1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Tarde bochornosa en Camariñas a deste pasado venres 25 de marzo e non só por cuestións estrictamente metereolóxicas. E eso que a cousa empezou ben: uns rapaces do Instituto Pedra da Aguia leron uns escritos en favor da defensa do medio ambiente, da igualdade entre xéneros, da inmigración, que os políticos se baixen os seus soldos e gasten os cartos con xeito, a que non haia guerras e, bueno, todas esas cousas. Ahí acabou o sentido común e sen dúbidas presentindo o que se viña enriba, os chavales, unha vez rematados os seus discursos, marcharon escopeteados como balas. Logo aprobouse por unanimidade unha modificación da ordenanza fiscal de deportes e cultura que non pareceu importar moito a nadie, houbo dúas mocións socialistas a favor da Muller Traballadora e da instalación da ITV en Zas e o enésimo rogo solicitando a construcción dunhas barandillas na Rúa do Castillo que o PP de Camariñas acometerá sin falta unha vez celebradas as eleccións municipais.

Finalmente chegaron as preguntas, o prato forte que motivou que ademáis dos incondicionais para os cales perderse un só pleno equivaldría a un sacrilexio, numerosos veciños da vila se congregasen nun ateigado e sofocante Salón de Plenos. Primeiro, preguntouse polos destinos dun PXOM que pasou de parecer traer o apocalipsis a Camariñas a pasar á segunda división dos jaleos municipales. Despois inquiríose pola obra da reforma da Praza do Mercado e tras falarse sucesivamente de pedras misteriosamente desaparecidas, cruceiros remotos, arqueólogos, búsquedas afanosas, etc..., como un non está acostumado a estas historias, todo acabou por confundirse na limitada mente de camarinas.eu e así por momentos parecíanos estar visionando Indiana Jones en busca del Cruceiro Perdido.

E por último, o Tanatorio, e ahí fui arder Troia e os ánimos exaltarse ata niveis volcánicos e a lava acumulada durante toda esta semana derramarse en cantidades inxentes polo Salón de Plenos municipal e os seus exteriores con altercados entre políticos entre si, políticos contra veciños, veciños contra políticos e veciños entre si. A estratexia provocada de tensionar ao máximo a convivencia ciudadana de Camariñas pode traer consecuencias graves e catastróficas de seguirse por este rumbo: ata o 22 de maio quedan xusto dous meses, demasiado tempo. Aquí, como a camarinas.eu xa mandaron un enviado ca misión expresa de hincharnos os morros e bueno, non é que os nosos morros valan para muito, pero son nosos e, claro, un tenlles aprecio,  e quen sabe si aínda teñen que dicir unha última palabra en cuestións amatorias, e como ademáis nós nas eleccións municipais non nos xogamos absolutamente nada e o tanatorio (municipal, non municipal, nas Malvinas, no Muiño do Vento, ao lado das futuras barandillas do Castillo, etc...) impórtanos un pimento, aquí deixamos a historia. Por hoxe.

 

Engadir un comentario