5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (10 Votes)

Aquí está a causa da última polémica política no Concello

Pois si, gracias a Deus xa apareceron as copias do Guernica. Dende hai uns días todo aquel que se acerque polo Salón de Plenos do Concello de Camariñas pode deleitarse ca contemplación destas dúas obras mestras invaluables e únicas no seu xénero, posiblemente máis valiosas co propio orixinal pintado no seu día polo mesmísimo Pablo Picasso por encargo do Goberno da II República. Mediante nota de prensa remitida en data 1 de decembro pola Tenente de Alcalde Sandra Insua Rial soubemos dunha posible nova trifulca política a conta duns cuadros vinculados ao movemento contra a Guerra de Irak, pintados en marzo de 2003 e misteriosamente en paradero descoñecido  durante todos estes anos (auténtico Expediente X cultural). Por elo, para tranquilidade xeral da poboación, publicamos a noticia da aparición dos mesmos: trátase de dúas copias do Guernica, feitas sobre tablóns de aglomerado e sin firma, dato este último de non pouca importancia. Pero cuadros ao fin e ao cabo cunha orixe política: vinculada a un movemento en principio espontáneo pero despois encauzado e debidamente aproveitado políticamente, agora sete anos despois volven a saltar á area da controversia pública.

Dentro do novo destino a dar ás citadas reproduccións proponse o das escolas do Concello, pois ben aquí dende camarinas.eu parécenos correcta a elección, eso si, sempre e cando sexa para adornar as paredes da Sala de Profesores, esos habitáculos secretos a onde antes corrían despavoridos os profesores nos seus descansos a fumar os seus correspondentes pitillos, agora cas novas leies esperamos que tan só a degustar os seus ineludibles cafeses, xa que o carácter bélico dos cuadros, en certo sentido angustioso e inquedante tras unha pequena contemplación, non parece que sexa o máis adecuado para uns cativos que xa non é que vaian de moi bo grado ao colexio, para encima encontrarse con semellantes retratos horripilantes (os horrores da guerra) ás portas mesmas do patio. Mellor unhas reproduccións dunha casiña cun campo verde, un ceo azul e un sol dourado arriba, algo positivo, vamos, decimos nos.

O lúgubre e horripilante Salón de Plenos do Concello convertido en Galería de Arte Contemporáneo

 


 

 

Comentarios   

Lóstrego
0 # Non don créditoLóstrego 08/12/2010 13:21
Se mo contan non o creo. Non terá a oposición política outras historias sobre as que montar bulla? Cada día estou mais convencido de que o PP de Camariñas carece de direción, de proxecto e intelixencia política. Eu estuben naquelas vixilias e don fe de que estas pinturas e outras iniciativas similares das que participamos fixéronse de maneira espontánea e sen pretensións e que ahora algún/ha indoucumentado/ a pretenda convertir esto nunha guerra política dende o colexio non fai mais que causarme noxo.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.