2.45 1 1 1 1 1 Rating 2.45 (20 Votes)

Os agasallos institucionais de Nadal deste ano do Parlamento Galego serán Encaixe de Camariñas.

Outra noticia en exclusiva de camarinas.eu, a web máis vista da Costa da Morte, a cal foi invitada polo Grupo Socialista do Parlamento de Galicia á sesión plenaria que se desarrollou este martes 13 de novembro na casa do Hórreo, en Santiago de Compostela, e posteriormente a unha reunión ca Xefa de Gabinete da Presidencia do Parlamento de Galicia, Yolanda Aguiar na que se acordou que os agasallos de carácter institucional que realice este nadal de 2007 a depositaria da vontade popular democrática dos galegos sexan con Encaixe de Camariñas.


Na radiante mañá do martes 13 de novembro a unidade móbil de camarinas.eu (algo destartalada) púxose en marcha con rumbo a Santiago de Compostela, sede do Parlamento de Galicia. Alí, o Grupo Parlamentario Socialista invitara a este reporteiro a asistir á sesión plenaria que hoxe tiña lugar na sede da soberanía popular galega, na que entre outras actuacións, debatíase a proposta do Grupo Popular acerca da modificación da Lei 6/93 de pesca de Galicia. Unha vez rematado o pleno, nas portas do Pazo do Hórreo, mentras ían saíndo os deputados autonómicos o redactor de camarinas.eu foi saudado persoalmente polo Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, ao cal lle foi entregada unha tarxeta de visita do diario dixital máis leído da Costa da Morte e tamén lle foi solicitada unha entrevista para tratar en detidamente os principais problemas e necesidades desta franxa atlántica. Lamentablemente, camarinas.eu non poido saudar ao Secretario Xeral do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, o cal xa ten sobre a mesa dende principios desta semana unha invitación desta web para ser obxeto dunha entrevista en profundidade na sección de análise "Claves".

Marisol e Sergio coa Xefa de Gabinete do Parlamento de Galicia
Marisol e Sergio coa Xefa de Gabinete do Parlamento de Galicia

Á marxe do anterior, o redactor tamén poido asistir a unha reunión que, nunha das salas do Parlamento de Galicia, tiña lugar entre Sergio Caamaño, Concelleiro Delegado da Mostra do Encaixe, Marisol Soneira, Deputada Autonómica e Yolanda Aguiar, Xefa de Gabinete da Presidencia do Parlamento Galego. Na citada reunión ultimáronse os derradeiros detalles que farán posible que todos os regalos protocolarios e oficiales que faga no Nadal deste 2007 o Parlamento Galego (aos demáis parlamentos autonómicos españois, e o Senado e Congreso nacionais) serán con artesanía de primeiro nivel: Encaixe de Camariñas. Non cabe dúbida que este ano Galicia non poderá estar mellor representada.

O redactor cos deputados do Grupo Parlamentario Socialista
O redactor cos deputados do Grupo Parlamentario Socialista

Despois do duro traballo anterior e continuando coa invitación do Grupo Parlamentario Socialista, a destartalada unidade móbil de camarinas.eu achegouse ata o Restaurante da Escola de Hostelería de Santiago de Compostela acompañando aos seguintes deputados autonómicos: Francisco Cerviño, Guillermo Meijón, Mar Barcón Sanchez, Margarita Pérez Herraez, Carmen Cajide Hervés, Mª Carmen Acuña Docampo e Mª Soledad Soneira Tajes. Alí, nun ambiente cordial, poidemos coñecer de primeira man as principais opinións dos deputados socialistas das claves para o desenrolo da Costa da Morte e fixémoslle chegar algunha das necesidades más perentorias que afectan á nosa comarca. Quedando á espera de que se fagan realidade as invitacións cursadas para as dúas entrevistas anteriormente citadas, a unidade móbil, a un ritmo cansino e pausado e con certos ruidos inclasificables de motor voltou para o seu fogar: O cachiño de aceira que está ao carón da famosa e tamén bastante destartalada papeleira "Taller".

 

Comentarios   

Mikel
-1 # Mikel 13/11/2007 22:50
Gran detalle ese de regalar encaixe de Camariñas,,eso repercute no traballo das nosas palilleiras unha inxección de moral e por suposto económica,,,Aut éntico
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.