1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Foto de familia dos socialistas camariñánsO pasado sábado 11 de xuño, tres semanas despois de que fora solventada dunha e vez e para sempre a que prometía ser e finalmente foi La Madre de Todas Las Batallas, foron investidos os máis de 8.000 concellos desta arruinada España dos nosos pecados. Uns de forma pacífica, outros de forma xa máis alborotada, uns con indignados na porta, outros tomados tan só por simpatizantes e familiares, uns empufados hasta o hueso, outros cunhas arcas xa máis saneadas, uns estreando alcalde, outros co mesmo patrón dende as épocas nas que Franco aínda era cabo, uns presididos pola tranquilidade que da a continuidade, a do máis vale malo coñecido que bo por coñecer, outros anguriados polo ¿aquí que vai pasar agora?, algún que outro comandado por bipartitos-tripartitos-cuatripartitos-multipartitos, ahí onde pode ocurrir que non haia Dios que se entenda, outros con sólidas maiorías absolutas, nas que a vontade de un é lei. E no medio dese maremágnum municipal que inundou España cara o mediodía da data de marras, constituíose a Corporación Municipal de Camariñas para o cuatrienio 2011-2015.

Un Pleno que nalgunhas cuestións presentaba importantes novidades, e noutras pois o mesmo de sempre, o día no que se estreaba un novo réxime de maiorías, sete a seis para o PSOE, no que aparecían ata catro caras novas nos bancos da oposición e dúas nas do goberno, na que se estreaba asemesmo a que de agora en diante será a nova interventora municipal, Patricia Chas Filgueiras, e no que, dentro desas novidades, destacaba a toma de posesión como concelleiro do noso querido redactor e gran amigo Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Juanillo, baixo a pesada responsabilidade de ocupar o escaño deixado por unha auténtica lenda do municipalismo camariñán: Javier Cabrejo. Unha persoa honesta, accesible, traballadora, con mundo e cunha adecuada formación, sen malear polas intrincadas interioridades do mundillo da política.

Pleno de caras contentas, as duns por gañar, as dos outros pola exigua ventaxa do contrincante, 74 míseros votos  (bastaba convencer a 38 persoas para que cambiaran de idea) que permitiron tan siquera soñar por uns intres ca gloria, no que como tan masivamente se repetía a esas mesmas horas ao longo deste país maldito de Deus o que gañaba prometía "gobernar para todos, ser o alcalde de todos os veciños", no que o concelleiro máis novo (Sergio Caamaño) entregaba ao que resultaba ser elexido como presidente da corporación (Pichurri) o bastón de mando, non para correr a paus a algún que outro posiblemente presente polas inmediacións como poderían maquinar os mal pensados, senón para tratar de gobernar a eses todos antes aludidos. Mañán, en definitiva, de toma de posesión en Camariñas, un deses máis de 8.000 concellos deixados da man de Deus na España arruinada dos nosos días.

{phocagallery view=category|categoryid=661|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario