As fotos exclusivas da visita da Vicepresidenta do Goberno a Camariñas.

A Vicepresidenta do Goberno subindo as escaleiras que conducen á cúpula do Faro
A Vicepresidenta do Goberno subindo as escaleiras que conducen á cúpula do Faro

Camarinas.eu ten o privilexio de ofrecer aos nosos usuarios rexistrados as únicas fotos existentes da visita que a Vicepresidenta 1ª do Goberno de España Mª Teresa Fernández de la Vega (tamén coñecida como De la Vogue), fixo a Camariñas en decembro de 2006 e que foron tomadas en exclusiva polo avispado fotógrafo de camarinas.eu, Diego Alonso Freire.

Trátase da visita que, fora de protocolo, fixo Fernández de la Vega ao faro Vilán acompañada de distintos persoeiros políticos como o Delegado do Goberno en Galicia, o Secretario de Estado para as Relacións coas Cortes, o Conselleiro de Administracións Públicas e a Deputada Autonómica Marisol Soneira Tajes, amén dos Concelleiros socialistas do Concello de Camariñas Sandra Ínsua Rial e o xa retirado da vida pública Antonio Jesús Alonso Ballester.

Engadir un comentario