5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Daniel Rego, empresario de éxito, impartío un par de impagables leccións de economíaConvócanse plenos en horario chiquitero e claro: pasa o que pasa. Sobre todo cando os graves desencontros ca Guardia Civil de Tráfico dun concelleiro camariñán habitual perdedor de todo tipo de eleccións aínda están recentes e son de público coñecemento. É por elo que aquí en camarinas.eu esiximos dende xa a presencia da Benemérita cos correspondentes alcoholímetros á entrada de todo pleno municipal que se celebre de agora en diante como modo de alonxar a perpetuidade da Casa Consistorial ao político metido a okupanáuticos profesional e asaltador de negocios particulares. A maiores obviamente de pedir encarecidamente aos responsables do Concello de Camariñas que nunca xamáis convoquen un Pleno extraordinario a un horario tan irregular como as 13:30 horas, sobre todo cando algún que outro dende o 10 de xaneiro cumprío o sono de toda unha vida e conseguío facerse con todo un bar para el sólo (ocupación ilegal mediante, eso sí). O próximo paso para que a realización persoal sexa completa será convertir esa mesma cafetería, chamémoslle Club Náutico, en local para timbas de póker ata altas horas da madrugada.

Os feitos vergoñantes acaecidos no día de autos aconteceron máis ou menos tal que así: co obxectivo de aprobar un Plan de Axuste económico ata o ano 2022 celebrábase a partires das 13:30 horas un pleno extraordinario en Camariñas, xa que o Ministerio de Facenda esixe a aprobación antes do 31 de marzo de tal plan a todo concello que queira acollerse á opción de pedir un préstamo co que pagar as facturas pendentes. Ante elo, e para dar cumprimento á responsabilidade cívica asumida ante o pobo soberano, a dirección de Camarinas.eu acompañada do Comodoro denunciado do CNC presentábase na mañán veraniega por sorpresa no Salón de Plenos da Casa do Concello. Algún que estaba no uso da palabra ante tal aparición súbita  comenzou cos seus clásicos balbuceos. Entre o público, tan só catro veciños, catro, decimos ben porque alí se atopaba aquela cousa ou ente que como si de un superheroe se tratara, un ser dotado de extraordinarios poderes bipolares ("Bifocal Man", poderíamos decir), reúne en sí dúas persoas distintas, autodenominado director de estercoleiro cibernético por un lado e ex secretario de partido político por outro, o cal consternou sobremaneira aos dous visitantes que por un momento temeron seriamente fora perpetrar en público outra das súas coñecidas e insufribles autoentrevistas ventrilocuales, nas cales e como si de José Luis Moreno e un dos seus monecos se tratara, unha parte entrevista á outra e viceversa en animadas charlas sen solución de continuidade ante o asombro e estupefacción duns tendidos a estas alturas críamos que xa curados de todo espanto.

Nembargantes máis espantoso incluso (si elo fora todavía posible) foi o comportamento do político habitual perdedor de todo tipo de eleccións, e non estamos a falar de Javier Arenas precisamente. A uns horarios nos que normalmente xa soe estar fóra de combate, foi capaz no día de autos de superar todas as súas indignidades pasadas e batir un novo record no descenso aos infernos, verdadeiro e imparable tour de force, emprendido dende o fatídico día en que os seus intereses náuticos quedaron truncados para sempre. Unha vez máis, sumamente nervioso, alterado, maleducado e faltón, mentras durou o Pleno foi capaz de reproducir as maiores gansadas e aberracións en público como cando se esixío que se coñecese o nome de todos os contratistas incluidos na relación de facturas enviada ao Ministerio, cando a propia lei reguladora recorda terminantemente a confidencialidade dos datos alí contidos. Entón, ao ser rexeitados os seus desvaríos e poñer o Alcalde punto final ao Pleno, comenzou unha batería de graves insultos cara o máximo responsable dos camariñáns, unha persoa que, independentemente de que o poida facer mellor ou peor, esixe un mínimo respeto por representar a quen representa. Cunha cara desencaixada, lixeiramente hinchada, abotargada poderíamos decir, preso dun irrefrenable ataque de histeria mezclado con matonismo, foi quen de expeler: "¡¡Imbécil!! ¡¡Payaso!! ¡¡Mono!! (a Pichurri); ¡¡Ti de que te ríes, a ti que máis che da todo, total despos marchas xojar pa Serseda!! (a Juanillo); ¡¡Ti xa deixastes aos teus ben colocados!!" (non sabemos si polo Director de Camarinas.eu, ou máis ben polos actuais okupas ilegais do Club Náutico)...

E así, querido accionariado apolítico e independente de Camarinas.eu, asistíose en Camariñas o 28 de marzo do Ano do Noso Señor de 2012 a un novo desafuero, outra nova inmoralidade, o enésimo espectáculo lamentable do xoguete roto da política da Costa da Morte. Alguén que hai tempo se convertío nun cáncer, nun membro gangrenado que ameaza imparable metástasis, tanto para o seu pobo como (sobre todo) para o seu partido. O dano para a imaxe do Partido Popular en Camariñas segue sen freno e posiblemente a estas alturas sexa irreparable. O único consuelo do visto no día de autos no Salón de Plenos: que o destinatario de tan soeces e indicativos insultos (que pouco nivel, que ningunha educación, que vergonza para un representante público), lle suministre ao okupanáuticos profesional e asaltador de negocios particulares unha cucharada da súa propia e tan querida mediciña e lle endilgue unha boa demanda por graves insultos e descalificacións públicas. Que ande con cuidado o señor alcalde camariñán en outro caso: o día menos pensado ocúpanlle a Casa do Concello.

Os catro veciños (a maiores do Director de camarinas.eu e o Comodoro do CNC) que asistiron ao Pleno

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.