3.1428571428571 1 1 1 1 1 Rating 3.14 (28 Votes)

Camarinas.eu, presente nun Consello da Xunta histórico

camarinas.eu entregándolle ó Presidente Emilio Pérez Touriño a solicitude dunha entrevista
camarinas.eu entregándolle ó Presidente Emilio Pérez Touriño a solicitude dunha entrevista

Na mañá do xoves 15 de decembro de 2007 produceuse un acontecemento histórico de gran relevancia: o primeiro Consello da Xunta de Galicia celebrado fora de Santiago de Compostela. O lugar elexido, Muxía. O único medio exclusivamente da Costa da Morte que estivo co goberno en pleno da Xunta de Galicia, interesándose persoalmente polos proxectos do goberno autonómico que contribuirán ao desenrolo integral desta franxa atlántica, foi o diario dixital máis leído da Costa da Morte: camarinas.eu.


A verdade é que a mañá do xoves 15 de novembro foi unha dos momentos máis esquizofrénicos da corta vida de camarinas.eu (3 meses xa). Unha unidade móbil improvisada formada pola dupla diabólica constituida por Diego Alonso e Mikel, o Guerreiro Poeta, púxose en marcha cara a Muxía para saírlle ao encontro do goberno galego, mentres estaban pegados a un teléfono móvil que podía dar en calquer momento a maior alegría que dende hai dous meses espera esta redacción: a liberación dos irmáns Lin. E todo elo en permanente contacto telefónico ca Central Operativa con base en Camariñas, a cal coordinaba os nosos esforzos en tódolos frentes.

camarinas.eu cun vello amigo: José Luis Méndez Romeu, Conselleiro da Presidencia
camarinas.eu cun vello amigo: José Luis Méndez Romeu, Conselleiro da Presidencia

Así as cousas,  camarinas.eu fixo a súa entrada no concello irmán de Muxía un pouco antes das 11 da mañá cando os membros do goberno galego aínda non entraran na Casa do Concello, lugar elexido para a celebración do consello da Xunta. Unha vez reunidos dentro, comenzou a tensa espera para os redactores da principal web de Camariñas. E cando sobre as 12 comezaron a desfilar os conselleiros, camarinas.eu estaba alí para acribillalos a preguntas sobre os proxectos que o goberno galego ten reservados para a Costa da Morte.

Camarinas.eu poido enterarse de primeira man polos propios conselleiros de que a Xunta ten previsto invertir na Costa da Morte ata 600 millóns de euros, que o proxecto do Parador Nacional na praia de Lourido verá a luz verde cun custo aproximado de 24 millóns de euros, detalles sobre a próxima construcción da vía de alta capacidade (V.A.C.) que irá dende Carballo ata Cee, e, polo que atingue aos camariñáns, que a Xunta concedeu finalmente a Camariñas o proxecto de construcción dunha pranta depuradora na Ponte do Porto cun orzamento de sete millóns de euros. Esto foi exactamente o que nos dixo Emilio Pérez Touriño, o cal, tras voltar a saudarnos con gran afecto, tal como fixera o martes anterior en Santiago de Compostela á saída do pleno do Parlamento autonómico, comentounos que en Camariñas íanos contar cunha gran estación depuradora de auga. Despois camarinas.eu fíxolle entrega ao Presidente dunha solicitude dunha entrevista avalada polos máis de 320 usuarios rexistrados que fan de camarinas.eu, xunto coas entradas diarias, o diario dixital máis leído da Costa da Morte.

Co nacionalista  Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural
Co nacionalista Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural

Poidemos falar detidamente sobre os proxectos que teñen os seus respectivos departamentos para este, o noso cachiño de franxa atlántica, co Vicepresidente da Xunta de Galicia o bloqueiro Anxo Quintana; coa Conselleira de Cultura, a nacionalista Ánxela Bugallo, a cal foi moi amable interesándose moi especialmente por iniciativas coma camarinas.eu que, según ela traen un alento novo, fresco ao mundo do xornalismo en galego; tamén falamos con Alfredo Suárez Canal, tamén do BNG, Conselleiro do Medio Rural. E polo bando do PSG-PSOE falamos con Carmen Gallego, Conselleira de Pesca, tal e como reflexábamos onte na primicia exclusiva que dou camarinas.eu adiantándose a tódolos demáis medios de comunicación na feliz noticia da liberación dos irmáns Lin; estivemos conversando un bo cacho cun vello conocido de camarinas.eu José Luis Méndez Romeu, Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o cal nos comentou que é un gran amigo persoal do noso alcalde Pichurri preguntándonos por él, e mandounos darlle saúdos, o cal facemos neste instante dende aquí.

Unha vez rematada toda esta ronda de entrevistas só faltaba marchar para casa sorteando toda a multitude de manifestantes que alí se congregaron: os que viñan ca súa pancarta da Mina de Serraval protestando contra o trazado do A.V.E., os que protestaban contra as prantas acuícolas de Corrubedo, Quilmas (Carnota) e sobre todo Merexo, no propio Concello de Muxía. A nós tan só nos quedaba voar ata Camariñas para dar ao noso pobo en primicia exclusiva a máis feliz noticia que se podía dar, a que levaba dous meses esperando todo Camariñas: a liberación de Carlos, Felipe e Manuel. A noticia sobre o Consello da Xunta ben podía esperar un día máis.

Engadir un comentario