- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 06 Mai 2011 06 Mai 2011
Foi nunha noite estrelada no Bagdag do ano 1991 cando os fogos de artificio da loita contraérea iraquí no ceo de xaneiro marcaban o inicio da que, segundo Saddam Husseim, ía ser "La Madre de Todas las Batallas" e foi nunha noite do recén comenzado venres 6 de maio de 2011 cando a pegada inmisericorde de carteis electorais polos muros, contenedores, carteles obsoletos do Plan E (e da Deputación tamén) e incluso sobre algunha que outra pobre e inocente árbore, marcaba o inicio da que igualmente está chamada a ser "La Madre de Todas Las Batallas Electorales": as Eleccións Municipais. Máis igualada que aquel paseo militar norteamericano polo deserto kuwaití, a contenda municipal polo apetecible e sabroso Concello de Camariñas preséntase de resultado incerto e aberta ás apostas máis variopintas, cáseque como a predicción do resultado dos catro duelos a morte que enfrontaron aos posiblemente dous clubs máis poderosos do planeta.
A priori igual de competidas se presentaban os anteriores comicios electorais e sen embargo o resultado foi o que foi. Desta volta todo se presenta máis complicado e os contendentes haberán de loitar a morte ata o último voto. Aquí na redacción de camarinas.eu, tal e como ven sendo triste tradición a única nota de prensa convocándonos para o arranque da pegada dos carteis electorais foi a da Agrupación Socialista de Camariñas e como a web líder da Costa Atlántica sempre está alí onde a convocan, fomos compartir cos concelleiros, simpatizantes e afiliados do partido gobernante durante os derradeiros 28 anos no noso concello os primeiros intres dunha campaña electoral. Para moitos deles (tal vez non para Maitiña nin para María Belén, primeirizas nestas lides) supoñía unha máis nunha amplia bagaxe de contendas electorais, a meirande parte delas gañadas por amplias goleadas, sen embargo para nos, debutantes redactores de camarinas.eu, supoñía a cobertura xornalística da nosa primeira campaña electoral local. Aquí está o resultado.
Comentarios
gracias por contestar e especifica ben cando fales.
http://www.camarinas.eu/rede-social/1381-rula/profile.html
Pois eso Rula, a seguir escribindo coma sempre. Esta é a túa casa desde setembro de 2008 (E seguirao sendo por moito, moito tempo)
Saludos!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.