1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Pichurri repetirá como candidato dos socialistas á alcaldía de Camariñas

Este venres 14 de xaneiro de 2011 cara ás 21:00 horas na sede do que foi o histórico Bar London, agora reconvertido a sede de partido político, os afiliados do PSOE no Concello de Camariñas eran convocados a elexir a opción socialista que deberá presentarse ás eleccións municipais do 22 de maio. Como era de preveer, a reunión transcurrío sen sorpresas e os alí congregados votaron unánimemente á única candidatura presentada que non era outra que a de Pichurri, actual alcalde camariñán.

Ábrese agora un breve lapso de tempo para a designación dos trece nomes que integrárán a lista municipal socialista, labor que recaerá nunha comisión composta polo propio Pichurri, Encarna Liñeiro, Secretaria de organización en Camariñas e de un representante por cada unha das catro parroquias do Concello, lista que será de novo sometida a votación o venres 28 do mes corrente. Non se esperan grandes cambios nos nomes que integrarán a candidatura dos socialistas camariñáns. Unha vez elexido candidato polos seus compañeiros, Pichurri dou un pequeno discurso no que pasou revista ao realizado polos socialistas camariñáns nestes derradeiros catro anos de mandato municipal e realizou un breve esbozo de cales serán os principais desafíos a acometer no futuro, entre eles o dunha cita electoral que se presume dura e competida. A esa mesma hora outro camariñán, Marcial Mouzo, presentaba a súa opción á alcaldía de Vimianzo, posto polo que deberá loitar co presunto delfín de Alejandro Rodríguez, José Antonio Miñones. As espadas están en todo o alto e o desenlace desta contenda pre-electoral terá lugar en todo caso antes do citado venres 28 de xaneiro.

{phocagallery view=category|categoryid=484|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios   

piñolo
+1 # pppiñolo 21/01/2011 22:56
teño ke desir:ke o pp,nunca deveria entrar en camariñas. porke nunka fixo nada,e, sin entrar,en polemicas,,na ria de camariñas,parec e ser ke o chapapote,solo fui a parar a muxia,,eso, xa pasou,,pero o pp, sije ahi...o dia ke morra,fraga:ke o enterren na varca,,ke fui donde mais comio,,e tamen donde mais dou de comer...e:ke os ke pensen ke este governo non vay ben,,,ke miren de donde ven,,,...pichur ri,,animo e adiante,,un abrazo,,
Denunciar ante o administrador
jesus 2
0 # 50x100jesus 2 26/01/2011 11:01
eu eston o 50x100 losiento pero e asi si non ai mais candidaturas que psoe pp non voto lo siento eston un pouco cabreado con este alcalde porque prometio cousas que non cunplio e o que me jode mais e que vai entrar o señoe daniel pola cabesuderia do señor alcalde de prometer e non faser eso e o que mais me jode ten camariñas abandonada de todo e o 60x100 en paro incluindome eu que levo mais de 1 ano e asi non pode ser si tendes aljo que desirme estarei encantado de resporderbos tendes o meu emeil posto chao
Denunciar ante o administrador
jesus 2
0 # 50x100jesus 2 26/01/2011 12:32
eu eston a un 50x100 prometeu moitas cousas que non cunplio eu levo ano e aljo en paro e nonvexo axuda por ningun lado si solo se presentan o psoe eo pp non voto losiento pero eston mui dececionado co alcalde e polas suas cabezonadas vai entrar o señor rego outro que tan baila eu non quero que entre pero polas cabezadas do señor alcalde vai entrar por que o concello muita xente pasalle como amin nonvamos ir votar e os do pp son de ideas fijas e van votar eso e o medo que teño pero por un lada estalle ven a os socialistas ahora non hai tenpo e aver si seaniman a facer mais partidos e presentarense
Denunciar ante o administrador
Evaristo
0 # RE: 50x100Evaristo 15/02/2011 00:09
VERDADEIRAMENTE TES RAZON QUE SERIA CONVENIENTE QUE UNISEMOS FORZAS E CREASEMOS UNHA CANDIDATURA DE ATAQUE,POIS DADOS OS ACONTECEMENTOS ACTUALES TANTO A NIVEL NACIONAL COMO A NIVEL LOCAL,SERIA PRECISO CREAR UN "INDEPENDENTES POR CAMARIÑAS" ,ONDE REALMENTE LOITASEMOS DE XEITO LIBRE E SEN INTERESES PARTIDISTAS DE CARA UN DESENROLO DO NOSO CONCELLO,ONDE REALMENTE TOPASEMOS COAS VERDADEIRAS SINAIS DE IDENTIDADE QUE NOS MERECEMOS,ONDE TERRA,MAR E IARE SEXA XESTIONADO POLO POBO E DENDE O POBO,SEMPRE MIRANDO POLOS INTERESES XERAIS DA NOSA COMUNIDADE,CONS IDERO QUE XA ESTAMOS FARTOS DE CALAR,CALAR E CALAR,FAGAMOS VALER OS NOSOS COÑECEMENTOS E EXPERIENCIA EN PROL DO FUTURO QUE REALMENTE MERECEMOSE DEIXEMONOS DE TANTO BLA,BLA,BLA,E MOVILIZEMONOS,E STOU CONVENCIDO QUE O CONSEGUIREMOS POIS O CONTRARIO QUE NOS QUEDA E VOLTAR OS ANOS 70,NON OLVIDEMOS QUE CONESTA XENTE NON TARDAREMOS EN ALMORZAR AUGA FERVIDA CON ASUCRE,POIS O LEITE CON SORTE CHEGARA A DURAS PENAS POS NOSOS CATIVOS.ANIMEMO NOS A ATOPAR O CAMIÑO QUE MERECEMOS,POIS XA VEDES COMO TOMAN A POLITICA ALGUNS,COMO SI DE FICHAJES DE FUTBOL SE TRATASE E LAMENTABLE.ANIM O POBO QUE TAMOS ASTA GORRA.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.