3.3243243243243 1 1 1 1 1 Rating 3.32 (37 Votes)

Daniel Rego concédelle cinco días a Pichurri para que éste non acabe en prisión

Daniel Rego (PP) Marcos Vázquez (Interventor) Dolores Rey (Secretaria en funcions) e Pichurri (Alcalde)
Daniel Rego (PP) Marcos Vázquez (Interventor) Dolores Rey (Secretaria en funcions) e Pichurri (Alcalde)

Este venres 30 de novembro ás 20:00 tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello un pleno que se presentaba en principio bastante tenso, pero que finalmente foi máis distendido do esperado e incluso podemos dicir que algo cómico. Pulsa na foto para ler a noticia e ver uns videos do pleno, uns "Vídeos de Primera".


Decimos esto sobre todo, entre outras, pola intervención do líder e voceiro popular cando denunciou a existencia dun vertedoiro ilegal xusto detrás do cemiterio novo de Camariñas o cal podería levar ao alcalde Pichurri directamente á cadea "si eu denuncio todo isto ante Medio Ambiente". Según Daniel Rego  denunciaba esto no pleno, e non na Consellería, para non levar ao Alcalde camariñán a prisión, dándolle cinco días para que o arranxase de inmediato, e se non o puxo antes en coñecemento do consistorio foi "porque me enterei hoxe sobre as sete e media da tarde e nen os meus propios compañeiros de partido o sabían". Cuestión curiosa porque as fotos do vertedoiro ilegal do que ninguén sabía nada foron sacadas a plena luz do día cun sol radiante. Fotos sacadas posiblemente en días anteriores por algún exclusivista de aquí te espero.

E esto tamén plantexa unha serie de inquedantes incógnitas: ¿Acabará Pichurri irremediablemente en prisión? ¿Terá que ser o polifacético Manolo de Brañas Verdes ("un home que con tres coma él ao seu lado ten toda Camariñas limpia coma unha patena") o que evite que Pichurri acabe no cárcere? ¿chegaralle con 5 días a Manolo e os seus chavales? Se, lamentablemente, Pichurri acabara en prisión ¿botarase camarinas.eu outra vez ao monte para sacar a un veciño da prisión? En este caso ¿outra páxinas seguirán a pedir prudencia e paciencia? ¿e quen quedará de Alcalde de Camariñas se Manolo non evita a traxedia? ¿Como non vamos a dicir que todo esto é cómico?
Todos os Concelleiros estaban moi sorrintes ao final do pleno
Todos os Concelleiros estaban moi sorrintes ao final do pleno
Polo demáis, indo ao serio, no pleno tamén se tratou o explosivo tema da ubicación da granxa acuícola da Xandriña, en Camelle, onde o PP bastante acertadamente pedío un cambio de emplazamento da citada granxa por entender que a súa situación actual supoñería a morte de Camelle. E é que a ubicación que lle queren dar a esta granxa é outro auténtico disparate. Por outra banda o PSOE camariñán comprometeuse a que se a maioría dos propietarios dos terreos de Camelle e Arou se negan a vender eles estarán apoiádoos e en contra das granxas acuícolas, "porque só un tolo se enfrenta a un pobo" Finalmente nas escaleiras da Casa Consistorial os trece concelleiros da corporación actual fixéronse a foto oficial da lexislatura 2007/2011. En fin, un pleno no que finalmente o sangue non chegou ao río

Comentarios   

Mikel
-1 # Mikel 01/12/2007 19:17
Estón dacordo q se eliminen tódolos vertedoiros,,pe ro ameazar con prisión non sei si é o mais correcto,,,,men os mal q non van nenos aos plenos,,ah,,que non vaia moita mais xente para a cadea senón a verdade que non vai quedar alma no noso pobo,,ojalá non me ameacen a min tamen con ir preso por opinar,,nada mais,,,un saúdo
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
-1 # Pion 01/12/2007 19:55
non me estraña que daniel non se enterara hasta ese mismo dia si non esta no pueblo,solo fai o que lle din e eso non e ser nin oposison nin alcalde,mpara estar na oposision ou ser alcalde ai que vivir co pueblo e non ayuntamiento eso para empesar asi tamene eston eu na oposision,e en canto o de cammele haber si se arregla dunha ves, e deixo unha pregunta para que alguen ma conteste ¿por que no tema de camelle non se poñe nin costas nin medio ambiente?porque para faser casas serca da costa son os primeiros en apareser
Responder | Denunciar ante o administrador
Noelia
-1 # Noelia 01/12/2007 20:36
Eu estou dacordo contigo María, creo que o pobo necesita máis as casas que unha piscifactoria e para esto último nunca se poñe nadie polo medio (M. Ambiente nin Costas).
O tema relacionado co vertedoiro, pois pareceme moi mal que o haxa e sobre todo con cousas do concello xa que son eles os primeiros os que teñen que dar unha imaxe de ser ecolóxicos.
E relacionado en que a oposición ten que vivir no concello ou no pueblo, pois non estou tan dacordo porque o presi do bloque é de camelle e tampouco vive no concello que vive na Coruña. A min nin me ven nin me vai esto pero o tema do vertedoiro pareceme unha vergonza por parte do concello.
Tamén hai que pensar que o mellor ese vertedoiro xa leva ahí tempo antes de que Pichurri entrase a alcalde pero o que si que non creo é que non o superan xa que si foron limpar como dixo Pichurri é segurísimo que alguén o vio.
Solo decir que quedei mui decepcionada cando me enterei xa que desde o concello sempre recalcaron que non se podía facer eso e eles son os que tamén o fan. Unha vergonza vaia
Responder | Denunciar ante o administrador
karina
-1 # karina 01/12/2007 20:38
daniel rego sabe perfectamente o k din,e eu donlle a rason por primeira ves,ahora eston abrindo os ollos,con bautista nadie desconfiaba porque era muy boa persona,xa non dijo mais,solo BRAAVO DANIEL
Responder | Denunciar ante o administrador
Noelia
-1 # Noelia 01/12/2007 20:42
Ah, e tampouco creo que se amenazase con prisión pero nunha cousa ten razón Daniel, se actúa medioambiente sería moito peor ademáis de unha vergonza para o ayuntamiento. Bueno, nada más
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
-1 # Pion 01/12/2007 20:47
noelia eu penso e que si a ti por ejemplo o alcalde non che fai caso ti vas a oposision pero si non esta no pueblo ou no concello ¿a donde vas? solo eso eu non teño nada en contra de nadie solo que ai que estar vivindo co pueblo
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
-1 # Pion 01/12/2007 20:49
ah e desirlle a pichurri que teña mais salero para falar que non selle escuita nos vidios
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
-1 # Mikel 01/12/2007 20:57
Repito,,eston totalmente dacordo q se eliminen os vertedoiros,,pe ro de que lle dan cinco dias senon vai a prisión sale no video,,de momento creo q oio ben,,,nada mais,a min nin me vai nin me ven,,simplement e opinei como un mais,non empecemos
Responder | Denunciar ante o administrador
Noelia
-1 # Noelia 01/12/2007 20:59
María, para eso teñen a sede e sempre hai alguén que che pode axudar. Eu falo pola miña experiencia cando fixen a miña boda no ayuntamiento, pero fixome menos caso Pichurri estando no concello que Daniel estando en Santiago, e tuven muitos máis problemas podendo solucionalo en 2 ou 3 días levoume casi 1 mes en arreglar 2 papeles que me tiñan que dar (o protocolo das bodas civiles e un papel que tiña que firmar Pichurri para que Daniel me puidera casar)
Así que moitas veces a distancia física non é un problema se na propia casa o problema en vez de físico pola distancia en Km é en cercanía moral co pobo. Bueno, un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
merlin
-1 # merlin 01/12/2007 21:01
eu non teño nada en contra de pichurri pero el tanpouco vive no ayuntamiento de camariñas por si non o sabia algen vive no ayuntamiento de vimianzo por que vive en braño.e o do bertedoiro pareceme unha bergonsa pero a basura suvirona de carallo.
Responder | Denunciar ante o administrador
merlin
-1 # merlin 01/12/2007 21:03
pero de mandalo a carcel non me parece que sea para tanto non creo que faga falta facer eso que non hay que godela
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
-1 # currodetras 02/12/2007 02:17
esta ben k primeiro se avise,seguro k hay mas basureros deste tipo e para min é unha vergonsa.
Non fai falta k nadie vaia a carsel,pero tamen hay k actuar.
O noso alcalde vive en BRAÑO-parroquia de CARANTOÑA-conce llo de VIMIANZO
Responder | Denunciar ante o administrador
Sarrià
-1 # BOA INICIATIVASarrià 02/12/2007 11:35
Solo quero recalcar a boa iniciativa esta de dar a coñecer os plenos a través da rede. Xa que non podemos asistir in situ, polo menos temos unha lixeira idea do que se trata nos mesmos.
Aínda diría máis, tería que ser dende a propia web do concello (que seguro nos costou os nosos cartos, e non poucos, por certo) na que se nos informase de todo o que é o día a día do concello, sobre todo, en todo aquelo referente a decisións importantes que afecten ós veciños.
Ademáis, non estaría de máis un apartado onde se poidera facer unha valoración do traballo de cada un dos funcionarios que realizan a súa labor tanto no Concello coma na Casa da Pedra.
MAIS TRANSPARENCIA E MENOS CACICADA BUROCRACIL!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Sarrià
-1 # OPOSICIONSarrià 02/12/2007 11:49
OPOSICION
Ahora entento porque a oposición do PP non acaba de callar en Camariñas.
Srs. do PP, o tempo das ameazas acabáronse cando metemos a paco franco baixo terra! Dénse conta que ese modus operandi xa ninguén o comparte. É tan barolento e casposo que hasta sinto vergonza allea.
Traballen polo concello e non se dediquen a tirarse trastos uns ós outros.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mara
-1 # Mara 03/12/2007 11:10
Eu estou totalmente de acordo con todos vós en que hai que terminar cos vertedoiros...a hora ben,esas cousas que están alí sácanse e terminouse o problema.
Non entendo as amenazas por parte do Sr. Rego. Estou con Sarrià, eses tempos acabáronse...ai nda que me preocupa pensar que existe xente que siga usando esas armas en vez do diálogo.
En canto a Pichurri...dirí alle que se asesore máis(que anda moi perdido), que a xente en moi pouco tempo está moi descontenta.En fin...que traballe,que tantas macrofestas non deben ser boas!!
Responder | Denunciar ante o administrador