Pois antes que o mesmísimo Conselleiro de Medio Ambiente, camarinas.eu xa estivera presente na que foi a entrada en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais da Ponte do Porto e incluso xa visitara as obras da EDAR de Camelle-Arou. Eso si, como  Dios nos touxo ao mundo: sin casco nin peto reflectante e con serio risco da nosa integridade física a través dunhas obras onde a morte podía esperar agazapada tras un letal panel informativo. E obviamente sin a presenza dun enxeñeiro-xefe que guiara os nosos pasos, balbuceantes e inseguros.

Antigamente os petos (de cota de malla) e os cascos (de ferro) estaban reservados a aqueles exércitos medievais que por un quítame alá esas terras chegaban a batirse febrilmente entre eles en guerras que podían durar tranquilamente ata 100 anos si era o caso. Hoxe en día, como todos somos bastante máis civilizados ou alomenos así se da por sentado na teoría, as susodichas prendas quedan reservadas ás visitas que os políticos fan a algunha obra pública maiormente en época pre-electoral. E así, no medio destas reflexións xeopolíticas estábamos cando o 24 de agosto de 2010 Agustín Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia visitou ás Estacións Depuradoras da Ponte do Porto e Camelle. Á cohorte de visitantes traída a estas humildes terras atlánticas polo Conselleiro, na que se incluía ao Delegado Territorial da Xunta para a Provincia da Coruña Diego Calvo e o inevitable equipo da TVG, sumóuselle a de políticos locais e ahí foron todos xuntos a visitar as obras en cuestión.

Primeiro a inaugurar agora si oficialmente a EDAR porteña. Datos: un orzamento de 6,4 millóns de euros que inclúe a xestión da mesma durante un período de 20 anos (á semellanza da EDAR de Camariñas) a cargo da empresa adxudicataria Espina y Delfín, unha capacidade de 300 metros cúbicos, un servizo que se prestará a preto de 5.000 veciños, línea propia de augas e tratamento de lodos, unha rede de colectores de 1.875 metros e dous bombeos en Rendeiro e Cuncheiro.

Despois e nun ambiente que máis invitaba a tostarse prácidamente ao sol que a visitar unha obra e a escuitar as prolixas explicacións do enxeñeiro-xefe, tocaba achegarse pola EDAR de Camelle. Datos: un orzamento de 1,8 millóns de euros, capacidade para un caudal medio de 37,92 metros cúbicos por hora, servizo para unha población de 3.700 habitantes e entrada en funcionamento prevista en principio para o outono.

Finalmente e cando dun acto destas características se está a falar, quedaban os postres. Constitúe unha práctica habitual que cando os representantes dunha administración pequena e sinxela reciben a visita dun alto xerilfalte o libro de estilo dispón que haia que ser agradables, simpáticos, atentos e si o require o caso, que haia que contar algún chiste para ver si o xerifalte en cuestión unha vez volto ás súas alturas inalcanzables e sentado no seu trono dourado ten a ben acordarse daquel humilde pecador e asinar ca súa santa firma algún agasallo en forma de pequena obriña ou de cremosa subvención. Alomenos así sucede en España e restantes países de medio pelo, non sabemos como será en nacións máis serias e robustas ou que polo menos dende aquí así as percibimos como USA, Alemania, Noruega, Suecia ou Dinamarca, por expoñer uns poucos casos. Non estaría mal comprobalo in personam mediante unha delegación enviada ao efecto. Por exemplo propoñémonos a nos mesmos: imbuidos do espíritu patriótico que nos caracteriza estamos a disposición das autoridades competentes para o que mellor teñan a dispoñer no seu xusto e sabio entender.

En virtude do anteriormente mencionado, que o saneamento integral no ano do Noso Señor do 2010 de toda unha parroquia como é o caso de Xaviña, sexa algo que se lle teña que pedir de favor ao preboste de turno para ver si algún día se acorda, e nón unha obriga de todo punto necesaria e ineludible nun país onde as grandes administracións malgastan a diario fondos públicos de todo tipo en cantidades inxentes é indicativo do estado das cousas. Así nos vai. E parece que así nos vai seguir indo.

Engadir un comentario