- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 23 Mai 2011 23 Mai 2011
Gracias a Deus, as eleccións municipais do 2011 xa son historia. Este domingo 22 de maio botouse o peche á campaña máis barriobajera que se recorde: nin un só chiquito, nin un triste cuba-libre, foi financiado por ningunha das candidaturas a este pobre e humilde redactor. Nin siquera como xusta contraprestación á interminable e vociferante campaña electoral que os cidadáns de ben tivemos que soportar durante 15 días do mes de maio. Mentras en outros lugares como Dumbría, o alcalde nin siquera facía campaña ("aquí non estamos para perder o tempo en chorradas"), os camariñáns sufrimos coches propaganda con machacóns eslóganes de música repetitiva e facilona alta-la-plana percorrendo infatigables as rúas e os mesmos caretos inundando por doquier ata o máis recóndito dos recunchos do concello. Carteis olvidados por quenes con tanta fruición foron pegados e que morrerán cas botas postas un día ben entrada a seguinte lexislatura.
E en estas, como non podía ser doutra maneira, o PSOE voltou a gañar non por enésima pero sí por oitava vez unhas eleccións municipais en Camariñas. Mentras no resto de España o socialismo derrumbábase con estrépito arrastrado pola xestión calamitosa de Rodríguez Zapatero, nun pequeno rincón atlántico, tan alonxado dos centros de poder, o PSOE nas condicións máis adversas gañaba de novo, dun modo máis axustado que nunca (74 votos de diferencia), si, pero voltaba a gañar cando os tambores electorales do municipalismo tocaban a rebato, o que debería levar a serias e definitivas reflexións onde corresponda.
Tal vez premiábase desta maneira unha forma de facer campaña: sen insultos, sen golpes baixos, sin victimismos, sen crispación, sen tensión constante, enfocando os temas a debate dende un punto de vista positivo e apostando fortemente pola xuventude. Unha xuventude que dentro de catro anos está chamada a facerse cargo do proxecto socialista camariñán, cando por cuestións biolóxicas Pichurri agote a que posiblemente debería ser a súa última lexislatura. Querido electorado, as eleccións do 2011 xa son historia, as do 2015, tal vez sexan a das novas caras. En ambos bandos.
Comentarios
Houbo máis compra de votos... seguiremos sendo un pueblo totalmente retrasado coma o noso gobernador.Con esto non quero dicir que Daniel fora a mellor maravilla do mundo,pero pichurri non vale un peso e xa no lo demostrou,pero de Daniel non podemos dicir o mismo porque non tuvo a oportudinad de gobernar. Dame pena este pueblo.
HAI QUE ROELO!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.