Pichurri cos planos afectados polo POL ao fondo

Levantarase entre as xentes do Concello de Camariñas unha inquedante polvareda e unha tensa expectación ante as noticias que sobre o así chamado POL (Plan de Ordenación do Litoral de Galicia) foron filtrándose ao longo destas dúas derradeiras semanas. Que si o solo urbano e urbanizable reducíase a expresións mínimas, que si a declaración de determinadas zonas como paisaxísticas fulminaba Arou con todos os seus inadecuados regatos, que si a Agra de Abaixo, Buría e as Carballas en Camariñas quedaban prácticamente aniquiladas... Dende o Concello organizáronse unha serie de charlas ca ciudadanía para tratar e explicar a situación e facilitar aos veciños a presentación de alegacións contra os plans ordenatorios da Xunta de Galicia. E nestas, na charla celebrada este sábado 25 na Casa de Pedra de Camariñas, tiveron lugar uns sucesos certamente lamentables...

Aquí en camarinas.eu aínda non nos explicamos os feitos protagonizados por un gran amigo desta redacción, persoa de natural afable e tranquila, como Ruperto Mosquera, ex-concelleiro e ex-membro do Partido Popular de Camariñas. Estaba a Casa de Pedra abarrotada dun público ansioso por coñecer como afectaba o POL da Xunta de Galicia aos seus terreos, as súas parceliñas. Os que non puideran atopar unha silla esparramábanse polo fondo e laterais do edificio e escoitábase seria a introducción que facía Pichurri micrófono en man, con diversos planos de Camariñas ao fondo e asistido pola Arquitecta Municipal Asunción Méndez Vilalta. A quen pedía a palabra, concedíaselle e dende o seu sitio, plantexaba as súas preguntas. Entón, foi cando unha vez pedida e concedida a palabra, Ruperto Mosquera ante a sorpresa xeral dos alí congregados avanzou con mui malos modos cara o alcalde Pichurri e pugnou por arrebatar o micrófono das súas mans, mentras supostamente lle decía segundo testigos presenciais: "ti non eres alcalde, ti non eres nada", palabras que incidirían no feito de que mentras nas charlas mantidas cos veciños nas restantes parroquias do concello Pichurri asistío en condición de veciño, na que tiña lugar na Casa de Pedra oficiaría como alcalde. Ante estos sorpresivos feitos, un pequeno murmullo de indignación fuise levantado pouco a pouco entre os congregados na Casa de Pedra para acabar nun xeral abucheo que fui claramente audible no exterior do edificio, tanto no veciño Supermercado Aliprox, como no interior das Casas Baratas.

Afortunadamente, o espectáculo non pasou a maiores e unha vez xa fóra os protagonistas a charla cos veciños proseguío normalmente. Non se debe dar maior importancia a estes feitos protagonizados seguramente polo acaloramento do momento. Polo demáis, a presentación de alegacións polos veciños, segundo puido saber esta redacción marchaba a bo ritmo e así tan só en Arou o primer día 50 veciños xa presentaron a súa mentras que muitas máis se espera que sexan presentadas no resto das parroquias, en especial nunha de Camariñas que segundo Pichurri retrocedería urbanísticamente 30 anos e quedaría absolutamente devastada para o seu desenrrolo urbanístico futuro, sendo o día límite para presentalas o xoves 30 de setembro.

En fin, queridos usuarios, aquí en camarinas.eu non somos técnicos, nin arquitectos, nin siquera aparexadores, a tanto non chegou a nosa limitada educación. Por elo optamos tan só por transmitirvos o que hai, sin tomar partido por ninguén e dado o limitado dos nosos coñecementos urbanísticos, sin saber quen ten a razón, incluso si alguén está en posesión da mesma, dado o carácter tan dispar dos extremos en oposición. Pero de ser mínimamente certo o que se dixo na Casa de Pedra, habería razóns para inquedarse seriamente, por elo non estaría de máis informarse en condicións. Si xa co PXOM aquí xa non había muita chance para construir, co POL (vaia nomes, querido accionariado: pxoms, pols...) estaríamos ante a tumba definitiva da construcción camariñana, adeus a aquel solar no que se pensaba un día levantar unha casiña... Ante semellantes persecucións administrativas tan só quedaría comprar unha roulotte, unha casa rodante desas ás que as autoridades este verán tan alegre e permisivamente deixaron acampar por manadas no Muelle do Curbeiro, e irse a vivir ás inmediacións de calqueira dos portos, dos areais do concello. Un poboado zíngaro acampado a carón do lume nos prados de Reira. Un pobo nómada nas llanuras do Muelle Novo.

{phocagallery view=category|categoryid=45|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

Pion
-1 # RE: Xuntanza sobre o POL en CamariñasPion 27/09/2010 08:31
hola buenos dias a todos,diego ou quen fose que escribira esta notisia,querovo s dar un tironsiño de orellas,a xente que estamos fora non nos interesa nada o que lle dijan o alcalde,solo nos interesa o que dixo o alcalde en esa reunion que na notisia non desides nada do que dixo e os que estamos fora por desgrasias, gustarianos saber o que dixo,a e como carallo se vota nas encuestas? que non sonm capas de votar nas encuestas
Responder | Denunciar ante o administrador