1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As palilleiras de Camariñas contaron co seu propio stand na Mostra de BuñoA inauguración o pasado venres 3 de agosto de 2012 da 29ª Mostra da Olería de Buño contou ca participación dunha pequena representación do mellor encaixe do mundo en forma de stand das palilleiras de Camariñas. Pero tamén contou cunha importantísima presencia de xerarcas políticos da que a derradeira edición da Mostra do Encaixe careceu. Alí estiveron presentes Diego Calvo, Presidente da Deputación Provincial; María Nava, Directora Xeral de Comercio e Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar. Tendo en conta que na Mostra a maior presencia institucional fui a da Alcaldesa de Cee, non está mal o contraste. Elo tal vez se deba a que o encaixe de Camariñas non lle chega á altura das suelas á olería de Buño, xa que segundo María Nava "Buño es un referente a nivel nacional e internacional. En el expositor que se llevó a la última feria de Milán no quedó ni una sola figura sin venderse". Así pois segundo estas elevadas e supoñemos que sabias palabras o problema posiblemente se reduza a que aquí non somos referentes en nada e os nosos productos non hai quen nos queira.

Ou tal vez e xa pensando nunha perspectiva de futuro o asunto resida en que o porvenir do noso encaixe é negro como a alma dalgún okupanáuticos malvado e bebedor, xa que segundo Diego Calvo, presidente deputacional e xefe directo do asesor nº1: "dixen que este sector tradicional tiña futuro, e sigo a pensar o mesmo". Ou sexa que mellor podemos ir xa pensando en tirar co encaixe ao mar e listo. Outra posibilidade, quen sabe, que explicaría que durante a derradeira edición da Mostra do Encaixe nin un só representante de renome das administracións galegas fixera acto de presencia sería que o encaixe de Camariñas o que é valer, valer non vale nada, xa que a presencia de toda unha Conselleira como Beatriz Mato en Buño este venres 3 de agosto explicabase en estas palabras: "Contades coa mellor carta de presentación posible: un produto único de calidade baseado na tradición e no saber facer". Polo tanto aquí contamos cun producto de ningunha calidade, non baseado en tradición algunha e todo elo porque aquí ninguén sabe facer nada.

Pero por outra parte resulta que todos os mandamases antes descritos (que por outra parte tan ben están sabendo xestionar nos seus respectivos niveis competenciais a crisis galopante que nos acabará levando a unha intervención xermánica) forman parte da plana maior do PP, partido que no Concello de Camariñas acumula unha serie de ridículos electorais perpetuos e que conta ao frente dos seus designios con dous recoñecidos supervivientes sin oficio nen beneficio, cadáveres políticos en descomposición, cos que ninguén que sexa medianamente intelixente hai xa máis de seis meses osa fotografiarse en público. E eso que eles o intentan, cada vez que poden se apuntan a un bombardeo e fan acto de presencia alí a onde ninguén os chamou.

E nembargantes, ahí estaban en Buño este venres as nosas palilleiras, contemplando atónitas unha procesión institucional do máis alto nivel, mentras á súa querida Mostra do encaixe se lle inflinxía un desprecio e humillación históricas na derradeira edición a conta das desventuras da agrupación local do PP de Camariñas. E tal vez pensen elas con razón que todo se reduza á inexistente transcendencia no seu partido do okupanáuticos malvado e bebedor, alguén que ten como maior contribución á historia do tecido empresarial camariñán a interposición dunha ridícula denuncia en Comercio contra un empresario da Camariñas (e todo elo sen que a Asociación de Empresarios dixera ni mu, tal vez debido a que parte da dirección da mesma estaba ocupada facendo negocios co local que xa todos vos imaxinades), ademáis do proceso de destrucción da asociación máis importante do concello. Alguén que a estas alturas segue chupando desa mesma deputación cuio presidente tivo tempo para estar presente un venres de agosto en Buño pero non un mércores de marzo en Camariñas, 25.000 euros ao ano a cambio da noble labor de andar tirado polos bares. Xa se sabe: que teña un bo sueldo público para así poder okupar mellor.

Comentarios   

kinos
-4 # RE: Diego Calvo na Mostra de Buñokinos 06/08/2012 17:31
creo que tachar as ultimas elecions municipais de "ridiculas" e pouco apropiado como menospreciar os seus votantes,xa que o reultado non foi moi distante,o cal si siguen na oposicion.pero, representado a un alto numero de veciños que non se debe menospreciar.Sa udos...polo demais,estou dacordo que a mostra do encaixe de camariñas non se lle axudou como se merece!
Responder | Denunciar ante o administrador
RAPAZA DE CAMARIÑAS
+2 # VOTALOS PA FORARAPAZA DE CAMARIÑAS 06/08/2012 18:53
EU SON PALILLEIRA E ASTA FAI POUCO VOTANTE DO PP AHORA NON E CANDO VIN QUE NA MOSTRA DO ENCAISE NON VIÑA NINJUNN DOS NOSOS ALTOS REPRESENTANTES PUXEME MOI TRISTE E AHORA VEXO ESTA NOTISIA Q DI Q FORON TODOS A BUÑO DAME PENA PQ CAMARIÑAS NO E MAIS QU BUÑO PERO TAMPOUCO MENOS DIJO EU.
Responder | Denunciar ante o administrador