1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este domingo 17 de abril de 2011, as 17:30 horas, na Casa de Pedra, tivo lugar a presentación da candidatura do PSdeG-PSOE que concurrirá ás eleccións municipais do 22 maio no Concello de Camariñas e camarinas.eu estivo alí. A diferencia co acontecido noutras presentacións pretéritas ven constituido polo feito de que camarinas.eu sí foi convocada expresamente pola secretaría xeral socialista para este acto.  Hai xusto dous anos presentábamos onde correspondía un escrito no que se solicitaba que todo acto, evento ou suceso que afectara a unha determinada opción política fose comunicado á nosa redacción para poder cubrilo. O desprecio e o apagón informativo foron a resposta: a día de hoxe non recibimos nin unha soa nota de prensa. Para xustificar a súa existencia outros optaron por pretender conservar o monopolio informativo respecto aos seus intereses. Alá eles. Os principais perxudicados: os nosos numerosos lectores desa mesma tendencia política que se ven privados, pola incomprensible estratexia de comunicación seguida cara a principal web do Concello de Camariñas, de ver reflexadas as noticias referentes á súa opción política co selo de calidade típico de camarinas.eu: con textos amenos e divertidos, respetuosos e imparciais, e con grandes reportaxes gráficas de calidade que levaron a que para os grandes medios de comunicación galegos camarinas.eu sexa o principal referente informativo da Costa da Morte, sinónimo da máxima credibilidade e solvencia xornalística. Unha pena que se vexan reducidos a ter que seguir andanzas da súa lexítima opción política cas lamentables noticias que se ven por ahí.

Nota de prensa entregada por camarinas.eu en maio do 2009Acertadamente para os seus simpatizantes, esta nunca foi a estratexia seguida dende o PSOE camariñán: respetando a independencia e imparcialidade clásicas da web líder da Costa Atlántica sempre se nos convocou aos seus actos e, en resposta, sempre que foi posible douse unha cobertura adecuada aos mesmos. Un deles, dunha importancia vital no pulso de poder que xa está entablado en Camariñas e que terá unha resolución definitiva o domingo 22 de maio, foi a presentación da candidatura socialista ás eleccións municipais do 2011 e que segundo os seus organizadores foi quen de atraer cara a Casa de Pedra na veraniega tarde do domingo 17 de abril a preto de 400 persoas. Destacan fontes socialistas que para elo non foron necesarios visitantes foráneos, sendo neste sentido os dous únicos chegados alén do noso concello o candidato socialista ao concello de Carnota e a principal estrela política do evento: o ex-Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño.

Previo paso polo Café Bar Arnela, Pérez Touriño chegaba da man do candidato socialista á alcaldía á Casa de Pedra e facía frente ás numerosas mostras de cariño e respeto dos simpatizantes socialistas accedendo amable a sacarse numerosas fotos cos mesmos. Despois entraba ao recinto e unha salva de aplausos recibía ao que foi lembrado pola Secretaria de Organización socialista Encarna Liñeiro como "o mellor presidente da historia da Xunta de Galicia". Un a un foron subindo os candidatos que integran a lista do PSOE camariñán á tarima como paso previo a uns discursos nos que Pérez Touriño salientou a "xuventude e preparación" dos 13 nomes que loitarán ata o seu derradeiro alento pola que sería a oitava victoria consecutiva dos socialistas nunhas eleccións municipais. Sempre disposta a colaborar na medida das súas posibilidades ca opción política á que prácticamente xa dende o berce xurou eterna fidelidade, a nosa redactora Lucía sube ao estrado e leva o imprescindible botellín de auga co que tomar folgos ao home que durante catro anos asumío a pesada responsabilidade de rexer os destinos de Galicia.

Chégalle o turno a un emocionado Pichurri: as sillas do local quedáronse pequenas e houbo que ir buscar outras incluso a establecementos hosteleiros cercanos. No seu discurso acapara gran cantidade de tempo o impresionante éxito acadado polo balonmán camariñán en Bueu na tarde previa, o maior da súa historia. Di que se sinte orgulloso dos membros da candidatura e que é a mellor posible. Alude ao futuro Tanatorio Municipal "que se vai facer, mellor dito xa se está facendo, hai un proxecto e xa se fixeron os estudos xeotécnicos do terreo".

Rematou a presentación de candidaturas. En dúas semanas comenzará a campaña electoral: a cobertura da mesma polo líder mediático da Costa da Morte será a que así quixeron durante estes catro anos as respectivas secretarías xerais. Con todo, algúns poden estar tranquilos, aquí en camarinas.eu, seguindo o noso libro clásico de estilo non se publicarán noticias con insultos nin descalificacións cara a persoas, asociacións políticas nin institucións, nin haberá críticas a propostas concretas nin se recordarán situacións ou traxectorias persoais e profesionais. Moito menos se permitirán comentarios inxuriosos e ofensivos xa non de lectores escondidos tras o anonimato senón incluso dos nosos usuarios, como tan lamentable e habitualmente se permitío ao longo de todos estes anos noutros lares cibernéticos. Os administradores de camarinas.eu seguirán a dar exemplo de responsabilidade cívica e veciñal e non permitirán o envenenamento da pacífica convivencia ciudadana de Camariñas. Non haberá unha mala palabra pero (para o que así o quixo) tampouco haberá unha boa acción. Xusto como Emilio Butragueño.