- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 24 Novembro 2007 24 Novembro 2007

Hoxe reuniranse en Brañas Verdes, Santa Mariña e Camelle
O Concello de Camariñas abreu esta mañá en Brañas Verdes a rolda de conversacións e charlas periódicas en todas as parroquias e aldeas que conforman o total do Concello de Camariñas. A primeira reunión celebrouse esta mañá en Brañas Verdes á que asistiron caseque todos os concelleiros que forman o grupo de goberno no Concello e un nutrido grupo de cidadáns de Brañas Verdes que se mostraron moi participativos en todos os puntos da charla.
O Alcalde de Camariñas falou de varios temas que están de actualidade en Camariñas, pero o que máis espectación cobrou entre os asistentes foi o tema da subida das taxas do lixo. A partires do 31 de decembro o Concello de Camariñas terá que clausurar obrigatoriamente todos os seus vertedoiros e levar o lixo a pranta de reciclaxe de SOGAMA o que suporá un gasto considerable. O Alcalde explicou que aínda subindo as taxas do lixo ao Concello non lle chegará para pagar todo o proceso de recollida e reciclaxe co que haberá que buscar sistemas de financiación alternativos.
Por outra parte, Pichurri, tamén anunciou que o día 28 de decembro, día no que o Alemán de Camelle morreu, será proposto polo Concello de Camariñas coma "Día do Voluntariado" en lembranza dos héroes que viñeron a axudarnos a limpar as nosas costas cando foi do Prestige.
