2.3809523809524 1 1 1 1 1 Rating 2.38 (21 Votes)
O Goberno da Xunta de Galicia, con todos os seus Conselleiros e encabezado polo seu Presidente, desprazarase o próximo xoves 15 de novembro a Muxía para celebrar o seu consello semanal, con motivo de recorda-lo  5º aniversario do naufraxio do Prestige e, en palabras do Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, constituir "un xesto de compromiso de futuro coa Costa da Morte."

Camarinas.eu móstrase especialmente ilusionada ca visita do goberno autonómico á Costa da Morte, e en especial o concello veciño e irmán de Muxía, se ben agarda esperanzada que no futuro tal feliz iniciativa aconteza no noso Concello de Camariñas, igual de maltratado, como mínimo, pola catástrofe do Prestige que o Concello muxián.

Así, o próximo xoves dous bos amigos de camarinas.eu, o Presidente Touriño e o alcalde muxián Félix Porto, terán a ocasión de estar xuntos e departir amigablemente sobre os principais problemas da Costa da Morte. A ver si o noso amigo Félix ten un recordo para Camariñas.

Comentarios   

Mikel
+1 # RE: Con motivo do quinto aniversario da catastrofe do PrestigeMikel 09/11/2007 10:36
Vexo ben que fagan ese consello en Muxia,,por qué non?,,,pero que non sexa por demostrar que foron eles os mais afectados da catástrofe,,,po is sufrimos igual desde Corme ata Carnota,,,,,,,, ,,,,
As cortinas de fume que naquel entonces vendia a Voz de Galicia non eran moi certas,,,pois teñen dito que os barcos de Muxia collian flotando no mar 150 toneladas de chapapote e os barcos de Camariñas 100,,e resulta que os barcos de Muxia nunca sairon a por chapapote,,,sol o un,,o barco de Felipe,,e este barco non pode cargar tantas toneladas pois é pequeno,,,,pero weno,,,esperemo s que se vaia vender fume solo,,,como durante a catástrofe,,,un saúdo e Benvido señor Touriño,,,
Responder | Denunciar ante o administrador