1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Portos de Galicia contestou ao cuestionario remitido polo líder xornalístico da Costa da MorteHoubo que irse ata Santiago para atopar a un membro do PP que se lle puxese ao aparato a camarinas.eu, e este non fui outro que algún dos responsables de Portos de Galicia, o ente presidido por Álvarez-Campana, que non Campaña (lamentablemente). Ah, querido accionariado, outro galo nos cantaría se algún Campaña se atopase ao frente de semellante xigante administrativo: íamos a ter fases de Paseos Marítimos ata reventar. ¿Non queres caldo? Pois toma dúas fases máis. Pero tristemente non é así e hai que contentarse co que hai. Por elo pasamos a reproducir fielmente o cuestionario remitido vía email por camarinas.eu ao ente autonómico e contestado con sorprendente celeridade polos mesmos. Á luz das respostas, uns atoparán razóns para sentirse tranquilos e outros si que as atoparán para comenzar a preocuparse seriamente. En todo caso nos entendíamos que a ampliación do peirao e o acondicionamento do borde portuario ían comenzar a finais de 2010, cunha inversión nesta última de ata 200.000 euros, pero debimos entender mal. En fin, que cada un saque as súas propias conclusións tras ler o cuestionario remitido a Portos de Galicia por camarinas.eu, último mohicano do xornalismo independente.

 

¿En que estado se atopan actualmente as distintas fases do proxecto "Porto de Camariñas Século XXI"?
A tramitación do Programa de Inversións do Porto de Camariñas atópase dentro dos prazos previstos na súa presentación, en abril de 2010. Así, actualmente está en fase de licitación a ampliación do peirao (a actuación que se definiu como primeira no cronograma de aplicación do programa) e pendente de firmarse o convenio da segunda actuación, o acondicionamento do bordo portuario. Ambas obras teñen estimado o prazo de remate para o terceiro trimestre de 2012.

¿Cal é a dotación orzamentaria que existe no presuposto da Xunta para o 2011 para este proxecto?
No orzamento actual consignanse 600.000 euros para a anualidade actual da obra de ampliación do peirao. Estas asignacións son públicas e poden ser consultadas no anexo de inversións dos orzamentos 2011.

¿Cando está previsto que comecen as obras da 1ª fase?
Nas próximas semanas.

¿Que seguridade pode haber para o pobo de Camariñas de que o proxecto elaborado polo actual Presidente de Porto vai a executarse en toda a súa integridade?
O proxecto cumpre con todos os avais técnicos e xurídicos na súa integridade e prantéxase, obviamente, para a súa execución integral. Ata o momento vense cumprindo e non cabe esperar da Administración pública unha volta atrás neste proxecto polo que Portos de Galicia aposta decididamente.

¿Cal é a razón do retraso nos cumprimentos dos prazos presentados en abril do 2010 na Confraría de Camariñas?
Non existe tal retraso. O cronograma exposto na presentación do proxecto xa databa o remate das primeiras obras no terceiro trimestre de 2012, e como é obvio, esta previsión non se incumpliu.

¿Que ten que dicir Portos de Galicia ante os rumores insistentes que corren pola vila de que o proxecto non se levará a cabo?
Os rumores desmíntense con feitos e nos próximos días os veciños de Camariñas terán a oportunidade de comprobar o compromiso de Portos de Galicia coa localidade.

 


Comentarios   

kinos
0 # RE: Álvarez-Campana contestakinos 25/02/2011 14:29
veremos ai e verda que nas proximas semanas empezan cas obras e que non cheguemos a final do 2012 e todo por facer.
Responder | Denunciar ante o administrador