1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Pichurri tivo que ser axudado para introducir os tomos do PXOM de Camariñas no seu coche

Un 14 de abril de 1931 foi proclamada a II República en Camariñas e, tal día 80 anos despois, un 14 de abril de 2011 será entregada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a documentación completa do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Camariñas aprobado provisional e tumultuosamente polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 12 de febreiro de 2011. Dúas datas de gran peso histórico e de importancia clave para un apartado recuncho atlántico. Sorteado hábilmente o perigo letal que supoñía o Plan de Ordenación do Litoral (POL), agora todo queda en mans da Xunta de Galicia que será a competente para dar o visto bo a un documento do que depende o desenrolo durante as vindeiras décadas do Concello de Camariñas. Unha vez recibido, como é preceptivo, o informe favorable de Costas do Estado, o PXOM iniciou a súa viaxe definitiva.

Entregar un PXOM na Consellería, concretamente na Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, non é cousa que se faga tódolos días (en realidade é a primeira vez na historia do Concello), por elo eran xusto ás 8:00 da mañán deste soleado xoves 14 de abril cando o Alcalde Pichurri facía acto de presencia na Casa Consistorial. Empezaban a caer feblemente uns primeiros raios solares que acalaban o relente nocturno cando, incluso anticipándose a algúns dos empregados municipais, Pichurri subías escaleiras da casa do concello e acto seguido comenzaba a baixar cara o seu coche as caixas cargadas ca documentación da que depende o futuro de máis de 6.200 almas. Axudábanlle na tarefa empregados municipais, dous dos cales, a Secretaria e a Arquitecta, o acompañarían nunha das viaxes máis importantes das súas vidas. Imposible evitar lembrar o longo proceso iniciado alá polo 2007, case recén desembarcado na alcaldía, co seu vía crucis de disputas veciñais, enrevesados procedementos legais, trifulcas políticas, ataques en ocasións inxustos, persoais, pérdida de amigos de toda a vida... un duro e tortuoso camiño percorrido cáseque en solitario, que este histórico xoves 14 de abril, sumaba un novo e importante, esperemos que crucial, paso adiante.

Un mandato de goberno vinculado á aprobación dos 19 tomos de documentación que hoxe fan a súa viaxe denitiva. Así foi o expreso desexo de Pichurri antes e despois dunha elección na que recibío un grado de respaldo poucas veces antes visto. Gran parte do mesmo foise cun documento, o PXOM, de cuia tramitación (exitosa ou non) poucos alcaldes saen vivos. Pichurri sempre soubo que sería así. Agora todo queda nas mans de Deus. En realidade, nas da Xunta de Galicia.

{phocagallery view=category|categoryid=610|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.