- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 12 Marzo 2011 12 Marzo 2011
[sigplus] Critical error: Image gallery folder phocagallery/camarinas/politica/2011Terreos-Tanatorio-Camarinas is expected to be a path relative to the image base folder specified in the back-end.
A construcción do futuro Tanatorio Municipal de Camariñas segue dando pasos firmes para ser unha realidade. Si o primer paso foi a concesión por parte da Deputación da Coruña dunha subvención de ata 400.000 euros ao Concello de Camariñas para a execución dunha das demandas máis masivas por parte dos veciños das distintas partes do concello, agora ven de ser a Fundación Fernández Espín a que nun acto de exemplar patriotismo camariñán donou gratuitamente ao concello os terreos necesarios sobre os que se construirá o futuro tanatorio de Camariñas, o cal en virtude da donación efectuada levará o nome de Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín. Os terreos adquiridos polo Concello a título de donación atópanse en pleno Barrio do Muiño do Vento, concretamente na Travesía Muiño do Vento.
Non acaban aquí os actos de colaboración para facer posible o soño de contar en Camariñas cun tanatorio propio e así dous veciños da vila nun acto que os honra, Juan González Canosa (Juan do Andaluz) e Juan José Rego González, doaron os terros adxacentes a aqueles sobre os que se construirá o futuro tanatorio, imprescindibles ao parecer para a execución dun proxecto que ronda un orzamento total de cerca de medio millón de euros, acto que foi obxecto dun emocionado agradecemento por parte do Alcalde Pichurri. Desta forma, paso a paso, cada día parece estar máis preto o fin do sinsentido de ter que velar aos nosos mortos lonxe da súa terra nai. Pouco a pouco parece estar máis preto o soño tan longamente anhelado de todo camariñán de pasar os seus últimos intres, antes de xacer na eternidade do camposanto, na Camariñas da súa alma.
{gallery}/phocagallery/camarinas/politica/2011Terreos-Tanatorio-Camarinas{/gallery}
Comentarios
AHH,E NO NOMBRE DOS CAMARIÑANS DARLLE AS GRAZAS A JUAN JOSE REGO,E A JUAN DO ANDALUZ POLAS SUAS DONACIONS,E OS XESTORES DA FUNDACION ESPIN POR ESTO QUE ACABAN DE FACER.
a. pouso.
Esta polémica paréceme que non ten sentido algún e, bueno, espero que nadie se ofenda, pero da a impresión de que en vez de xente adulta estase a tratar con rapaces pequenos...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.