus traballadores), resultou curioso constatar como por mero beneficio persoal antepoñían os intereses de Portos de Galicia aos do seu concello e defendían con uñas e dentes (as hemerotecas non nos deixarán por mentirosos) que fosen as menguadas arcas municipais as que corresen con tódolos gastos. Finalmente, en esto, como en todo (Roma no paga a traidores), foron de novo desautorizados polos seus superiores e así na mañán deste luns 27 de agosto de 2012 podíamos ver a operarios de Portos de Galicia reparando a ponte xaponesa conforme ás obrigas adquiridas por convenio. Que o fixeran co mes de agosto prácticamente finiquitado, ca afluencia de turistas xa costa abaixo e ás portas dun novo outono-inverno que presumiblemente voltará a despedazalo todo, esa é outra cuestión da que aquí en Camarinas.eu non imos facer sangue: non temos nada que gañar e total para o caso que nos van facer... Pero o que si resulta inobxetivable é a moralexa ca que se pecha o presente expediente: se o concello seguira a superior opinión xurídica dos dous cráneos privilexiados do PP camariñán e hincase as rodillas asumindo un gasto que non lle correspondía a costa da prestación de servizos aos seus cidadáns, a costa de pagar aos seus proveedores (a maioría do propio concello), pagando aquelo ao que conforme a Dereito non estaba obrigado, constataríase a realidade que ven asolando o concello de Camariñas durante os derradeiros dez anos: onde estes dous gañan, todo un concello, 6.200 almas, perde.

Comentarios   

Jmqc
+3 # CalqueraJmqc 27/08/2012 13:00
Deve ser que xa temos as eleccions cerca..... xa empesan as boas vontades...
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+3 # RE: Portos arranxa a ponte xaponesakinos 27/08/2012 16:18
xa ia sendo hora!!ter unha ponte tan contemporanea e non poder cruzala!!.Cando se fai unha infrastuctura tamen e importante pensar no mantenemento,e senon,e mellor non facela con tanta beleza e bisuteria, e si mais practica e eficiente.Saudo s
Responder | Denunciar ante o administrador
maxim
+2 # RE: Portos arranxa a ponte xaponesamaxim 04/10/2012 11:07
ay choculate o final tiña rasón o alluntamiento.a sta os teus jefes che deixan en verjonsa a ti mais o outro pufista.non tendes a onde ir
Responder | Denunciar ante o administrador