1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
E difícil de comprender por que se somete voluntariamente unha persoa a un martirio de humillacións sucesivas como as que sufrío en público o líder da oposición municipal no pleno celebrado este venres 10 de agosto de 2012 no que se dou o bandeirazo de saída á construcción do futuro tanatorio municipal. Despois do alí visto difícilmente se poderá atopar un ser humano que houbera caído máis baixo na consideración dos seus semellantes. Nestes non había odio nin rencor, nin siquera un lixeiro resquemor, tan só un profundo, insondable, tedioso desprecio: un asco tan indisimulable que ata ter que respirar o mesmo aire pechado do Salón de Plenos se lles facía difícil. Toda a cadea de humillacións constantes ás que se viña vendo sometido nos últimos plenos (alusións constantes ao seu fracaso empresarial e as masivas débedas impagadas que elo trouxo consigo, a súa soidade nun  PP cuios dirixentes non queren aparecer con el en público, ao seu papel protagonista na ocupación ilegal do Club Náutico) alcanzaron o seu cénit este venres. Así, podíamos ver a un alcalde ao que se lle facía tan costa arriba mirar para el que falaba ca vista posta no lado contrario: non podía xa nin velo. Ante semellante espectáculo o único sentimento que un espectador imparcial experimenta é o dunha profunda piedade e conmiseración por un ser humano que conducío a súa vida ata levala a semellantes extremos.

Unha deriva persoal certamente lamentable e que nembargantes só se fixo evidente para o gran público cando olvidados toda prudencia e disimulo se convertío o líder popular no gran protagonista no proceso de golpe de estado no Club Náutico co seu corolario de ocupación ilegal. Porque curiosamente as batallas polo Tanatorio Municipal e polo CNC non deixaron de estar sempre íntimamente conectadas rematando ambas da mesma forma: en dous novos fracasos para a dupla que ven rexindo os destinos do PP camariñán durante os derradeiros 10 anos. Neste punto cómpre lembrar que o primeiro episodio da loita pola non construcción do tanatorio municipal tiña lugar en marzo do 2011 cando trascendía que o presidente popular de Camariñas e pai da concesionaria da cafetería do CNC se reunía cun grupo de veciños contrarios á construccion do tanatorio no Salón de Actos do CNC, no propio local dunha asociación privada e apolítica, como prolegómeno do que estaba por vir nuns meses vindeiros nos que se utilizarían as instalacións náuticas como oficina electoral do PP en Camariñas sen disimulo nen recato algún. Despois esta sería a gran bandeira de enganche do programa electoral do PP para as municipais: se eles gañaban, non habería tanatorio, na mellor liña destructiva e aniquiladora que sempre caracterizou as actuacións dos dous cráneos privilexiados do PP camariñán.

Unha vez rexeitada polas urnas as aspiracións populares respecto ao tanatorio, colleitada pola dupla popular a súa terceira derrota electoral consecutiva, un pensaba que este tema quedara xa definitivamente solventado. Nembargantes, a falta de proxectos ou ideas novas para a Concello de Camariñas, a batalla continuaba: os intentos reiterados de sabotear a subvención de 390.000 euros nunha Deputación Provincial agora rexida polo PP acababan nun novo fracaso cando finalmente Diego Calvo asinaba con Pichurri o convenio que permitía a construcción do futuro Tanatorio Municipal. Rexidos os procedementos administrativos por unha leis férreas e supervisado o seu estricto cumprimento por uns empregados públicos profesionais a clásica liña destructora dos populares camariñáns quedaba en ridículo ca firma deste convenio polo seu propio Presidente Provincial, aínda que esto, o respeto ás leis, sexa especialmente incomprensible para aqueles que ignoran olímpicamente o resultado dunhas eleccións no Club Náutico, un contrato de concesión dunha cafetería que non contemplaba a prórroga, centos de pronunciamentos xudiciais que obrigan a pagar os seus salarios a uns traballadores que nunca verán un peso, unha demoledora sentencia de desahucio ou un acta da Inspección de traballo que recolle a agresión a un traballador.

Pero aínda así a batalla continuaba convertida xa nun tema de pura superviviencia persoal: devenidos os dous máximos xerarcas populares de Camariñas en persoaxes sen oficio nen beneficio, sen traballo nen perspectivas, vivindo un a conta do seu salario de auxiliar administrativo na Deputación e dos ingresos da cafetería okupada ilegalmente do CNC e do soldo da muller e da pensión da sogra o outro, a supervivencia no mundo da política constitúe o seu único patrimonio a día de hoxe. Por elo cómpre vender aos membros da Dirección Provincial a posesión dunha serie de triunfos, valores políticos seguros, para evitar ou dilatar na medida do posible a limpia profunda que se aveciña na agrupación camariñana do PP. Estos son a oposición á construcción do tanatorio e, especialmente, a denuncia xudicial interposta contra o alcalde polos seguros municipais, tema este último ao que realmente debe a dupla camariñana a continuidade nos seus postos e que estivo a piques de arruinar o máximo mandatario popular ca súa actuación especialmente irresponsable no proceso de golpe de estado no CNC. Todo o seu proxecto persoal de futuro pasaría por manterse nos seus respectivos cargos políticos o máximo posible, aínda que esto sexa a costa de destruilo todo: tanatorios, clubs náuticos, banderas azuis, o honor do seu propio partido político, etc... Estanse a xogar literalmente a vida, nin máis nin menos.

Cuns terreos obtidos gratuitamente (en parte gracias a unha doación desinteresada dun tío do propio mandamáis popular), cunha subvención otorgada por Salvador Fernández Moreda de 390.000 euros, cun convenio asinado polo seu propio presidente provincial, no Pleno extraordinario deste venres aprobábase iniciar o expediente de licitación por medio de un procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración dunha obra que ascende a un orzamento de 500.000 euros, posiblemente a maior inversión orzamentada na historia do Concello de Camariñas. Voltar a repetir todo o proceso que levou ao histórico acordo deste 10 de agosto resulta fatigoso e innecesario, aínda que non para o sector fanatizado e radical da extrema dereita camariñana, o cal sumou neste Pleno un novo motivo para alimentar a súa frustración, impotencia e odio históricos. Difícilmente poderán meter medo co prazo de finalización da obra  para antes 31 de decembro e que en caso contrario perderase a subvención: calqueira cunha mínima experiencia en contratación administrativa e concesión e xustificación de subvencións públicas sabe sobradamente que por ahí non vai a haber por parte da Deputación Provincial nin o máis mínimo problema, de outro modo o 90% dos concellos de toda cor política veríanse obrigados a devolver as súas subvencións. Con todo, rematado o Pleno, o así denominado director da páxina oficial do PP en Camariñas daba unha palmada de apoio no lombo do seu amo e señor. En efecto, era para estar orgullosos: acababan de sumar outro dos seus clásicos fracasos estrepitosos que raudos correrían a vender á súa propia militancia como se da victoria na Batalla das Termópilas se tratara.

E así, finalmente, todo o monótono, tedioso, tan fastidioso tema da construcción do futuro Tanatorio Municipal acabou como soen acabar para ben ou para mal todas as guerras políticas no Concello de Camariñas dende hai 30 anos: cunha victoria socialista e cun novo fracaso popular. E ahí seguirán: de derrota en derrota ata a hecatombe final.

Engadir un comentario